RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN NO CENTRO. ADMISIÓN 20-21

 

Comunicamos que está publicada a listaxe de alumnado admitido para o curso 2020/2021 no taboleiro de anuncios interior do centro.

Recordamos ás persoas interesadas que poden acceder ao estado do seu expediente, única e exclusivamente, a través da aplicación admisionalumnado coa Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

 

Informamos que todas as solicitudes en prazo obtiveron praza no centro.

 

As presentadas fóra de prazo están pendentes de resolución.

 

O prazo para formalizar a matrícula no centro é do 1 ao 10 de xullo.

 

MATRÍCULA PARA A E.S.O. 20-21

Informamos ao alumnado de 6º de Educación Primaria de que o periodo de matrícula para 1º da ESO será do 25 de Xuño ao 10 de Xullo (ambos incluídos)

Máis información no seguinte enlace:

http://universidadelaboral.com/index.php?option=com_content&view=article&id=208:calendariomatricula&catid=80&Itemid=435

 

Un saúdo

 

CALENDARIO PARA DEVOLUCIÓN DO MATERIAL DO ALUMNADO

 

Para a devolución do material deberanse ter en conta as seguintes instrucións:

- Os libros serán entregados no edificio administrativo e metidos en caixas para a súa posta en cuarentena.

- Na súa entrega comprobarase a devolución íntegra do préstamo de libros e firmarase un impreso no que constará dita devolución.

- Só haberá dúas persoas no hall do edificio administrativo, unha entregando e outra agardando. En caso de coincidir máis persoas se agardará en fila polo pasillo pegado ao edificio, mantendo a distancia de 2 metros ata que poida acceder ao edificio administrativo.

 - Aquelas familias que teñan dous fillos en diferentes cursos entregarán o material nun dos días que teña asignado, é dicir, si teñen un fillo en 3º e outro en 6º, virá soamente o luns ou o xoves, entregando o material dos dous fillos.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021

 

Unha vez finalizado o proceso de solicitudes de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2020/2021 comunícase ás familias que todas aquelas que o solicitaron obtiveron plaza neste centro.

 

Debido á Lei de Protección de datos as listaxes estarán expostas no taboleiro de Secretaría do centro desde o venres 23 de abril. Tamén podedes chamar ao teléfono do mesmo para poder consultálas (988237000) en horario de 9:30 a 14:30.

 

Ao mesmo tempo serán accesibles electrónicamente para a cidadanía a través da aplicación web  admisiónalumnado

 

(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

 de xeito que as familias poden acceder aos seus datos e consultar o estado da súasolicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.

 

As familias que conten con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, poderán acceder ao listado completo a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES, e será visible a partir do 8 de xuño.

 

Contra esta resolución poderase formular reclamación dende o 26 ao 30 de abril

 

As listaxes definitivas de admitidos e excluídos publicaranse antes do 15 de maio.

 

O periodo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

Un GRAN APLAUSO para os nos@s CAMPEÓNS!!!

Mañá domingo 26 de Abril, chega o momento en que vós @s nen@s podedes saír á rúa.

Lembrade que estas saídas precisan seguir unhas normas que non debemos descoidar (PINCHADE NA SEGUINTE IMAXE)

 

 

 

Pinchando na seguinte imaxe podedes ver estas recomendacións da man do OSO GOLOSO:

 

E para profundizar máis non deixedes de visitar os seguintes enlaces:

INDICACIONES PARA O DESCONFINAMENTO CON NEN@S

GUÍA DE BUENAS PRÁCTICAS EN LAS SALIDAS DE LA POBLACIÓN INFANTIL DURANTE EL ESTADO DE ALARMA

Orden SND/370/2020, de 25 de abril, sobre las condiciones en las que deben desarrollarse los desplazamientos por parte de la población infantil durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.

 Lembrade que @s nos@s fill@s poden sair seguindo as normas sinaladas nos enlaces anteriores pero por outra banda o sair ou non facelo é algo "voluntario". Cada familia debe analizar o seu caso en particular, así dependendo de factores como o tipo de vivenda, o caracter e idade dos nen@s, o número de membros da unidade familiar... O sair pode ser recomendable, necesario, non necesario, opcional... 

Unha aperta e un gran aplauso para @S NOS@S CAMPEÓNS. Estádelo facendo XENIAL!!!

Finalizar pedíndovos unha vez máis aplicar o sentido común.

Moitas grazas familias!

 

 

       

Incubamos ovos

Durante o mes de marzo o equipo de E. Infantil levou a cabo unha actividade coa Asociación AVIMOS coa que nos puxo en contacto a mamá de Aldara e Xián grazas ao labor que desempeña no Centro de recursos zooxenético de Galicia. Ante o bo acollemento que tivo decidiron extendela ao resto do alumnado de Primaria que poideron gozar en maior ou menos medida do proceso de incubación dos ovos prestados ao centro pola Asociación AVIMOS. 

 

Axudas para o alumnado usuario do COMEDOR

Informamos ás familias usuarias do comedor que a Consellería vai establecer unha serie de axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor, durante a situación de suspensión do servizo de comedor por motivo do COVID-19 (Orde 27 de marzo de 2020).

O Real decreto-lei 7/2020, do 12 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes para responder ao impacto económico do COVID-19 establece no seu artigo 8 un dereito básico de alimentación de nenos e nenas en situación de vulnerabilidade que se atopen afectados polo peche, ou suspensión, de centros educativos que se concreta nun dereito a axudas económicas ou a prestación directa de distribución de alimentos. Engade que serán beneficiarias as familias con alumnado de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria a quen as Comunidades Autónomas teñan concedido bolsas ou axudas para o comedor escolar durante o presente curso académico.

A  Consellería vai establecer unhas axudas económicas de 2,5€/día para o alumando gratuíto e de 1,5€/día para o alumnado que actualmente paga 1€ por cada día que fai uso deste servizo. O alumnado que paga 2,5€ ou 4,5€ NON pode acceder a estas axudas. Só poderá acceder o alumnado que figuraba como usuario do comedor a día 31 de xaneiro de 2020.

Esta orde compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión das clases, que comezaron o día 16 de marzo e que fan un total de 9 días lectivos. A maiores inclúense tamén os 15 días de prórroga que rematan o día 12 de abril. De esta prórroga se contabilizan un total de 5 días lectivos. No caso de haber outra prórroga do estado de alarma calcúlanse os 14 días lectivos ata o 1 de maio de 2020.

Para realizar a solicitude as familias do alumnado gratuito ou que pagan 1€ deben presentar esta solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos empregando un formulario dispoñible na Sede Electrónica (https://sede.xunta.gal/), a partir da publicación no DOG da Orde que regula as axudas. Poderanse empregar diferentes mecanismos de identificación e sinatura, así como a Chave 365. A solicitude será única por familia e incluirá a totalidade das fillas e fillos que sexan comensais gratuitos ou paguen 1€.

Aquelas familias que xustificadamente acrediten dificultade para realizar a solicitude, poderán solicitar axuda ao centro, ben mediante chamada telefónica ou por correo electrónico:

  • Teléfono: 988 23 70 00 (en horario de 10:00 a 13:00 horas, dende o día 30 de marzo ata o 3 de abril)
  • Correo Electrónico: ceip.seixalbo@edu.xunta.es

 

No caso de solicitar axuda ao centro deberán aportar a seguinte información:

 

  • DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (indicar o número, NON enviar copia)
  • Nome do titor /titora ou representante legal, así como nome, apelidos e curso do fillo ou filla
  • Número de conta bancaria onde desexen recibir esta axuda (repasar ben os díxitos da conta bancaria para que non falte ningún número).
  • No correo soamente se escribirán os datos que se solicitan. NON enviar copia ou escaneos nin do DNI nin de Libretas de Aforro.

O prazo establecido para a presentación das solicitudes rematará o día 6 de abril, lembrando que o equipo directivo só estará no centro ata o día 3 de abril.

 

O equipo directivo.

 

Seixalbo, a 29 de marzo de 2020.

 

NOVAS SOBRE A 2º AVALIACIÓN

Logo de ser recibidas unhas instruccións por parte da Consellería sobre as medidas a adoptar en relación á avaliación do 2º trimestre, indicar que:

  •  O CEIP Plurilingüe de Seixalbo fará, nos próximos días, a avaliación dos contidos traballados ata o día 12 de marz(data de interrupción das clases presenciais).
  •  Tendo en conta que estas cualificacións danse nunhas circunstancias excepcionais, terase en conta tamén aqueles criterios de cualificación específicos establecidos tanto polos titores como polo profesorado especialista, en relación ao traballo de aula e aproveitamento das clases, libretas, traballos...
  • Unha vez realizada a avaliación, e con data 3 de Abril, serán enviados a través do servizo AbalarMovil, as notificacións das cualificacións. É por iso que aquelas familias que aínda non teñen instalada dita aplicación no seu dispositivo electrónico a vaian descargando a través de AppStore/Google Play.

           Instruccións no seguinte enlace https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

 

 

                                                            Saúdos e apertas para tod@s.    Xuntos conseguirémolo.

 

 

                                                                                                                                                                                                                                     O equipo directivo.

 

MOITA FORZA CAMPEÓNS!!!

Nestes días tan diferentes o profesorado do CEIP Plurilingüe de SEIXALBO tamén queremos poñer o noso gran de area para animar e ter un recordo para os nos@s nenos e nenas.

O cole está baleiro, o cole está moi triste sen vós, os profes botámosvos de menos...

Aquí vos lanzamos unha mensaxe de ánimo para dicirvos que estamos xuntos nisto, que sodes e somos fortes e que pronto todo pasará e volveremos a ENCHER DE VIDA O NOSO COLE.

 

Apertas, apertas e... APERTAS!!!

 

 

 

CONTACTA CON NÓS!!!

Lembramos a TODAS as familias que poden poñerse en contacto co Departamento de Orientación para calquer tipo de consulta a través do noso correo electrónico orientaseixalbo@gmail.com

Daremos resposta ás vosas cuestións coa maior brevidade posible.

Lembrade identificarvos co nome do alumn@ e o curso.

En caso de que desexedes ser atendidos telefónicamente debedes especificalo no correo e facilitar o número de teléfono no que queredes recibir a chamada.

 

                                                                                                                     6 APERTAS

                                                                                              Ana, Belén, Elena, Fátima, Olalla e Rosa

DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

O 21 de marzo tivemos unha celebración diferente, unha celebración dende as nosas casas.

 

A continuación podedes ver un vídeo que que é un pequeno resumo.

 

Un vídeo feito con moitísimo cariño, tanto cariño como o que lle temos á nosa alumna. Este día e este traballiño vai adicado a ela como non podía ser doutra forma.

Con ela e dela aprendemos dende o primeiro momento que a coñecemos, dende o inicio deste curso.

GRAZAS por contaxiarnos a túa ledicia, o teu entusiasmo, a túa insistencia nos teus gustos...  De ti aprendemos a ser felices con todas e cada unha das cousas que acontecen. 

Ben é certo que detrás túa está unha gran familia á que estamos moi moi agradecidas. Grazas por dar sentido ás palabras amor e compromiso. NORABOA con maiúsculas!!!

Tan DIFERENTES como IGUAIS

 

... es que los demás... NO LOS LLEVAN BIEN

(Maldita Nerea)

 

 

 

 

 

Seguiremos medrando xunt@s!!!

Moitas grazas a tod@s por animarvos a participar

 

 

 

 

 

Día da auga e da árbore

Hoxe 22 de marzo celébrase o Día Mundial da auga, un ben natural esencial para a vida e que non sempre valoramos. Nestes días que estamos a vivir somos máis conscientes da súa importancia pois continuamente nos recordan a necesidade de lavar ben as mans con auga e xabón como medida preventiva contra o coronavirus. Ademáis, onte 21 de marzo coincidindo coa chegada da primavera celebrouse  o Día da Árbore, para recordarnos a importancia de protexelas e coidalas. Dende o CEIP de Seixalbo non podiamos pasar por alto estas datas  ligadas ao noso proxecto de centro "Salvemos o globo". Así pois deixámosvos algunha proposta para que compartades en familia. 

Un GRAN DÍA, Un GRAN RETO #DiaMundialSindromeDown #YoMeQuedoEnCasa

Mañá 21 de Marzo é o DÍA MUNDIAL da SÍNDROME de DOWN e non podemos deixar de reivindicar o respecto pola diversidade e a inclusión, esenciais en tempos difíciles.

Down Galicia e tamén Down Ourense xa nos comunicaron que teñen cancelados os seus actos conmemorativos en responsabilidade coa emerxencia sanitaria así como para evitar situacións de risco nun grupo especialmente sensible ao coronavirus como son as persoas con Síndrome de Down.

 Do mesmo xeito invítasenos a participar neste 21M "atípico" levando calcetíns desparellos NA CASA #CalcetinesDesparejados e #DíaMundialSindromeDown

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

QUE VOS PARECE?

 Pois nos animámosvos e damos un paso máis; sabedes que a mellor medicina para combater o Coronavirus é QUEDAR NA CASA pero... NON TODOS PODEMOS QUEDAR NA CASA!!! Hai moitos profesionais que saen a diario a loitar, a facer un gran esforzo por e para tod@s nós: persoal sanitario, persoal que traballa nos supermercados, sector transporte, persoal de limpeza, forzas de seguridade, persoal de asistencia a maiores e dependentes... e un longuísimo etc 

 Pois, por que non facemos a nosa particular reivindicación do NOSO COLE DE SEIXALBO?

 

1. Mañá 21M levemos calcetíns desparellos por todas e cada unha das persoas con Sindrome de Down

2. Fagamos un debuxo da temática que prefirades (igual xa o fixestes estes días) : inclusión, diversidade, o famoso arco da vella... e poñámoslle algunha mensaxe ou "hastag" (TAN DIFERENTES COMA IGUAIS, EU QUEDO NA CASA, TODO VAI SAÍR BEN, DÍA MUNDIAL DA SINDROME DE DOWN...) ademáis de dar as grazas a tod@s @s profesionais que saen a loitar. Nese debuxo incluiredes o nome do noso cole.

3. Saquemos unha foto na que aparezamos cos calcetíns NA NOSA CASA (poden non saír as nosas caras) e na que ademáis "se queredes" saia o voso debuxo.

 

OPCIONAL: envialo ao noso correo orientaseixalbo@gmail.com

No correo debedes poñer os seguintes datos: Nome e apelidos, curso e MOI IMPORTANTE autorización das vosas famlias para publicalo (nesta ocasión e seguindo a lei de protección de datos, non vale a autorización que temos no colexio xa que son fotos sacadas no ámbito familiar)

Aquí tedes un exemplo de autorización que servirá tamén se decidides participar en máis actividades que se organicen dende o centro durante o período da corentena. Aclarar que non ten por que ser esta mesma autorización, podedes escribila a man se vos é máis cómodo. Deben aparecer todos os datos e debe ESTAR ASINADA.

As fotos recibidas iranse publicando pouco a pouco na web e finalmente faremos un vídeo para a nosa canle de YOUTUBE e así darlle máis visibilidade.

 

AHHHHH!!!! e lembrade que o voso debuxo podedes pegalo nas ventás para facelo máis visible e ao mesmo tempo para animar aos/ás vosos/as veciñ@s

 

ANIMAMOS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A PARTICIPAR!!!!!!!

 

TODO VAI SAÍR BEN!!!!!

 

 Finalmente dar as grazas á nosa coordinadora de TICS pola elaboración do anuncio que podedes ver a continuación, un anuncio que intenta anirmarnos a tod@s a participar nesta actividade; unha actividade que nos fai moitííííiísima ILUSIÓN

 

 

 

 

Proposta de TAREFAS E ACTIVIDADES CURRICULARES

Seguindo coas recomendacións enviadas dende a Xunta para os vindeiros 14 días de suspensión da actividade escolar acordamos o uso desta PÁXINA WEB para informarvos das tarefas e actividades propostas para os diferentes cursos e materias que estarán dispoñibles nun dos menús no lateral dereito.

Serán actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares pero non terán carácter avaliable.

Tendo en conta que a maioría dos materiais (libros, libretas...) se atopan no centro e coa finalidade de facilitar o desenrolo das mesmas trátase de actividades que poden realizar en calquera soporte (folios, libretas varias...) sen necesidade de imprimilas.

Pregamos que as visualicedes periodicamente, xa que poden ser actualizadas ao longo dos días. 

Agradecemos a vosa colaboración para a realización das mesmas.

 

Suspensión da actividade escolar

ATENCIÓN

A expensas de ter instruccións da Inspección Educativa informamos que mañá 13 de marzo o centro permanecerá aberto, aínda que non é obrigatoria a asistencia a clase do alumnado. A partir  do vindeiro

luns 16 de marzo, o centro permanecerá pechado por un período

 

de 14 días. Calquera tipo de notificación que haxa será comuniada a través da páxina web do centro.

Powered by Drupal - Design by artinet