LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015-2016

 

Na seguinte ligazón está o documento cos libros de texto para o curso 2015-2016 dos cursos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Aparece tamén o material necesario para os diferentes cursos. Tede en conta as anotacións que aparecen. Para calquera dúbida podedes dirixiros á secretaría do centro.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2015-16. IMPORTANTE!!!!!!

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS (cheques):

CURSOS: 1º, 2º, 4º e 6º EP. 1º e 3º ESO.           

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

1º e 3º ESO:

      • Prazo ordinario (alumnos sen materias para setembro).... do 25 de xuño ao 27 de xullo.
      • Prazo extraordinario (alumnos con materias pendentes para setembro) ..... do 2 de setembro ao 2 de outubro.

ENTREGA DE CHEQUES:

Educación Primaria, a partir do 10 de xullo.

Educación Secundaria (alumnos matriculados en xuño), a partir do 15 de xullo.

 

FONDO SOLIDARIO (banco de libros do colexio):

            CURSOS: 3º e 5º de EP. 2º e 4º ESO.

             LISTAS DE LIBROS ADXUDICADOS:             

  • 7 de Xullo: Publicación das listas provisionais.
  • 8 e 9 de Xullo: Prazo para reclamacións.
  • 15 de Xullo: Publicación das listas definitivas.

             ENTREGA DE LIBROS:

  •  3º e 5º EP: 16 e 17 de xullo.
  •  2º e 4º ESO: farase en setembro, unha vez matriculados os alumnos da convocatoria de setembro.

 

 

MATRÍCULA CURSO 2015-2016

CALENDARIO DE MATRÍCULA.

Novo alumnado de E. Infantil e de E. Primaria ... Do 20 ao 30 de xuño.

Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria:

Do 25 de xuño ao 10 de xullo  ... Alumnado que supere todas as materias en xuño.

 Datas propostas para axilizar o proceso de matrícula:

 1º ESO... 30 de xuño e 1 de xullo

 2º ESO... 2 e 3 de xullo

 3º ESO... 4 e 5 de xullo

 4º ESO... 8 e 9 de xullo

Do 1 ao 10 de setembro ... Alumnado con materias pendentes para setembro.

 

Traballando por proxectos en equipos cooperativos

Neste último trimestre, en ambas aulas de 1º E.P. traballamos en distintos proxectos, todos eles relacionados co noso PLANETA e o ESPACIO.

Na entrada principal do Centro temos montada unha exposición cos resultados das investigacións levadas a cabo polo alumnado.

Os protagonistas destes proxectos foron os propios alumnos e alumnas, xa que as titoras só participaron como mediadoras e orientadoras dos equipos.Foron éstes os que buscaron a información, traballaron co material, elaboraron murais, maquetas...e por último espuxeron os seus descubrimentos ao resto dos equipos.

Queremos agradecer ás familias a súa colaboración co material que aportaron: foi moi variado!!!

 

 

IMPORTANTE!!!! AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO. CURSO 2015-2016

O Diario Oficial de Galicia do 1 de xuño publica as dúas convocatorias polas que se regulan as axudas para os libros de texto do curso 2015-16:

- Orde do 21 de maio de 2015, que regula o fondo solidario de libros de texto para os alumnos que no próximo curso estean matriculados en 3º e 5º de EP, e 2º e 4º da ESO. Estes alumnos recibirán, segundo a renda de cada familia, un número determinado de libros do fondo solidario.

- Orde do 22 de maio de 2015, de axudas para a adquisición de libros de texto para os alumnos que no próximo curso estean matriculados en 1º, 2º, 4º e 6º de EP, e 1º e 3º da ESO. Estes alumnos terán un vale entre 90 e 180 euros para a compra de libros. O nivel de renda familiar non pode superar os 9000 €.

É requisito obrigatorio para ambas as axudas ter devoltos, ao final de curso, os libros do 2014-15 que aparecían na listaxe publicada na cristaleira do colexio e nesta páxina web. Recibiredes información da data e a forma de devolución.

 Prazos para presentar esta solicitude:

- Fondo Solidario (alumnos que cursarán 3º e 5º de EP, e 2º e 4º da ESO): do 2 de xuño ao 30 de xuño.

- Axudas para a adquisición de libros:

Alumnos que cursarán 1º, 2º, 4º e 6º EP: do 2 de xuño ao 1 de xullo.

Alumnos que cursarán 1º e 3º ESO:

Prazo ordinario: do 25 xuño ao 27 de xullo.

Prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro (alumnos de 1º e 3º con materias suspensas para setembro).

 

Recollida de impresos, información e entrega das solicitudes,  na secretaría do Centro. Os impresos poden descargarse nos enlaces: https://sede.xunta.es (guía de procedementos e servizos), e en formato pdf no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es

IMPORTANTE!!!!!! LIBROS DE TEXTO ADQUIRIDOS CO VALE DAS AXUDAS DO CURSO 2014-15

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar unha relación do alumnado que adquiriu os libros do curso actual, 2014-15, co vale de axudas para a adquisición dos mesmos, onde, de acordo co previsto no artigo 14 d) da Orde do 28 de maio de 2014 (DOGA 30 de maio de 2014), aparece a relación dos libros que cada alumno/a terá que devolver ao finalizar o curso para a súa incorporación ao fondo solidario.

Os libros indicados serán entregados por cada alumno/a, na última semana do curso, ao seu titor.

Este listado estará exposto na cristaleira de entrada ao colexio ou poderá ser consultado premendo no adxunto que aparece a continuación.

 

Novo logro do noso equipo de xadrez

Pois si! Temos o orgullo de confirmarvos que desta volta os nosos campións impuxéronse na fase Intercomarcal de Xogade. Máis alá do resultado, cómpre resaltarmos o seu carácter, autocontrol e madurez cos que enfrontan os novos retos e dificultades que atopan polo camiño. Seguiremos informando dos resultados de vindeiras probas. Parabéns!

Dálle á manivela!

           

O pasado 8 de maio, o alumnado de 1º Ciclo de E.P. acudiu a unha charla - obradoiro sobre música mecánica e fonográfica. O encargado de desvelarnos estes misterios foi o músico Germán Díaz.

Un dos obxectivos deste obradoiro era introducir aos rapaces/as no universo da música mecánica a través de instrumentos curiosos. Así comprobaron que, xirando unha manivela, podían saír fermosas melodías de instrumentos que descoñecían: pequenas caixas de música con cilindros de púas, órgano de barbaria, rolmónicas, zanfona...

Aprenderon como se rexistraron as primeiras cancións e o xeito de reproducilas: non sempre existiron os CDs.

Ademáis, descubriron que unha serra tamén se podía converter nun instrumento. Quedaron ben abraiados!!!

       

Os nosos campións de xadrez

Parabéns!

Non hai nin un ano dende que comezaron as actividades de xadrez da ANPA e os froitos xa son ben meritorios. Acabamos de recibir a boa nova de que o noso equipo de xadrez ten acadado o primeiro posto da categoría benxamín na fase clasificatoria do concurso de xadrez do programa XOGADE, organizado pola Xunta.

Para isto tivéronse que medir con outros 60 cativos doutros centros repartidos nun total de 9 equipos. Para nos adentrarmos algo máis e coñecermos este xogo, diremos que se trata dunha disciplina por equipos na que cada neno compite de xeito individual, pero na que os puntos por vitorias se computan para o equipo.

Así que moitísimas felicidades aos nosos campións Itziar, Miro, Noel e Juan e a seguir pegándolle duro. Seguiremos os vosos pasos e agardamos que este sexa soamente o comezo dunha apaixonante aventura chea de logros e ledicias.

Momentos dos nosos campións durante as clases de xadrez e mais da súa participación no campionato.

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 2015-2016

O arquivo adxunto contén o listado do novo alumnado admitido no curso 2015-16.  (Para abrilo, preme en adxunto)

 Contra esta resolución provisional poderase formular reclamación, ante o Consello Escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa publicación.

Distribuir contido