ENTREGA DA DONACIÓN Á AGAUCRAINA

Hoxe fixemos a entrega do diñeiro recaudado na carreira solidaria para Ucraína por parte da comunidade educativa do CEIP PLURIL. VICTOR LÓPEZ SEOANE: 2.954,19 €.

Contamos coa presenza da directora da asociación AGAUCRAINA xunto cun voluntario que viñeron a recollelos cartos e fixéronnos entrega dun diploma para o alumnado do centro polo esforzo realizado. 

MOITAS GRAZAS A TOD@S E MOITO ÁNIMO UCRAÍNA!!

 

BOLSAS MUNICIPAIS COMEDOR 2022/23

Con data do 13 de xuño de 2022 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe de requerimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2022/23.

Podedes consultar en:

- Taboleiro de edictos:  https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=15878

- Páxina web de servizos sociais:    https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/noticias/detalle-noticias/publicacion-del-listado-de-requerimientos-de-subsanacion-de-beca-comedor-convocatoria-2022-2023/suceso/1453803150365

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23

 

DESTINATARIOS:

* FONDO SOLIDARIO DE LIBROS: 3º e 4º EP

* AXUDAS ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º EP

* AXUDAS MATERIAL ESCOLAR: TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

FORMA DE PRESENTACIÓN:

- Vía telemática: a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

- Presencial: na secretaría do centro. (ANEXO I E II)

 O alumnado de 6º de Primaria deberán presentar a súa solicitude no instituto no que teña a praza para o vindeiro curso (22/23). 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:

- Copia do libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. 

- Certificado, no caso de discapacidade, dalgún membro da unidade familiar incluidos na solicitude. 

PRAZOS DE ENTREGA: 

DO 19 DE MAIO AO 22 DE XUÑO

             

 Para máis información podedes premer no seguinte enlace:   ORDE do 29 de abril de 2022  (DOGA num. 95 do 18/05/22)

                 

 

                              ANEXO I                           ANEXO II  

 

 

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE