O día a día

Empezamos o curso

Con moito entusiasmo comezamos un novo curso escolar dando a benvida a todas as familias da nosa comunidade educativa.

 

 

Maios ba EEI Monte da Guía

 

C E L E B R A M O S   O S   M A I O S

Coma outros anos o alumnado de 5º foi celebrar os maios (festa de orixe Celta que rememora a chegada da primavera) co alumnado do seu antigo colexio da Escola Infantil Monte da Guía, o pasado 16 de maio.
Este ano foi distinto, pois realmente non fixemos o propio MAIO, senón que como os nenos do infantil xa estaban no campo do patio facendo colares e pulseiras con flores, nós axudámolos a confeccionalas.

Despois de xogar un pouco cos pequerrechos, fomos ao patio cuberto onde lle cantamos as coplas que levabamos preparadas para eles e posteriormente ensinámoslle a danza “sete saltos” de Dinamarca que interpretamos todos xuntos en pequenos círculos.
Divertímonos moito e saíunos moi ben.
Aquí tendes as coplas:

Bos días a todos nenos

e nenas deste colexio

imos contarvos historias

tedes que estar moi atentos.

         

Somos alumnos de quinto

do colexio Santa Tegra

e tamén damos bos días

a todas as vosas mestras.

                   

Para escoitarnos ben

tedes que estar caladiños,

os peixiños e pitiños

mais tamén os coelliños.

                                       

Cando eramos máis pequenos

moitos fomos a este cole

e que ben que o pasamos

non vos estraña que vos mole.

         

Antes había unha fonte

que moita auga botaba

saía un chorro ata as nubes

que mollaba, que mollaba

               

Un día tocou o timbre

escindímonos as nenas

non imaxinades onde

nunha casa de madeira.

                                       

Estivemos un bo rato

ata que nos atoparon

e cando se deron conta

un castigo nós levamos.

             

Moito tempo nós pasamos

cando tiñamos recreo

e o que máis nos gustaba

era sempre o areeiro.

               

Tedes que pasalo ben

pero sen facer trasnadas

senón de tanto caer

levades pernas moradas.

                                       
               

A convivencia dos maios

queremos agradecervos

agora xa rematamos

ata a próxima xuntarnos.

                     

Teatro na clase de relixión

Na aula de relixión rematamos o proxecto: PROTEXE OS ANIMAIS” cunha representación de teatro que os rapaces e rapazas de 2º de relixión compartiron, antes das vacacións de Semana Santa, con todo o alumnado de 1º, 2º e 3º.
Tamén lembramos o día mundial do teatro que se celebrou o 27 de marzo. A obra:” OS RATOS DE DON NOÉ”, utiliza os personaxes da tan coñecida historia bíblica: O ARCA DE NOÉ.
Un día de compartir, de atención e ledicia, onde todos os nenos e nenas disfrutaron e o pasaron moi ben.
Preme na imaxe para ver esta obra tan divertida.

 

Distribuir contido