Nadal

Bo Nadal 2023

O equipo docente do CEP Plurilingüe Santa Tegra desexámosvos unhas felices festas e un próspero aninovo!

CHEGOU O NADAL

   CHEGOU  O  NADAL!!!  

Como vén sendo habitual nos últimos anos, a ANPA agasallounos cunha estupenda e riquísima chocolatada con churros.

Este ano coa particularidade de que foi unha degustación moito máis ecolóxica porque cada un de nós tiñamos que traer unha taza propia para non gastar tanto residuo plástico.

Isto foi moi boa idea porque todos temos que contribuír ao coidado e conservación do noso planeta.

 

MMMmmm!!! Unha mañá doce e saborosa e pasada por auga!!!

A pesar da choiva e do vento deste mes de Nadal o xoves 12 a Menuda Panda Molona  púxose en marcha para facer dúas visitas moi especiais:

A primeira parada foi no Centro de Día Atalaia. Alí pasamos un rato realmente agradable cantando todos xuntos panxoliñas tradicionais e aprendendo outras novas, incluso unha de orixe portugués!!! Mola isto de ir Cantar os Reis aos Anciáns!!! Algún día, tamén nós seremos tan maiores coma eles e hanos de gustar que nos veñan visitar nenos e nenas coma nós. Eles agasalláronnos con moito agarimo e cun aguinaldo moooi doce: lambetadas para todos!!! MMMmmmm!!!Que guay!!!

A segunda parada da Menuda Panda Molona foi na Escola Infantil Monte da Guía. Que bonitos recordos!!! As cadeiriñas pequenas, os debuxos dos peques, os xoguetes, a mesa de amasar… Alí estaban os pequerrechos facendo moitas cousas coma as que fixemos nós cando eramos coma eles e, ademais, as profes, coma sempre tan atentas e cariñosas… Recibíronnos con moito entusiasmo e invitáronnos a un delicioso chocolate con churros que nos soubo riquíiiisimo, estaba tan quentiño… MMMmmm!!!

A terceira e última andaina foi a volta ao colexio. UUUffffff!!! Vaia día!!! Chovía a cántaros!!! Chegamos molladiños coma pitiños, pero moi felices aínda que non comemos perdices!!! JJJ

 Preme no enlace para ver o vídeo.

 

No festival de Nadal puidemos ver actuacións moi chulas e variadas:  Frosty and friends (1º),  Everybody needs somebody to love (2º),  Feliz Navidad te deseo cantando (3º), We will rock you (4º), Un día calquera na clase de Tigres e Gallifates (5º), Publicidade e máis publicidade (6º), Onde está o neno? (5º e 6º da aula de Relixión).

Na seguinte vídeo veredes unha mostra das actuacións.

MÁIS  FOTOS

 

 

 

Distribuir contido