Curso 2008-09

O 2º ciclo prepara os seus disfraces

 

 SAÚL de 4º explícanos como fixeron os disfraces de HIPPIES nas clases do 2º ciclo

 "O primeiro que fixemos foi a cinta do pelo. Eu o que fixen foi cortar unha tira de plástico a miña medida, despois debuxei unha frase hippie con adornos. A miña foi esta: "PAZ e AMOR". Logo fixemos un medallón co símbolo dos hippies e por detrás o Yin Yang."

 Preparando os disfraces
 Preparandos os disfraces de hippies

 "O seguinte paso foi o traxe. O das nenas era diferente ao dos nenos. A min as medidas do meu traxe fíxomas profen Esther. O máis difícil do traxe foi o cinturón, tiñamos que dobrar un pouquiño e pegalo con celo, despois había que facer dous buracos pequenos co lapis e había que pasar un imprerdible xunto cunha tira de plástico polo espazo do anaco que tiñamos doblado."

 "A última prenda foi os quentadores, había que facer como o proceso anterior; había que cortar un anaco de plástico, dobrar un pouco e pegar con celo. Despois había que pasar o imperdible coa tira de plástico."

 Na clase de 3º preparan os disfraces

¡Canto traballaros estes rapaces e rapazas do 2º ciclo para preparar os seus disfraces!

Valeulles a pena o esforzo pois estaban chulísimos desfilando na festa do 20 de febreiro.

Visita a ETEA

 Preme AQUÍ para acceder á galería de fotos

 O xoves día 24 de marzo, o alumnado do 2º e 3º ciclo foi coñecer o entorno do colexio un pouco máis. Saímos andando ata a ETEA cun tempo boísimo.

Alí ensináronos algo das instalacións, só poidemos ver a praza e o exterior dos edificios, porque os edificios están vaiados. Un señor, que estivera alí de novo, explicounos a importancia da ETEA para España fai uns anos, en estudios e investigacións. Agora todo iso está en Ferrol, mesmo teñen alí un museo coas cousas que levaron de Vigo.

 Vista xeral da ETEA

¡Mágoa que non se poñan de acordo para que poidamos desfrutar das instalacións!

 Escoitando as explicacións

Sabiades que teñen dous túneles con saída no monte da Guía, onde gardaban armamento e municións…?

Despois de ver aquilo viñemos paseando pola praia da punta.

¡Que día! ¡Daban ganas de bañarse!

DÍA DO PAI

Título

Necesitamos:

8 pinzas de madeira

cola branca

pintura á auga de cores

pincel

Materiais e utensilios

Empezamos separando as pinzas para sacarlle o ferriño que as suxeita.

Logo, coa cola branca, fomos pegando, unha a unha, 9 metades  de xeito que  unha quedase ao revés da outra. 

Pegamos 9 metades

Deixámolo secar ata o día seguinte e, pola parte máis lisa das pinzas, pegamos 4 metades, unha por cada lado, de xeito que formaran un pequeno borde.

Pegado das metades dianteiras

Por detrás colocamos dúas metades xuntas que serán as que sirvan de soporte para suxeitar o portaretratos.

 Pegar por atrás

Xa estaba todo pegado. Volvemos a deixalo secar outra vez moi ben para poder pintalo todo coa cor que máis lle gustaba a papá. Uns verde, outros azul, vermello, amarelo, violeta...

 Pintado

Por último, só nos quedaba decoralo un pouquiño para que lle gustara aínda máis a papá.

Este foi o resultado final.

Gústavos?

A que quedou precioso?

 Último decorado
Distribuir contido