Skip to Content

Dinamización Tic

PASOS PARA ENTRAR NA AULA VIRTUAL

Deixamos un documento cos pasos para entrar na aula virtual.

Nela  podedes atopar un apartado destinado a AL no cal a mestra Carmen vos deixa distintas actividades para practicar os fonemas.

 

Digicraft

    Este curso estamos desenvolvendo no centro o programa “Digicraft no teu cole” organizado pola Consellería de Educación en colaboración coa fundación Vodafone. Está a participar o alumnado de 3º e 4º de primaria. Dotáronnos con 12 tablets e dous Kits con materiais, un por cada itinerario que estamos a desenvolver: videoxogos - realidade virtual e robótica.O proxecto ten como obxectivo facilitar entre o alumnado a adaptación á sociedade dixital, amosando as posibilidades que este mundo ofrece. A través do xogo e da experimentación os nosos rapaces están formandose nas habilidades e competencias dixitais, o programa tamén ofrece actividades para as familias que os/as nenos/as poden desenvolver na casa. Aquí tedes a ligazón á plataforma digicraft na que podedes atopar unha sección con actividades para as famílias e para os/as rapaces/zas.

https://digicraft.fundacionvodafone.es/

Álbum: Actividades Complementarias -> Digicraft
Distribuir contido


by Dr. Radut