Histórico de actividades

PREVENCIÓN DE ACOSO ESCOLAR

27.04.2016 10:34
Europe/Madrid

O DÍA 27 DE ABRIL OS ALUMNOS/AS DE 3º DE ESO TERÁN UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE "PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR". A ACTIVIDADE ESTÁ ENMARCADA DENTRO DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL E DO PLAN DIRECTOR PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA.

SERÁ IMPARTIDA POLA GARDA CIVIL.

COORDINA: DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

OS PERIGOS NAS REDES SOCIAIS

27.04.2016 10:25
Europe/Madrid

O DÍA 27 DE ABRIL OS ALUMNOS/AS DE 1º DE ESO TERÁN UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE " OS PERIGOS NAS REDES SOCIAIS". ACTIVIDADE ENMARCADA DENTRO DAS ACTIVIDADES DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

IMPARTE: GARDA CIVIL

COORDINA: DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

V Encontro de alumnos de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia

 

    Mañá 8 de abril os alumnos de Música de 3º e 4º de ESO participarán xunto con outros sete centros de toda Galicia no V Encontro de alumnos de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia, que se celebrará en Noia co tema "Música galega do século XXI" e no que interpretarán o tema Memoria da noite de Luar na lubre ademais de participar en diversos obradoiros musicais (voz, rap, percusión e danza moderna).

   Para quentar motores aquí tedes a ligazón a unha nova no xornal anunciando o acto.

Alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria asistirá á obra: estamos no verán!

Como vén sendo habitual durante o ano académico 2015-16, seguimos a gozar dunha tempada de teatro chea de novidades. Nesta ocasión, as nenas e nenos de 5º e 6º de Ed. Primaria asistirán o 30 de marzo á obra Estamos no verán, de Xoán Curiel.

A seguir poden visualizar un pequeno adianto do espectáculo:

THÉÂTRE EN FRANÇAIS (2016)

O luns 7 de marzo, o alumnado de Francés de 3º e 4º de E.S.O. asistiu á representación da obra teatral Cyrano de Bergerac, un clásico da literatura francesa adaptado pola compañía "La Bohème Théâtre".

Se premedes na imaxe, poderedes ver algunhas fotografías desta actividade.

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA NOS CENTROS: PREVENCIÓN DE ACOSO ESCOLAR

02.03.2016 13:15
Europe/Madrid

Resultado de imagen de prevención de acoso escolar     O DÍA 2 DE MARZO OS ALUMNOS DE 1º DE ESO E 3º, 4º, 5º E 6º DE

PRIMARIA RECIBIRÁN UNHA CHARLA IMPARTIDA POLA GARDA CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR.

OS D

 O

PLAN PROXECTA.QUÉROTE +

24.02.2016 13:02
Europe/Madrid

Resultado de imagen de adolescenciaPLAN PROXEXTA: QUÉROTE +

OS DÍAS 2, 16 e 30 de marzo, os alumnos de 3º ESO participarán nos talleres do PLAN PROXECTA:QUÉROTE +.

BAIXO O TÍTULO"Adolescencia, cambios e transformacións" os alumnos participaran activamente nos seguíntes talleres:

- CONVIVENCIA( as relacións sociais, habilidades comunicativas, habilidades sociais, límites, pautas de convivencia, respeto, tolerancia)

- IMAXE CORPORAL(a imaxe corporal, a autoestima, reflexións sobre os estereotipos, hábitos saúdables, diversidade)

- AFECTIVIDADE( afectividade, habilidades comunicativas e de relacións, prevencións e responsabilidades, expresión emocional)

MURAIS DO ENTROIDO NO CPI ANTONIO ORZA COUTO

Unha pequena mostra dos pequenos gran artistas que temos no colexio, axudaron rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO.

Gracias a todos pola colaboración. Entre todas e todos sumamos.

Festival de Entroido 2016

01.02.2016 11:10
01.02.2016 11:10
Europe/Madrid

Este venres 5 de febreiro imos celebrar en Secundaria o Festival de Entroido, no que contaremos con música, comparsas e premios. O evento estará presentado por alumnado de 4º de ESO e terá lugar no ximnasio a partir das 12:15. Ide preparando o voso disfraz!!!

 

OBRADOIRO "SABER... HABILIDADES SOCIAIS"

27.01.2016 09:41
Europe/Madrid
M

OS DÍAS 27 DE XANEIRO, 3, 17 E 24 DE FEBREIRO LEVARASE A CABO UN OBRADOIRO DE "HABILIDADES SOCIAIS" DESTINADO AO ALUMNADO DE 1º DE ESO. SERÁ IMPARTIDO POR YOLANDA NEIRA( PSICÓLOGA DO CONCELLO).ABORDARÁ OS SEGUÍNTES CONTIDOS:

ESTILOS COMPORTAMENTAIS. ASERTIVIDADE.ELEMENTOS DA COMUNICACIÓN.ACTITUDES QUE FAVORECEN E ENTORPECEN.COMUNICACIÓN VERBAL E NON VERBAL. ADESTRAMENTO EN HABILIDADES SOCIAIS: ESCOITA ACTIVA E EMPATIA. RELACIÓNS ENTRE IGUAIS: RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS. DICIR NON. DINÁMICA DE GRUPO E TÉCNICAS DE ADESTRAMENTO EN HABILIDADES SOCIAIS.

Visita á mina de Serrabal cos alumnos de 4º da ESO

Visita cos alumnos de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras de 4º da ESO. A finalidade de esta saída é realizar un proxecto para a participación nun concurso de Educaixa a nivel nacional.

Neira Vilas, sentímolo

Queremos manifestar o noso pesar pola perda de Xosé Neira Vilas.

Sentímolo especialmente pois tivemos a fortuna de contar coa súa presenza na Semana Cultural do curso 2013-14. Nesas datas achegouse o nosos centro e  mantivo un encontro co alumnado. Na súa honra puxémoslle o seu nome á nosa biblioteca (foto).

A partir dese día mantivemos unha estreita relación co escritor e a súa Fundación.

OBRADOIRO "SABER...DROGAS"

18.11.2015 12:35
18.11.2015 12:35
Europe/Madrid

Os días 28 de outubro, 4,11 e 18 de novembro, os alumnos/as de 2º E.S.O. asistirán ao OBRADOIRO SABER...DROGAS impartido por Yolanda Neira, psicóloga do Concello de Boqueixón, que terá lugar no centro escolar dentro das actividades do Plan de Acción Titorial. Esta actividade está coordinada polo equipo de actividades complementarias e o  Departamento de Orientación.

Contidos: As drogas: Tipos. Consecuencias do consumo.Mitos e crenzas.Cambio de valores. Publicidade e drogas. Tempo de lecer: actividades saudables. Presión grupal. Toma de decisións

OBRADOIRO PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO EN ADOLESCENTES

19.11.2015 12:20
19.11.2015 12:20
Europe/Madrid
Resultado de imagen de violencia genero lazo Os días 22 e 29 de outubro e 5,12 e19 de novembro, os alumnos/as de 4º E.S.O. asistirán ao OBRADOIRO PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO EN ADOLESCENTES, impartido por Yolanda Neira ( CIM Boqueixón). O obradoiro terá lugar no centro dentro das actividades do Plan de Acción Titorial. Esta actividade está coordinada polo equipo de actividades complementarias e o Departamento de Orientación.  

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA OUTONO 2015 OS PEARES-PENA- CARBALLEDA-LUGO

 

Achégase enlace para que os pais e nais dos alumnos/as que participaron na actividade inmersión lingüística, cumprimenten a enquisa de satisfacción

 https://docs.google.com/forms/d/1L_gn1NiYoOydkmaSnFZwS0nH5Z7C8yKb0ZJyzWST4q4/viewform

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013