Adaptacións programacións COVID-19

Seguindo as instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, procedemos a dar publicidade as adaptacións das programacións do noso centro educativo.

Premendo no nome da etapa poden acceder as distintas programacións.

INFANTIL

PRIMARIA

SECUNDARIA

III Certame poemiños polas letras

No arquivo adxunto podedos consultar a información sobre o III Certame poemiños polas letras.

Procedemento ordinario de admisión de alumnado 2020/21

No seguinte documento poden consultarse as vacantes ofertadas no noso centro para o vindeiro curso 2020/21.

Vacantes

 

Novos prazos do proceso:

- Reanudación do prazo de presentación de solicitudes: do 11 ao 18 de maio de 2020.

- Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

- Listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

- Reclamacións contra as listaxes provisionais: 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

- Formalización matrícula educación infantil e primaria: do 1 ao 10 de xullo de 2020.

- Formalización matrícula educación secundaria obrigatoria:

- Prazo ordinario: do 1 ao 10 de xullo de 2020.

- Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

A información relativa a todo o procedemento de admisión do alumnado aparece no ficheiro que temos a continuación.

Información

 

Aviso ás familias - Novas orientacións educativas COVID-19

Prezadas familias:

Agardamos e desexamos que vos atopedes ben de saúde e ánimo. Xa queda menos para a volta á normalidade.

No día de onte, venres 17 de abril, publicáronse unhas orientacións por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o desenvolvemento do terceiro trimestre. Nelas indícase que estamos á espera da publicación da normativa estatal. Podedes consultar o texto no enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850

Salientamos que o curso rematará o vindeiro 19 de xuño como estaba previsto e que sobre as actividades di: ¿¿Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado¿

O profesorado coordinarase e comezará traballar segundo esas indicacións.

Saúde e saúdos.

O equipo directivo.

Aviso enviado por abalarMóbil ás familias de primaria e secundaria

Prezadas familias:

 

Agardamos e desexamos que vos atopedes ben.

 

O motivo deste aviso é informarvos de que o centro dispón de medios para facilitar o traballo do alumnado na casa e que imos tratar de buscar solucións.

Polo tanto, precisamos coñecer as posibles necesidades que teñades, tanto de equipos informáticos como de conexións á rede.

Os titores que puideron obter a información a través das familias, xa a puxeron en coñecemento do equipo directivo, pero enviamos esta mensaxe pois sabemos que non foi posible chegar a todos.

 

Polo tanto, se tedes algunha necesidade, enviade unha mensaxe ao enderezo electrónico do centro, cpi.castro.baxoi@edu.xunta.gal 

 

O alumnado que estea dentro do programa Edixgal e que deixou o computador na aula, tamén pode enviar mensaxe.

 

Saúde e saúdos.

 

O equipo directivo

Información ás familias inicio terceiro trimestre

Prezadas familias:

Agardamos e desexamos que vos atopedes ben de saúde e con ganas de comezar este terceiro e último trimestre deste particular curso 2019/20.

No día de hoxe publicáronse unhas novas instrucións no portal da Consellería referentes ao inicio deste terceiro trimestre nas que nos avanzan que o vindeiro mércores haberá unha xuntanza entre os membros do Ministerio e representantes das diferentes Consellerías das comunidades autónomas e que, ata ese momento, continuemos nas mesmas condicións nas que traballamos ata agora. Despois da xuntanza, a Consellería de Educación facilitará unhas novas instrucións e voltaremos a enviar información.

Pola outra banda, temos recibidos os correos de solicitudes de computadores e conexións á rede. Mañá remataremos de preparar os computadores que repartirá Protección Civil e o Concello de Miño xestionará as conexións a internet. Agardamos chegar ao todo o alumnado entre os nosos recursos, os da Consellería e os do Concello de Miño. Poñerémonos en contacto persoalmente coas familias que enviaron as diferentes solicitudes.

Saúde e saúdos.

O equipo directivo

Recomendacións durante o confinamento polo COVID-19

Recomendacións Fronte AO

COVID-19

 

Dende o equipo de profesores queremos trasladar esta reflexión aos nosos alumnos:

  • Non deben tomarse estas semanas como unhas vacacións. O alumnado debe seguir traballando para non perder o ritmo e continuar na medida do posible as tarefas que se lles mandan desde o centro educativo.
  • Teñen que ser conscientes (coma todos nós) de que as drásticas medidas que se están a tomar están orientadas a conter os contaxios polo coronavirus. Debemos colaborar coas autoridades sanitarias para axudar a superar esta etapa da mellor forma posible.

Dende o equipo directivo queremos agradecerlles as familias e ao persoal do centro a colaboración na implementación destas medidas, xa que valoramos o esforzo que supón para todos.

A Dirección

 

Recomendamos que os pais/nais/titores legais instalen nos seus teléfonos móbiles a aplicación Abalar Móbil para recibir as cualificacións e mensaxes do centro. Pode instalarse aquí.

 

Para contactar co CPI Castro Baxoi poden usar o noso enderezo electrónico cpi.castro.baxoi@edu.xunta.gal. Atención telefónica en días lectivos de 10 a 13.

 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia envía como recomendación a todos os centros o seguinte documento.

Cualificacións segunda avaliación

As cualificacións da segunda avaliación publicaranse na aplicación abalarMóbil o vindeiro venres 3 de abril ás 14 horas.

Vídeo do alumnado facendo Educación Física dende a casa

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria amósanos neste vídeo como se manteñen en forma dende a casa. Ben feito!

(pinchar na imaxe para ver o vídeo)

Distribuir contido