Cós meus mellores desexos

Premendo sobre a imaxe podedes ver as postais que fixo o noso alumnado na actividade "Cós meus mellores desexos".

FELICES VACACIÓNS!

Información acceso reunión pais cos titores de ESO

As reunións cos titores de Secundaria farémola por videoconferencia empregando a plataforma que pon ao noso dispor a Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O nome da plataforma é Cisco Webex.

Podemos descargar a aplicación ou facer o acceso a través da páxina:

http://www.eduxunta.webex.com

Despois presionamos sobre o icono co texto "Unirse a la reunión", introducimos o código facilitado polo titor, escribimos o noso nome e temos que indicar unha dirección de correo electrónico.

No caso de acceder por teléfono, temos que chamar ao número 912158236, introducir tamén o código e temos que dicir o noso nome para identificarnos.

 

Documento inicio clases secundaria

Prezadas familias:

Neste documento podedes consultar información de interese para o inicio do alumnado de ESO. Preme aquí.

Pola outra banda, solicitamos que traiades a declaración responsable asinada o máis axiña posible entregándoa á persoa titora do grupo. Podedes descargala aquí.

Bo curso a todas e todos.

 

Resumo guía COVID-19

Prezadas familias:

Neste documento tedes un breve resumo da guía que estamos a elaborar. Cremos que respostamos ás primeiras dúbidas que xurden na casa.

Podedes consultar a información aquí.

Saúdos.

O equipo COVID.

Cambios na hora de recollida e lugar saída familias infantil

Prezadas familias:

En primeiro lugar, queremos agradecer a vosa colaboración nesta adaptación á nova situación que estamos a vivir. Cremos que todo está funcionando bastante ben pero debemos cambiar algunhas cousas que poden mellorar o bo funcionamento. Está a ser un proceso de ensaio-erro que non está rematado pois a vindeira semana comeza o alumnado de secundaria, polo que podería haber algún cambio aínda.

Os cambios que imos facer son os seguintes:

EDUCACIÓN INFANTIL:

A saída dos acompañantes NON imos facela polo ximnasio pois hai momentos nos que temos clase. Polo tanto, sairemos polo mesmo sitio polo que entramos.

EDUCACIÓN PRIMARIA:

Cambiamos a hora de saída dos nenos para aumentar o tempo de clase e reducir o tempo de espera do alumnado que emprega o transporte escolar. Deste xeito os horarios quedan da seguinte maneira:

1º PRIMARIA: 13:40

2º PRIMARIA: 13:45

3º E 4º PRIMARIA: 13:50

5º E 6º PRIMARIA: 13:55

Pola outra banda, a xustificación de faltas poderá facerse por abalarMóbil ou presentando o modelo de xustificante que poderedes descargar dende a páxina web. O enlace para encontrar estes modelos é: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastrobaxoi/node/1357

Engadir que o equipo COVID do centro está a facer unha formación específica e que en breve subiremos información de interese xeral para loitar contra esta pandemia.

Seguiremos informando.

Saúdos.

O equipo directivo.

Instrucións Educación Física Infantil e Primaria

Os mestres do colexio queren compartir esta información relacionada coa área de Educación Física de Primaria, e psicomotricidade de Infantil.

Descarguen o documento anexo. 

 

Inicio clases Secundaria

O inicio de curso en secundaria adíase ao 23 de setembro. Como estaba previsto, o inicio das clases será escalonado do seguinte xeito:

23 de setembro: 1º e 2º de ESO

24 de setembro: 3º de ESO

25 de setembro: 4º de ESO

Mandaremos a información necesaria para comunicar a forma de entrada e precaucións que hai que tomar.

 

Información importante inicio clases

Prezadas familias:

Mañá comezan as actividades lectivas no noso centro para o alumnado de 4º e 5º de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria.

Queremos pedir disculpas por non ter contactado con todas as familias pero a aplicación abalarMóbil non vai actualizar datos ata mañá. As mensaxes que están a chegar é a través da dirección.

Á chegada do alumnado ao centro non haberá problema pois haberá profesorado de abondo para informar aos nenos e indicarlles o camiño para ir ás súas aulas.

Os horarios de paso das distintas rutas pola primeira parada son os seguintes:

LIÑA HORA PASO PRIMEIRA PARADA
RUTA 1. TOLDA - BEMANTES 8:20
RUTA 2 - RIGUEIRA 8:25
RUTA 3 - TRASDOROÑA (RUTA VIADEIRO) 8:15
RUTA 4 - BUIÑA - SAMBOLLO (RUTA PERBES) 8:25
RUTA 5 - PONTE DO PORCO (RUTA BAÑOBRE) 8:40
RUTA 6 - URB. FADESA 8:40

Pola outra banda, os nenos deberán traer asinado á maior brevidade posible a declaración responsable de ter feita a autoenquisa de saúde sobre o COVID antes de vir ao centro.

Grazas pola vosa comprensión e colaboración.

A dirección.

Material do alumnado

Prezadas familias:

Agradecemos a colaboración e a comprensión nestes momentos de tanto traballo para organizar o inicio de curso.

Sabemos da preocupación pois a cantidade de material que teñen que traer é moita para nenos tan pequenos.

As titoras/es organizarán para que o material o traian de forma escalonada.

A forma de conseguir o obxectico é traballar xuntos.

Saúdos.

A dirección.

 

Información sobre o inicio de curso

Prezadas familias:

Estamos a elaborar o plan de adaptación do noso centro ao protocolo establecido pola Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade, e aínda que non o temos rematado, queremos ir adiantando información do voso interese.

Aproveitamos para lembrar que o inicio das clases será o día 10 de setembro para o alumnado dos cursos 4º e 5º de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. O día 11 comezarán o resto de niveis destas dúas etapas educativas.

O alumnado de 1º e 2º de ESO comeza o día 16, os de 3º de ESO o día 17 e o día 18 os de 4º de ESO.

A información sobre o inicio do curso podedes consultala premendo aquí.

Saúdos.

O equipo directivo.

Distribuir contido