DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O alumnado do noso centro celebrou o pasado día 3 de decembro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria leron un escrito do que era para eles a discapacidade e despois todos xuntos cantamos a canción Todos somos capitáns en lingua de signos.

Aquí tedes un pequeno vídeo do ben que o fixeron... 

 

CONSELLOS SOBRE O USO DAS TECNOLOXÍAS

O mércores 1 de decembro contamos coa colaboración da Policía informando sobre o uso seguro de internet para as familias.

Deixáronnos unha serie de consellos de educación dixital, cuns enlaces que esperamos que sexan do voso interese. 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE ED. PRIMARIA.

No DOG do 12/11/21 saíu publicada a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA

Orde do 28 de outubro de 2021

 

BENEFICIARIOS:

  1. Alumnado de Educación Primaria. 
  2. O alumnado que fose beneficiarios da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22 (o cheque de material de 50 euros). ESTAS FAMILIAS NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE, CONCÉDESELLES DE OFICIO. 
  3. Familias que non tiveron cheque de material escolar para este curso que cumpra algunha destas condicións:

            - que teñan unha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros (renda              correspondente ao exercicio 2019).

            - Alumnado matriculado en Educacíón Especial, ou suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia ou que teñen unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

  • O prazo de presentación das solicitudes serán de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG (é dicir, do 15 de novembro ata o 26 de novembro).
  • As solicitudes presentaranse de maneira presencial no colexio PREVIA CITA (solicitarase por teléfono 881960653)

DOCUMENTACIÓN

  • Impreso de solicitude
  • Copia do Libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros da unidade familiar. 
  • Outra documentación acreditativa en caso de separación ou divorcio, discapacidade do alumnado, situación de violencia de xénero...

MAGOSTO 2021

Esta semana puidemos disfrutar dun día de convivencia para celebrar o Magosto e queremos compartir con todos vós o moito que disfrutaron os nenos e nenas do Víctor comendo as castañas e bailando coa música de Cantigas da Terra. 

Moitas gracias a tod@s!!

SAMAÍN- HALLOWEEN 2021

Deixámosvos un vídeo con diferentes momentos deste Samaín/Halloween que celebramos con moitísimas ganas...

Mirade que ben o fixeron nos diferentes bailes terroríficos!!! 

  

E, por último, podedes ver os vídeos que fixeron o noso gran English Team... Avisamos que dan un pouquiño de medo!!!! 

 

 

MÁIS ACTIVIDADES...

Comenzamos a semana cun contacontos para o noso alumnado de 1º de Primaria da man de María. Os nenos e as nenas pasárono moi ben, estaban encantados!! Aquí tedes a mostra...

        

        

                    

                               

 

Os nenos e as nenas de 3º de primaria puideron disfrutar dunhas actividades de igualdade no rocódromo do noso patio. Aquí vos deixamos algunhas imaxes para que podades comprobar o ben que o fixeron e como o pasaron!!!

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

(Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG do 29/09/21)
 

SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL (titulares e suplentes): XOVES, 28 DE OUTUBRO ÁS 11:30 HORAS

SÉ XENIAL EN INTERNET

O alumnado de 5º e 6º de Primaria ten a sorte de contar nestas semanas cunha formación en Novas Tecnoloxías da man da Policía. 

Na charla informativa de onte puideron contar co Inspector Alberto que lles explicou e tratou de conciencialos dos perigos que poden atoparse nas redes se non as usan de maneira adecuada. 

Deixámosvos algunha imaxe para que vexades que atentos estaban.... 

 

 

 

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE