Skip to Content

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

I CARREIRA SOLIDARIA XULIO CAMBA

Celebramos a I Carreira Solidaria Xulio Camba de Nadal a favor do Banco de Alimentos de Vilanova de Arousa. Foi todo un éxito! Agradecémosvos a colaboración e esperamos vervos para o ano alí de novo. Temos un colexio cheo de campións e campioas!

 

ACTIVIDADES DE NADAL

Comezamos coas actividades de Nadal! Esta mañá as nenas e nenos de infantil e primeiro ciclo foron no Chiquitren a visitar o Belén municipal. Tamén gozaron dunha entretida actuación do Apalpador.

CANOA

Onte tivemos o pracer de recibir no Xulio Camba a un dos Campión do Mundo de Canoa na modalidade de C4500m deste ano: Manuel Fontán, que ademáis é veciño de Vilanova de Arousa. Desexámoslle toda a sorte do mundo e esperamos que consiga clasificarse para os Xogos Olímpicos de París 2024!

25 N

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

O alumnado do 3º ciclo acudiu xunto co alumnado do IES Faro das Lúas e do IES A Basella ao acto celebrado no concello co motivo do 25N. Nin unha máis! nin unha menos!

MAGOSTO

O martes 14 de novembro celebramos o Magosto no colexio. A pesar de que o tempo nolo puxo difícil, o alumnado e profesorado puidemos disfrutrar dunha festiva xornada na que nos divertimos a tope cos xogos tradicionais, disfrutamos dos recunchos de pintacaras e degustamos todos xuntos as sabrosísimas castañas asadas. 

CONTACONTOS MUSICAL

Hoxe os nenos e nenas de infantil gozaron co espectáculo "Diferentes Diferenzas" de Silvia Penide, que se enmarca dentro da programación contra a violencia de xénero elaborada polo Concello. 

SAMAÍN/HALLOWEEN

Facendo click nas seguintes imaxes, podedes ver o baile realizado polo alumnado de Ed. Primaria e Ed. Infantil para festexar o Samaín.

 

SAMAÍN/HALLOWEEN

Hoxe celebramos no colexio esta festividade con contacontos en inglés e galego, xogos, bailes, cabazas, disfraces e... unha decoración de medo!

ANDAINA POLO TERRÓN

Esta mañá o alumnado de segundo realizou unha andaina polo Terrón para gozar dunha preciosa paisaxe de costa. Ademais, observaron os diferentes elementos naturais e artificiais da contorna (praias, porto, faro...). A continuación, amosámosvos algúns momentos da mañá:

Distribuir contido


by Dr. Radut