Atención. Urxente!!!

 
 
Profesores, pais e alumnos da nosa comunidade educativa. Como xa sabedes, Radiomiñoca presentouse a un concurso nacional cun pequeno podcast e quedamos finalistas, tras a elección dun xurado. AGORA é a fase decisiva, que consiste nunha VOTACIÓN POPULAR!  Por iso necesitámosvos e como sabemos que, dos tres finalistas, RADIOMIÑOCA É A MELLOR... pedímosvos que nos votedes e  que pasedes a información a quen poidades  e queirades para que vote o maior número posible de “fans radiomiñoquenses”.

ÁNIMO, que o prazo remata o día 9 deste mes e temos que conseguir o premio.

É moi doado: só tedes que entrar en https://videointercultural.wordpress.com/audio-12-17-anos/ e pulsar en postdam 12-17  e despois en  MIÑOCAFM, votar e LISTO, a gañar!!!

 

MOITAS GRAZAS de antemán...

 

Xurxo Souto e os Contos do Mar de Irlanda

02/02/2015 23:38
Europe/Madrid

Xurxo Souto, coa buguina, o acordeón e a súa potente voz, levounos de viaxe polos mares e oceános de todo o mundo cos mariñeiros galegos que fixeron de Galiza "non o fin da terra, senón o centro do mar". Contou, cantou e fíxonos cantar e contar, animándonos a rescatar da memoria dos nosos avós as historias de mar e mariñeiros que tan ligadas están á nosa terra e á nosa cultura. Lembrounos tamén os nomes galegos que levan os recunchos mariños e costeiros que hai polo mundo e os que temos a carón de nós, que tan ben coñecen os que van ao mar. En Contos do Mar de Irlanda escribe Xurxo historias que paga a pena ler!

A súa visita pon un selo dourado ás actividades que realizamos para celebrar a Candeloria: ENREDÁMONOS CON NÓS E PALABRAS participando nun obradoiro de nós mariñeiros e tecendo palabras relacionadas co amor.

No mes de xaneiro,fixemos marmelada en primeiro!

 

Seguindo co noso obradoiro de cociña,este mes aprendimos a facer marmelada de mazá.O que nos resultou máis difícil,foi aprender a pelar as mazás.De feito,case todos os cociñeiros e cociñeiras levamos algún pequeno corte.Estes pequenos incidentes non impediron que o resultadao fora estupendo!!
Ademáis traballamos moitas áreas de coñecemento:matemáticas (medindo os ingredientes),lingua (coñecimos un texto diferente:a receita),ciencias naturais (procedencia dos alimentos,alimentos frescos e elaborados)...pero o mellor de todo é que nos imos facendo cada vez máis autónomos.

 

 

Colaboraron con nós moitos profes,porque somos moitos e necesitabamos axuda.Se queredes ver todo o proceso e como foi o resultado final,non deixedes de visitar a galería para ver mais fotos.Estaba deliciosa!!!!

 

Visita ao cemiterio de San Amaro (A Coruña)

 

O día 6 de novembro, para celebrar o Samaín, visitamos o cemiterio de San Amaro (A Coruña) da man de Suso Martínez, que nos contou moitas cousas interesantes sobre os persoeiros soterrados alí (Curros Enríquez, Eduardo Pondal e moitos máis). Ao rematar, fomos á Torre de Hércules e alí realizamos un xogo que as profes nos tiñan preparado sobre as estatuas que rodean os campos da torre. Ás 14.00 h. xa estabamos de volta no cole.

         

 

A arte do gravado de Picasso a Barceló

O alumnado de 1º E.P visitou o Centro Sociocultural Afundación de Ferrol e a súa exposición " A arte do gravado de Picasso a Barceló"

Aprendimos que pintores como Dalí,Picasso ou Miró,utilizaban técnicas diferentes ás que estamos acostumados a ver.

Ademáis de coñecer as obras e as súas características máis salientables,tamén nos aventuramos a crear os nosos propios cadros:fixemos composicións divertidas coa técnica do estampado.

 

Samaín, Haloween e Magosto

O día 30 de outubro celebramos unha festa para conmemorar conxuntamente o Samaín, o Halloween e o Magosto.

Pica sobre a imaxe para ver máis

 

Obradoiro Bal Trad para alumnos de 3º ciclo de primaria

 

O vindeiro luns 10 de novembro os alumnos de terceiro ciclo de primaria poderán desfrutar dun obradoiro de danzas europeas.

Este é un proxecto novidoso que xunta mestres e músicos de referencia no ensino de bailes europeos e do Bal trad en Galicia. Con el achégase ás escolas un mundo, o do baile social, moi popular na actualidade en moitos países do centro de Europa.

Os alumnos de terceiro ciclo de primaria poderán aprender e desfrutar de diversos e sinxelas danzas en grupos ou parellas na compaña ademais de músicos ao vivo que amenizarán a sesión facendo dela unha vivencia verdadeira e intensa e nos transportará ás antigas salas de baile que aínda recardaredes os "non tan pequenos".

Circulsos circasianos, scottisches, andros e moitos outros bailes que coñeceremos e practicaremos farán desta xornada un momento inesquecible.

Monitora de baile: Beatriz Díaz.

Músicos: Gema Pérez (violín), Carlos Quintá (acordeón diatónico) e Pedro Pascual (bouzouki).

 

 

 

Club de Lectura "Salicornia" (24/10/2014)

O pasado día 28 de outubro, os alumnos do Club de Lectura Salicornia celebraron o seu particular Congreso de bruxas, feiticeiros e alquimistas. Tiveron unha intensa sesión de cine, cea e... aquelarre.

Vede algunhas das apócemas que se atreveron a comer...

Pica na imaxe para ver a presentación

Distribuir contido