O día a día

Obradoiro científico

Sen libros, sen cadernos, sen tablets…

simplemente cunhas herbiñas collidas ao chou,

papel de cociña, periódico e lapis aprendemos

a facer o noso primeiro herbario da man de

Alex Álvarez, biólogo mariño do CSIC quen veu a

amosarnos unha chea de curiosidades

sobre plantas e animais.         

C o m o   f a c e r   u n   h e r b a r i o

Un herbario é unha colección de herbas e plantas secas colocadas entre papeis ordenadas sistematicamente.

Pasos para facelo:

       1º Escribimos nunha tarxeta o nome da herba que imos secar, a data e o lugar onde a collemos.

       2º Envolvemos as herbiñas ben estiradiñas en papel de cociña para que absorba ben a humidade.

           Despois, envolvemos todo ben estirado nun papel de periódico, coma se quixeramos facer un sandwich.

      3º Colocamos as herbas envoltas no periódico unhas enriba doutras e poñémoslles un peso grande encima.

          No noso caso 5 paquetes de folios!! Hannos quedar superestiradas!!!

 

Coa axuda de Alex aprendemos tamén o que é a fotosíntese, ese proceso tan incrible que fan as plantas

nas súas follas mediante o cal son capaces de alimentarse, crecer e proporcionarnos

o osíxeno que nós respiramos.

Seguiremos coa nosa colección vai molar un montón!!!

 

 

Unha vez rematada a nosa clase especial sobre as

plantas pasamos a aprender unha chea de cousas

sobre os animais.


Alex explicounos moitas curiosidades sobre

o apaixonante mundo animal: que comen e como

dormen as baleas, como dormen as maragotas,

como se desprazan os polbos...

Aprendemos a clasificar os animais segundo sexan vertebrados ou invertebrados, coa sorte de poder

ver e tocar algunhas vértebras de varios animais: de paxaros, de golfiños, a mandíbula dun tiburón… 

Alex tiña de todo…!!!


 

Que curiosa a pel da pintarroxa, suave por un lado e moi áspera polo outro!!!

Por último, para rematar este divertido obradoiro fixemos un xogo de adiviñar preguntas sobre o marabilloso mundo da flora e a fauna.

GRAZAS ALEX, VEN, VEN, VEN, VOLVE MOITAS VECES MÁIS!!!

EDUCACIÓN VIARIA

 

Un ano máis en colaboración co Concello de Vigo, o día 9 de novembro tivemos un Obradoiro de Educación viaria, impartido por un policía local. Estaba previsto ir a pé pola contorna do centro pero por mor da choiva tivemos que facelo na clase.

O tema foi tratado dende o punto de vista dos peóns e máis concretamente referido aos pasos de peóns (cebra). Temos que ser peóns seguros e para iso debemos cumprir unhas regras: parar, mirar, escoitar, pensar e logo cruzar.

Déronnos datos moi interesantes como que os rapac@s da nosa idade se imos sos cruzamos bastante ben, se imos en grupo ou cos pais xa non seguimos as normas. Dende o ano 2010 en Vigo foron atropeladas nos pasos de peóns 2500 persoas e a franxa de idade con máis atropelos foi entre os 35 e os 44 anos.

Os condutores non sempre veñen moi atentos e os coches non frean de repente, polo tanto nós temos que ser responsables e decidir cruzar nas mellores condicións.

Facemos un chamamento a todos: CRUZADE CON SENTIDIÑO!!!!!

PROTEXE OS ANIMAIS

Este mes de outubro lembramos “O día mundial dos animais”.

Recordamos tamén unhas palabras do Papa Francisco do amor que debemos procesar a todo o creado incluíndo aos animais, a través de valores como coidado, axuda,  acollida, solidariedade, adopción. Esto tamén nos ensina a amar ao noso próximo.

  Na biblioteca o alumnado de relixión de 2º, 4ºe 5º escoitamos moi atentos a charla impartida polo presidente da protectora de animais “A MADROA”.

Vicente mostrounos fotos do lugar, dos animais e un vídeo onde os voluntarios traballan dunha forma altruista no cuidado dos animais que teñen no recinto. Díxonos que adoptou 5 cans, entre eles un mastín de neve que case estivo a punto de morrer, agora é grande e forte, grazas ao seu cuidado. Ten unha casa moi grande!!! 

Tiñamos moita curiosidade por saber... e non paramos de facer preguntas:

DIFERENZA ENTRE REFUXIO E PROTECTORA?

O Refuxio está financiado polo Concello e é unha empresa  con ánimo de lucro. Teñen aos animais que recollen un mínimo de 20 días ata que aparezca o propietario. Cando recollen ao animal comproban se ten MICROCHIP para poder poñerse en contacto co dono.

As protectoras son asociacións sen ánimo de lucro, non xeneran beneficios e o diñeiro que poidan obter é a través de socios, donacións ou subvencións, este é utilizado para atender aos animais que recolle e manter as súas instalacións.

CANDO PODEMOS VISITALOS?

 Os sábados pola mañá de 12:00 a 14:00, sempre acompañados dun adulto, por exemplo, os nosos pais.

 

QUE TEMOS QUE FACER PARA ADOPTAR UN?

 Primeiro farán unha serie de preguntas para averiguar cal é o can ou gato que se adapta máis ao noso entorno.

Na aula traballamos recoñecendo os sentimentos dos animais baseándonos nas súas expresións: teño medo, moi enoxado, relaxado, amistoso, por favor, quérote moito...

INDICOUNOS QUE NON LLES PODEMOS LEVAR LARPEIRADAS, pois son tantos que se poden pelexar.

Gustounos moitísimo, estades todos invitados!!!

Se queredes preguntar algo que vos interese saber, este é o correo da protectora: vigomascotas@gmail.com 

DIRECCIÓN: Subida a Madroa, s/n (DETRÁS DO ZOOTELÉFONO: 986452265

       AMALOS É... AMAR A TODA A NATUREZA!!!

Distribuir contido