O día a día

DESPEDIDA

 Chega o momento de despedirse do curso 2019-20. Foi un curso diferente e estraño, pero tamén especial. Tod@s ensinamos e aprendimos doutro xeito, tod@s tivémonos que adaptar á educación online e a relacionarnos na distancia. Pero toda experiencia, sexa boa ou mala, ten que servirnos como lección de vida. Tod@s traballamos e sufrimos xunt@s, tod@s nos esforzamos e intentamos axudarnos o mellor posible. A familia do CEP Santa Tegra está máis unida que nunca. Neste tempo de confinamento aprendemos a valorarnos máis os uns aos outros e a botar de menos as rutinas, as explicacións, os xogos do recreo, as festas, os libros…

O único seguro de todo isto é que o cariño e as lembranzas non mudaron, por iso, xa que non puidemos facer un festival presencial cunha graduación para o alumnado de 6º; reciclamos os nosos mellores desexos dun xeito moi especial. Cada curso elaborou un vídeo de despedida para o alumnado que marcha para o instituto. Tamén o profesorado de 6º que lles impartiu clase, quixo compartir nun vídeo as súas palabras máis íntimas e agarimosas.

Esperemos que vos guste este regalo, non só aos que rematades unha etapa da vosa vida neste centro, senón tamén ao resto do alumnado, ás familias, a toda a comunidade educativa…

 

GRAZAS A TOD@S E FELIZ VERÁN!!!

 

Clicando en cada unha das imaxes veredes os vídeos.

 

 
 
   

 

 

 

RECREANDO OBRAS DE ARTE

Museos de todo o mundo estiveron a retar  á xente para que recrearan os seus cadros.

Deixámosvos aquí as marabillosas creacións que fixeron as alumnas e os alumnos do noso centro con distintas técnicas. Clicando en cada imaxe poderedes velas con atención.

As creacións de 1º e 2º están publicadas no seu blog "MENUDA PANDA MOLONA" e tamén podedes velas clicando na seguinte ligazón: ARTE 1º E 2º

 

 

MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!!          

 

 

 

TERCEIRA AVALIACIÓN

Estimadas familias:

Según as orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-20 (á espera da publicación da normativa estatal):

  • O curso escolar continúa e rematará no mes de xuño nas datas establecidas na Orde do 20 de xuño de 2019, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019-20.
  • A terceira avaliación será de consolidación, repaso e recuperación. Pódese afondar ou traballar novos contidos se son necesarios para acadar aprendizaxes e competencias básicas, e poderanse avaliar dun xeito formativo ou recuperador, non cualificador.
  • A avaliación final do alumnado terá en conta as cualificacións do 1º e 2º  trimestre pero tamén se valorará a realización das tarefas que se envíen durante o 3º trimestre.
  • O alumnado non se pode ver perxudicado polo estado de alarma xerado pola crise do COVID-19. Por este motivo estamos enviando enquisas a todas as familias do centro para identificar a aquelas que carecen de medios de conexión dixital e poder facilitar ás mesmas o uso de distintos dispositivos para a atención educativa deste alumnado.

 

Coa finalidade de axudar ao alumnado a organizar as súas actividades escolares e manter un bo estado emocional, o profesorado do CEP Santa Tegra elaborou un calendario para o envío de tarefas.

 

Luns     Martes       Mércores  Xoves Venres
Tarefas de titoría   Inglés              Educación Física Tarefas de titoría

Música /Plástica

Relixión/Valores

 

 O periodo de entrega de tarefas por parte do alumnado como norma xeral será de unha semana aproximadamente pero pode variar en función das indicacións particulares de cada mestr@.

Por outra banda, informarvos que o Departamento de Orientación creou un Blog chamado “Orientégrate” no que irán subindo actividades, informacións e recomendacións que vos poden axudar. Podedes acceder a el a través da páxina web do centro ou a través do seguinte enlace: https://orientegrateblog.wordpress.com/  

¡¡¡Moito ánimo e un forte abrazo a tod@s!!!

Equipo directivo do CEP Plurilingüe Santa Tegra.

Distribuir contido