Información procedemento admisión curso 22/23

Premendo en cada liña, pode consultar a información correspondente ao procedemento de admisión do curso 2022-23.

Vacantes curso 2022-2023

Calendario de admisión 2022-2023

Poden realizar a solicitude por vía telemática premendo aquí.

Listaxe admitidas/os e non admitidas/os (provisional)

Listaxe admitidas/os e non admitidas/os (definitiva)

Desfile Entroido

Achegamos unha pequena mostra do desfile vivido neste curso no Castro Baxoi.

Despois de merendar chocolate, cortesía da ANPA, vivimos un inesquecible desfile polas rúas de Miño.

Moitas grazas a toda a comunidade educativa por facer posible momentos coma este!

 

Día da muller a nena na ciencia

O pasado 11 de febreiro o alumnado de 6º recibiu unha charla có gallo do Día da muller e da nena na ciencia.

dia da mulle e da nena na ciencia

O Castro Baxoi recita a Rosalía

Imaxes dos recitais en conmemoración a Rosalía de Castro.

 

Presentación xornada portas abertas

Pode ver a presentación empregada na xornada de portas abertas celebrada no día de hoxe premendo aquí.

Xornada de portas abertas - 24 de febreiro

O vindeiro xoves faremos a xornada de portas abertas para que as familias poidan coñecer o noso centro.

Organizarase outro evento para que o novo alumnado poda coñecer o seu centro con anterioridade ao inicio da súa escolarización.

Mandatos do Meco

Achégase o Entroido e o Meco indícanos como temos que vir esta semana!

Os mandatos son acumulativos, cada día imos sumando o de cada día e o dos anteriores.

Meco 2022

SEMANA DE ROSALÍA DE CASTRO

18/02/2022 00:36
Europe/Madrid

O CASTRO BAXOI RECITA A ROSALÍA.

Como sabedes, o día 23 de febreiro é o día adicado a poeta e escritora galega Rosalía de Castro. Durante  a vindeira semana, os alumnos e alumnas sairán polo pobo para recitar obras da autora.

Esperámosvos!

A continuación deixámosvos os horarios e lugares de recitado das diferentes clases.

 

Día da Paz

Achegamos un vídeo co que reflectimos a celebración do Día da paz e a non violencia no noso centro.

 

 

Volven os "Contos ao carón da lareira"

20/01/2022 14:01
Europe/Madrid

Queridas familias:

 

No Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) imos retomar

“Os contos a carón da lareira”. Iniciativa que o curso pasado

tivo moito éxito. Este curso pedímosvos que nos recomendedes

un libro en galego. Para iso tedes que gravar un vídeo de menos

dun minuto no que a vosa filla/o diga o nome, curso e título do

libro. Debe facer un pequeno resumo pero sin desvelar o final.

 

Dito vídeo podedes subilo no seguinte enlace:

https://padlet.com/minhomatters/kwfjud9j9kzk9yek

 

  1. Premer no +.
  2. Darlle a cargar.
  3. Engadir o arquivo.

 

Se tedes problemas podedes mandalo o seguinte enderezo: poeminospolasletras@gmail.com

 

 

Moitas grazas pola colaboración.

 

Distribuir contido