Días non lectivos

   Os días...

   31 de outubro: día do ensino.

   3 de novembro: día non lectivo local.

   ... non son lectivos nestre centro de ensino.

 

Consultar o Calendario Escolar para o curso 2014-15

Curso 2014-15

 

Pica sobre a imaxe para ter acceso á información

Ruta da auga

 

Chegou o fin de curso! E como remate, o venres 20 de xuño fixemos a preciosa Ruta da auga, en Guitiriz. Unha magnifíca camiñata con risas, baño no río, comida campestre, lectura de poemas, creación propia de haikus, e relax nos xardíns do balneario. Un día completo!

 

Máis e mellor actividade física (Plan Proxecta)

Neste curso levamos a cabo co alumnado de 2º ciclo de Educación Primaria o programa educativo “Máis e Mellor Actividade Física”. Esta actividade do “Plan Proxecta” busca promover na nosa sociedade hábitos de vida activa e saudable, conectando contidos das áreas de Educación Física e de Coñecemento do Medio.

http://www.edu.xunta.es/web/node/6249 (máis información sobre o programa)

No seguinte vídeo podedes ver imaxes dalgunhas das actividades que traballamos co alumnado de 4º.

 

Libros de texto e material escolar. Axudas 2014

O Diario Oficial de Galicia do 30 de maio publica a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o próximo curso 2014-15.

O importe das axudas está comprendido entre 90,00 € e 180,00 €, dependendo da etapa educativa e do nivel de renda familiar, sendo 9000 € anuais por persoa o límite máximo de renda.

Destinatarios das axudas:

Pode solicitar esta axuda todo o alumnado de Educación Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Prazos para presentar esta solicitude:

Educación Primaria...        do 2 de xuño ao 2 de xullo.

ESO...                               do 25 de xuño ao 28 de xullo.


Recollida de impresos, información e entrega das solicitudes:  
              
... na secretaría do Centro.
... folleto informativo

... http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria

(Os impresos e a información aparecen no DOG do 30/05/2014)

... impreso de solicitude

Regueifeamos

 

No cole, o xoves 22 de maio, visitáronnos O Caruncho e Pinto d'Herbón para coñecer algo máis sobre as nosas regueifas:

Inventamos unha regueifa con estas palabras: CARBALLO e AGASALLO:

Hoxe é o meu cumpreanos,
regaláronme un carballo,
iso non me gustou nada
pois quería outro agasallo.

E agora, inventamos outra que comezase por este verso: GÚSTAME ANDAR DE FESTA:

Gústame andar de festa
cos meus amigos da alma,
e se ás veces son pesados
eu podo perder a calma.

E esta co verso final da anterior:

Eu podo perder a calma,
entón escribo poemas,
poden ser de mar ou terra
ou tamén sobre outros temas.

(David Blanco, 3º B ESO)

 
E OUTRAS:

Comín na casa da sogra,
non me deu máis que repolo,
cando veña á miña casa
fartareina de cebolo.

Paseando polo campo,
encontrei xunto ao carballo
unha fermosa muller
que me deu un agasallo.

(…)

ENCANTOUNOS REGUEIFEAR!

Concerto-convivio con Sergio Tannus

Este venres, os alumnos e alumnas de segundo ciclo de primaria teremos un concerto-convivio con Sergio Tannus. Sergio Tannus é un músico, vocalista e multi instrumentista procedente do Brasil e afincado en Galicia que desenvolve unha vertixinosa actividade musical que o levan a subirse a escenarios de toda Europa xunto con artistas da talla de Uxía Senlle, Dulce Pontes etc.

Actualmente ten editado o seu propio disco chamado Son Brasilego, no cal mixtura ritmos e sonoridades propios do seu país de orixe cos propios da tradición de Galicia nunha proposta verdadeiramente innovadora e orixinal que esta a ter unha moi boa acollida.

Nesta sesión-concerto Tannus amosaranos os instrumentos de corda e percusión propios da tradición do Brasil e achegaranos aos diferentes ritmos, melodías e cancions populares para despois transportarnos cara a un mundo de fusión, no que se mixturan coas músicas de  Galicia.

Día do libro 2014

24/04/2014 21:26
Atlantic/Bermuda

O 23 de abril, como todos os anos, dedicamos un tempo a celebrar o DÍA DO LIBRO. Fixémolo nun recuncho especial creado para darlle unha segunda vida aos libros e ás cintas de vídeo que estiveron á nosa disposición durante moito tempo e que agora xa non se utilizan. A carón do sofá-libro que construímos, colocamos un exemplar de DON QUIXOTE e os libros creados polos alumnos e sentámonos a ler e escoitar ler. Don Quixote, Sancho Panza, Dulcinea e o mesmo Cervantes acompañáronnos nesta xornada tan especial.

Viaxes a Madrid e a Londres

Os alumnos e alumnas de ESO realizaron viaxes de estudos a Madrid e a Londres.

Entre o días 8 e 11 de abril, 62 alumnos e alumnas de 1º e 2º curso viaxaron a Madrid acompañados polas profesoras deste Centro: María Mendez, Cristina Graña, Chus Azcárraga e Ángela Martínez.

Ao mesmo tempo, 33 alumnos e alumnas de 3º e 4º curso visitaron Londres coas profesoras: Carmen Sanchez, Cristina Sanmartín e Alicia Valiño.

Aquí algunhas fotografías das Viaxes...

Viaxe a Madrid

Ver máis imaxes neste enlace

 

Viaxe a Londres

Ver máis imaxes neste enlace

Distribuir contido