Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2024

Este ano o Día das Letras Galegas adícase a Luísa Villalta en recoñecemento a súa valiosa contribución á literatura galega. Para coñecer un poquiño máis sobre ela, facede clic nos seguintes enlaces:

https://primaveradasletras.gal/2024

http://seminariogalan.org/inicio/2024

 

 

SEMANA DO LIBRO

Ademais dos apadriñamentos lectores, o alumnado realizou múltiples actividades, entre outras:

- Marcadores como agradecemento para os padriños e madriñas.

- Contacontos con luz negra en español e inglés.

- Lectura e debuxo dun poema de Gloria Fuertes.

 

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Con motivo da celebración da Semana do Libro, tiveron lugar os xa tradicionais apadriñamentos lectores entre o alumnado de distintos cursos. Nun primeiro momento, realizaron unha visita para coñecerse e saber os seus gustos e, á semana seguinte, léronlles os contos ao aire libre.

 

XOGADE

A semana pasada participamos nos últimos encontros multideporte entre os coles da contorna. Foi o turno de 4º e 5º de primaria co CEIP de San Roque (Corón).

 

TRAZOS

Continuando co proxecto dos Xogos Olímpicos o alumnado de 3 anos realizou unha composición de trazos verticais e horizontais recreando así unha pista de tenis. Que artistas!

 

EDUCACIÓN VIAL

Non todo vai ser deporte neste curso! Por iso tamén reforzamos as nocións básicas de seguridade vial. Como cada ano, contamos con Maqui para poder levar a cabo esta actividade e así continuar sendo unha "Xeración 0,0".

 

KENPO

Practicamos Kenpo, unha arte marcial de defensa persoal. Moitas grazas ao gran Sensei Mario, por visitarnos e achegarnos os seus coñecementos!

INNOVART

O alumnado de 5º curso realizou unha saída a Innovart, na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela. Puideron realizar varias actividades relacionadas cos idiomas, danza, música... e trouxeron un pequeno agasallo!

ANDAINA

Realizamos unha andaina pola contorna, concretamente pola zona do Terrón. O percorrido foi adaptado segundo a idade do alumnado, co obxectivo de fomentar a actividade física diaria.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut