Curso 2008-09

Viaxe en tren

 O TREN DE CAIXANOVA

O mércores 4 de marzo, os rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º fixemos unha viaxe a Pontevedra no Tren de Caixanova.

Un autobús viu ao colexio a buscarnos para levarnos a estación do tren. Alí había nenos e nenas doutros colexios que tamén viñeron connosco. Subimos ao tren e cando estabamos sentadiños nos nosos asentos apareceron uns animadores moi simpáticos, Piter e Lolo. Pasamos un rato estupendo mentres disfrutabamos dos seus chistes, bromas, da paisaxe e dos túneles nos que sempre quedabamos ás escuras,

¡QUE GRITOS UAAAAH!

 No tren
 Contacontos na estación

 O chegaren a Pontevedra as azafatas de Caixanova, que tamén viaxaban con nós, invitáronos a zume e galletas. Despois de tomalas sentámonos a ver un teatro divertidísimo, cando rematou fixemos un pequeno percorrido pola estación e logo, voltamos ao tren. O maquinista deunos permiso para visitar a súa cabina e mesmo, algúns de nós, puidemos tocar a bucina.

¡PIPIIII, PIPIIII...!

Pero... ¡vaia sorpresa que levamos cando vimos a Piter e a Lolo cargadiños de agasallos para nós! Todos e todas recibimos unha mochila e un estoxo de pinturas.

Por último, voltamos ao autobús que nos deixaría de novo no noso colexio.

¡Gustounos tanto esta viaxe que sería marabilloso poder repetila!

¡ADEUSSSSS!!! 

Ordes do Meco 2009

 

 Xa chegou o MECO, apareceu o primeiro día da semana.

 ¡Que elegante, PARECE UN EXECUTIVO! 

 Ven, como sempre, cargadiño de "MANDAS" para que, día a día,

 a alegría do Entroido vaia enchendo as nosas aulas.

Estas son as súas MANDAS para a semana:

 

 MARTES 17

 MÉRCORES 18

XOVES 19

 
 
 

Festival NADAL

Como todos os anos estamos preparando as actuacións para o festival de Nadal.

Como novidade iremos celebralo ao auditorio do CENTRO CIVICO de TEIS.

Este será o PROGRAMA de actuacións.

Distribuir contido