Skip to Content

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Con motivo do Día das Persoas con Discapacidade, 3 de decembro, hoxe o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º acudiron ao auditorio de Vilanova de Arousa para escoitar unha charla de dous integrantes do corpo técnico da Fundación Celta integra: Alexandre Abalde como adestrador e Francisco Dían Fontenla como delegado e integrante do mesmo.

Nesta actividade, ademáis de pasalo en grande, fixéronnos reflexionar sobre os valores inherentes que transmite o equipo como son: a superación, o traballo en equipo, o compromiso, a axuda, o respecto e a inclusión.

Fai 7 anos, o Real Club Celta de Vigo foi un dos primeiros clubes a nivel nacional, que creou un equipo de persoas con discapacidade intelectual/diversidade funcional. Na actualidade son 44 equipos os que apostaron por esta iniciativa. Ogallá nun futuro máis equipos superen certas barreiras e den oportunidades ás persoas que buscan un oco na nosa sociedade. 

Alex e Fran esperamos veros de novo polo CEIP Plurilingüe Xulio Camba!!

 

"Diversidade é que te inviten a unha festa, inclusión é que te saquen a bailar"



page | by Dr. Radut