Skip to Content

Dependencias

O noso cole

O noso centro está dividido en dous edificios, separados polo Xardín Umbrío, que da título a unha das obras de Valle-Inclán.

O edificio norte, o máis antiguo, que está xunto ó Concello, abrangue a Educación Infantil e 1º de Educación Primaria. Conta cun Pavellín onde os nenos reciben clase de Psicomotricidade e Educación Musical. Tamén cunha Aula de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe e un aula destinada á biblioteca.

No edificio sur, máis novo, están os cursos de 2º a 6º de Educación Primaria. Conta con: aula de Inglés, aula de Educación Musical e Aula de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. Así mesmo, tamén contamos cunha biblioteca chea de aventuras que descobres cando te adentras nela. Cada ano, Don Mexilón (a nosa mascota) sorpréndenos cun tema novo. Este ano: Don Mexilón descobre Galicia, o cal nos axudará a descubrir un montón de cousas sobre a nosa Comunidade.

Este curso somos centro Plurilíngüe impartindo a materia de Plástica en inglés dende 1º a 6º de Educación Primaria. Tamén somos centro E-dixgal comezando o alumnado de 5º a traballar con contidos dixitais.

E resaltar tamén que o alumnado dende 2º a 6º de primaria acode o Pavillón Municipal, construído xusto detrás do Colexio, para realiza-las actividades de Educación Física. Tamén empregamos este espazo para os festivais de Nadal, Fin de curso, Actos de Graduación do alumnado de 6º curso de Educación Infantil e Primaria, obras de teatro, etc...

O alumnado conta con servizo de Plan Madruga dende as 7.45 da mañá e comedor dende as 14.00 horas así como dunha ampla gama de actividades extraescolares ofrecidas pola ANPA.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut