Así celebramos o magosto

Xa celebramos o MAGOSTO.O día deu para moito, fixemos os cucuruchos, divertímonos cos xogos populares e, sobre todo, comemos castañas...

Aínda que, como o ano pasado, o clima parecía que non estaba con nós, ó final todo quedou nun día con algunhas nubes pero "nin chisca de choiva".

Así, puidemos saír  ó patio e festexar todos xuntos esta tradicional celebración.Ademais de comer castañas, este día tamén entregamos os premios da decoración de portas e corredores:

             A PORTA GAÑADORA

            O CORREDOR GAÑADOR

 

Grazas a todos e todas por colaborar e noraboa aos premiados.

Grazas tamén ós rapaces/as de Secundaria pola súa axuda nos xogos populares, así da gusto.Seguide así.

 

           ATA O ANO QUE VÉN!!!

Podedes ver fotos da festa e dos adornos do colexio na GALERÍA.

Rachando coa porta!

O alumnado de 1º de E.P rachou coa porta que daba entrada á Idade Media.

Foi moi divertido porque,para entrar na aula,houbo que romper unha porta debuxada en papel.Deste xeito xa estabamos todos imaxinando que viviamos noutro tempo.

Unha vez no interior,coa axuda de Clara(1º A) e Javier(1ºB) contamos a historia dun castelo.Coñecimos personaxes típicas desa época:unha princesa,un cabaleiro...e ata unha pantasma!

O certo é que o pasamos moi ben

    

Se queredes ver máis fotos premede aquí.

Benvida ó CPI CASTRO BAXOI.

11/11/2012

O pelotón lingüístico xa ten logo! 

Deseño feito por Serxio Laxe, 3º ESO A 

 

07/11/2012

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiasrevoltas/?q=category/5/27

Neste momento están...

...CONVOCADAS ELECCIÓNS...

...para renovar parte dos membros do Consello Escolar do noso Centro.

Corresponde elixir os seguintes representantes:

·      
1 representante dos pais, nais e titores
·      
1 representante do alumnado
·      
1 representante do persoal de administración e servizos
·      
3 representantes do profesorado.

 

                            CALENDARIO ELECTORAL

  • Do 7 ao 14 de novembro...presentación de candidaturas.
  •   Dende o 6 de novembro... exposición do CENSO de pais. Convén revisalo e comunicar na Secretaría do Centro os erros que se atopen.
  •   26 de novembro...votacións para a elección de representantes do profesorado. 
  • 27 de novembro...votacións para a elección de representantes dos pais, nais e titores. Uns días antes desta data comunicarase o horario de votación. 
  •  28 de novembro...votacións para a elección de representantes do alumnado.
  •   29 de novembro...votacións para a elección de representantes do persoal de administración e servizos.

O NOSO CENTRO SERÁ MELLOR, SE TODOS PARTICIPAMOS!
        PRESENTA A TÚA CANDIDATURA NA SECRETARÍA DO CENTRO!

 

05/11/2012

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Comeza o proceso para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar deste Centro.
Nos próximos días publicarase información sobre esta renovación.

 

30/10/2012

PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO

O 31 de outubro será o día da celebración do noso MAGOSTO...unha das festas galegas, de carácter agrario, máis antigas.

 

Como xa está cerquiña O Samaín,lembrámosvos que a noite do 31de outubro é unha noite de Meigas, Demos, Monstros, vampiros chuchasangue... É A NOITE DO SAMAÍN!!

 

Igual que o ano pasado, faremos un concurso de adornos de portas e corredores, para iso xa levamos uns días decorando o cole con motivos alusivos a estas festas.

 

UN ANO MÁIS,

RAPACES E RAPAZAS,

PREPARÁDEVOS PARA DISFRUTAR DO MAGOSTO DE NOVO!!! E pensade que:

Se non axudas a limpar

procura non manchar : 0% DE LIXO.

 

O equipo de actividades complementarias e extraescolares mándavos moitos bicos ratunos e moi, moi terroríficos.

 

MAGOSTO e SAMAÍN 2012


24/10/2012

RAP NO COLE

Os días 22 e 24 de outubro o alumnado de 3º e 4º ESO asistimos a un taller de RAP a cargo de David “Owey”. Creamos rimas e rapeamos entre todos o poema “Negra sombra” de Rosalía de Castro.



 

 


Distribuir contido