PERÍODO DE ACOLLEMENTO ALUMNADO DE 3 ANOS. CURSO 2022/23

 

PINCHANDO NAS IMAXES PODEDES CONSULTAR OS HORARIOS DO PERÍODO DE ACOLLEMENTO PARA O ALUMNADO DE 4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS) 

 

BOLSAS MUNICIPAIS DO COMEDOR CURSO 2022/23

Nos seguintes enlaces pódese consultar a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-23:

- Taboleiro de edictos: 

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica;jsessionid=DB03E1E0FAFFEE3F7C24BB2F1A516520?method=view&id=16078

- Páxina web de servizos sociais:  

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/concesion-de-becas-comedor-curso-22-23-propuesta-provisional/suceso/1453806145491 

Taboleiros dos centros cívicos municipais. 

 

Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado.

 

O prazo para a presentación das alegacións é de 10 días hábiles, do 12 ao 26 de xullo de 2022, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

 

ENTREGA DA DONACIÓN Á AGAUCRAINA

Hoxe fixemos a entrega do diñeiro recaudado na carreira solidaria para Ucraína por parte da comunidade educativa do CEIP PLURIL. VICTOR LÓPEZ SEOANE: 2.954,19 €.

Contamos coa presenza da directora da asociación AGAUCRAINA xunto cun voluntario que viñeron a recollelos cartos e fixéronnos entrega dun diploma para o alumnado do centro polo esforzo realizado. 

MOITAS GRAZAS A TOD@S E MOITO ÁNIMO UCRAÍNA!!

 

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE