O día a día

COMPARTINDO POESÍA

   COMPARTINDO POESÍA   

O 21 de marzo foi o día da POESÍA. Como non se puideron facer as actividades que tiñamos preparadas, na seguinte ligazón do blogue "AS COUSAS DE FERVELLO" poderedes ler poemas de distintos autores.

Na sección do blogue "QUEREMOS POESÍAS" invitámosvos a tod@s a ser poetas por un día.

Publicaremos as vosas aportacións!!!

VISITA AO IES A GUÍA

  6º VISITA O IES A GUÍA  

 

De novo, como facemos todos os anos, o alumnado de 6º de primaria do CEP Plurilingüe Santa Tegra visitou o IES A Guía o martes 11 de febreiro, dentro das actividades programadas entre os dous centros, e reflectidas no noso Plan de Acción Titorial e na Programación do Departamento de Orientación, para facilitar a transición entre a etapa de Educación Primaria e Educación Secundaria.

Foi unha xornada instructiva á vez que agradable e amena, na que o profesorado do instituto e excompañeiros/as de colexio do noso alumnado, amosáronlles o que lles agarda na vindeira etapa do seu ciclo educativo como: o plan de estudos, as instalacións, as normas e valores que rexen a convivencia... Ademais, tamén tiveron tempo para atoparse e conversar cos seus antigos e futuros compañeiros/as, para divertirse con algún xogo e recibir algún agasallo, por cortesía do Instituto.

 

OBRADOIRO ENTRECULTURAS

   OBRADOIRO ENTRECULTURAS  

O pasado 28 de xaneiro, invitado pola mestra Berta, visitou o noso colexio José Luis Barreiro, periodista e coordinador de Entreculturas, para impartir un obradoiro de “IGUALDADE E EDUCACIÓN DAS NENAS DO MUNDO” para todo o alumnado de 5º e 6º.

José Luis falounos da situación das nenas en moitos países que non poden acceder á educación porque son obrigadas a casarse moi xóvenes, a coidar dos seus irmáns pequenos…

Nos vídeos de MIRELLE E MALALA, vimos que esa situación pode cambiar.

Participamos nun xogo: “O TABÚ” para comprender mellor o significado de: micromachismo, abandono escolar, patriarcado, matrimonio forzado…

Algunhas compañeiras deron testemuña de vivencias e inxusticias provocadas polo goberno do seu país.

 José Luis animounos a colaborar na “RED DE JOVENES SOLIDARIOS" e a coñecer a campaña ”La luz de las niñas” que axuda aos refuxiados para tratar de evitar o sufrimento de moitas nenas obrigadas a deixar a escola. A cantautora Rozalén colabora neste proxecto en GUATEMALA.

XUNTOS POR UN MUNDO MELLOR!!! 

 

Distribuir contido