Todo o centro

EL MÁGICO PLANETA DE LOS INSTRUMENTOS INSÓLITOS (3º e 4º Ed. Primaria)

Tagged:  
05.12.2018
Europe/Madrid


O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria asistiu a este concerto didáctico no que puideron descubrir instrumentos coma o serrucho musical, recollefrauta, á de voitre ou frauta de silla de camping. Valses, xotas, foxtot, pasodobres e outros ritmos conformaron o repertorio deste divertido concerto.

A GALIÑA AZUL. OBRA TEATRAL (1º E 2º PRIMARIA)

Tagged:  
27.11.2018
Europe/Madrid

 O alumnado de 1º e 2º de Primaria asistiu o 27 de novembro de 2018 a unha obra teatral baseada no libro infantil de Carlos Casares que trata temas como a diversidade e a solidariedade a través do emprego de diversas técnicas de manipulación de bonecos mesturando traballo interpretativo, música e cancións.

Esperamos que vos gustase, rapaces!!!                

VISITA A SOTAVENTO (3º E 4º ESO)

Tagged:  
08.11.2018
Europe/Madrid

 O alumnado de 3º e 4º de ESO tivo a oportunidade de coñecer o parque eólico experimental Sotavento, o xoves 8 de novembro.

  Coas explicacións que recibiron durante a visita, preténdese que o noso alumnado tome conciencia da repercusión das actividades humanas no medio, fomentando a reflexión dun uso responsable e eficiente dos recursos enerxéticos en particular e dos problemas ambientais en xeral.

CELEBRACIÓN DÍA DA BIBLIOTECA

Tagged:  
24.10.2018
Europe/Madrid
     

Queremos celebrar este 24 de outubro, día da Biblioteca, facéndovos partícipes dos fondos da nosa biblioteca.

   Na mesa expositor da entrada do edificio de Secundaria hai uns exemplares de libros que van ser expurgados así que, que mellor que cadaquén leve o que máis lle interese?!

   Simplemente tedes que escoller o exemplar (ou exemplares) que vos interesen e levalos para a vosa biblioteca persoal.

   

   Botade un ollo e apurade antes de que se rematen!

SAMAGOSTO 2018

Tagged:  
07.11.2018
Europe/Madrid

 O mércores 7 de novembro celebramos no noso CPI o "Samagosto", festexando dúas das tradicións máis ancestrais da nosa terra: o Samaín e o Magosto.

Houbo castañada para todas e todos, túnel do terror e contacontos para os máis pequenos, relatos de medo para os maiores...

Foi unha xornada terriblemente divertida!!!

VISITA DA VALEDORA DO POBO

Tagged:  
30.10.2018
Europe/Madrid
Resultado de imagen de VALEDOR DO POBO O 30 de outubro, de 16:15 a 17:15 recibimos a visita da Valedora do Pobo, Milagros Otero, que escoitou as suxestións do noso alumnado de 5º e 6º de Primaria a respecto dos temas que lles preocupan. A esta xuntanza tamén tiveron a oportunidade de asistir os/as veciños/-as de Boqueixón que o desexaron e puideron presentar ante a valedora do pobo as súas suxestións.

TALLER DE EDUCACIÓN VIAL (3º E 4º ESO)

Tagged:  
25.10.2018
Europe/Madrid
Los niños van a la escuela. Icono Pictograma establecido. Cruzando la calle. Foto de archivo - 43947195

O xoves 25 de outubro, o alumnado de 3º e 4º de ESO dos CPI de Boqueixón, Touro e Vedra, participaron en talleres de Educación Viaria que pretenden concienciar, vivenciar e reforzar entre os máis novos as repercusións que poden ter as distraccións ao volante, o consumo de alcol e drogas, o exceso de velocidade, o uso do casco... e os comportamentos como peóns.

A actividade celebrouse nas dependencias do CPIP Antonio Orza Couto de Boqueixón, en colaboración cos centros educativos de Touro e Vedra e os concellos.

Velaquí un resumo dos diferentes talleres en imaxes:

TALLER SOBRE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO PARA 4ºESO

Tagged:  
31.10.2018
31.10.2018
Europe/Madrid

    O alumnado de 4º de ESO vai participar nun taller sobre a prevención da violencia de xénero na adolescencia. Esta actividade enmárcase no Plan de Acción Titorial do centro e levarase a cabo nas cinco sesións de Titoría que se indican a continuación.

Datas de celebración: 31 de outubro e 7, 14, 21 e 28 de novembro.

Impartido por: Yolanda Neira (psicóloga do Concello de Boqueixón)

ESO: REUNIÓN INICIAL D@S TITORES/-AS COAS FAMILIAS

Tagged:  
24.09.2018
25.09.2018
Europe/Madrid

   As reunións informativas de inicio de curso c@s titores/-as da ESO celebraranse o día e á hora que se indica a continuación:

1ºESO: Luns 24 de setembro, ás 16.30h.

2ºESO: Luns 24 de setembro, ás 16.30h.   

3ºESO: Martes 25 de setembro, ás 20.00h.

4ºESO-A: Martes 25 de setembro, ás 19.30h.

4ºESO-B: Martes 25 de setembro, ás 18.00h.   

FESTIVO

Tagged:  
19.03.2019
Europe/Madrid

APERTURA CURSO 2018-2019. DÍA 17 DE SETEMBRO

Tagged:  
17.09.2018
Europe/Madrid
Resultado de imagen de jose luis iglesias diz

Con motivo do inicio do curso escolar, o día 17 de setembro vanse levar a cabo as seguintes actividades dirixidas ao alumnado, profesores e ás familias:

  • 11:30: Charla coloquio do Profesor e Pediatra D. Jose Luis Iglesias Diz sobre "Trastornos de conduta alimentaria"


  • 12:30: Recital de Manoele de Felisa en "Homenaxe aos poetas galegos"

Animádevos a asistir!!

ÚLTIMO DÍA LECTIVO (Infantil, Primaria e Secundaria)

Tagged:  
21.06.2019
Europe/Madrid

FESTIVO LOCAL EN BOQUEIXÓN

Tagged:  
30.05.2019
Europe/Madrid

FESTIVO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Tagged:  
17.05.2019
Europe/Madrid

FESTIVO

Tagged:  
01.05.2019
Europe/Madrid
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013