SAMAÍN E HALLOWEEN 2015

A NOSA EXPOSICIÓN DE CABAZAS foi todo un éxito.

Grazas a todos os nenos e papis que participaron.

Mirade que chulas!!!!!

 

 

 

 

 

SAMAÍN E HALLOWEEN 2015

   Esta semana celebramos as festas do Samaín, Halloween e Magosto. Para elo estamos levando a cabo diversas actividades en cada aula e tamén, conxuntamente, no cole: aprendemos a orixe e a historia destas celebracións, estamos facendo traballos para adornar as nosas clases e o cole, aprendemos cancións de Halloween, e o xoves xogaremos con castañas e as comeremos.

      Recordade que o venres 30 celebraremos o Día do Ensino polo que non haberá clase, igual que o luns 2. Volveremos a clase o martes 3.

 

DISFRUTADE DESTES DÍAS!!!!!!!!


 

CHEGAR E ENCHER!

Acabamos de iniciar o novo curso e o alumnado de 2º E.P. xa se puxo a cociñar.

           

Aproveitamos os recursos do noso Centro para facer unhas deliciosas tartas de mazán.

En primeiro lugar recollimos a froita dunha maceira que temos no cole.Ten mazáns ecolóxicas:poidémolo comprobar xa que tiñan verme.Logo elaboramos as tartas coa axuda de moitas profes que foron aparecendo pola sala de usos múltiples.O resultado foi fabuloso!

      

O noso alumnado xa está concienciado: antes de comer, hai que limpar!

AVISO DE ALERTA LARANXA DURANTE O 16 DE SETEMBRO, DENDE AS 00:00 ATA AS 15:00 HORAS

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia, alertan dun fenómeno meteorolóxico de nivel laranxa para mañá, mércores 16, dende as 00:00 horas ata as 15:00 horas, por fortes rachas de vento que afectarán a toda a comunidade. Ante esta situación acordouse a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos. Polo tanto, os períodos de lecer de mañá, nas diferentes etapas educativas, terán lugar dentro do edificio, establecéndose as gardas do profesorado necesarias para a atención do alumnado.

De todas formas, a evolución deste fenómeno pode variar, polo que a dirección do centro estará pendente da información que nos chegue da Consellería e da que proporcione AEMET e Meteogalicia.

Pódese consultar esta información e as novas que podan aparecer no seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/portal/node/17061

CURSO 2015-2016

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

No DOGA do 1 de setembro apararecen publicadas as axudas para a adquisición de material escolar destinadas aos alumnos matriculados en educación primaria, ESO e educación especial. As axudas consisten nun vale de 50 euros por neno, que deberán ser destinados á compra de material escolar nos establecementos adheridos ao programa antes do 31 de outubro de 2015. Posen solicitalos ás familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 5.400 euros.

As solicitudes deberán ser presentadas na Secretaría do centro no prazo dun mes contado a partir do 2 de setembro.

No seguinte enlace pódese consultar os requisitos para solicitalas.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150901/AnuncioG0164-240815-0002_gl.html

CURSO 2015-2016

CURSO 2015-2016

O 1 de setembro comezamos un novo curso escolar e é o momento de recordar algúns temas pendentes:

  • Os días 1, 2 e 3 de setembro terán lugar os exames da convocatoria de setembro da ESO. No arquivo adxunto podedes ver as datas e horas dos mesmos.
  • Fondo solidario de libros 2015-16. Recordade:
    • Ao iniciarse as clases en Primaria serán entregados os libros de 3º e 5º de Primaria que quedaron en xuño pendentes de entregar.
    • O alumnado de Secundaria que tiña materias pendentes para setembro, deberá entregar, o día que realice o exame, o libro ao profesor da materia. O día 4 teñen que estar todos os libros entregados no centro. 
    • O día 15 de setembro publicarase o listado definitivo dos alumnos de 2º e 4º da ESO admitidos no fondo de libros e os libros que recibirán.
    • Os días 16 e 17 repartiranse os libros do fondo de 2º e 4º ESO.
  • Axudas para a adquisición de libros de texto. Recordade:
    • Dende o 2 de setembro ao 2 de outubro, queda aberto o prazo extraordinario para presentar a solicitude das axudas para a adquisición dos libros de texto para os alumnos que cursarán 1º e 3º da ESO.
  • Inicio das clases:
      • Xoves 10: alumnado de Educación Infantil e Primaria.
      • Martes 15: alumnado de ESO.

 

LIBROS DE TEXTO 2015-2016. IMPORTANTE!!!!!

LIBROS DE TEXTO. 2015-16.

LISTADO CORRIXIDO.

Foron detectados algúns erros no ISBN dalgúns libros de texto para o curso 2015-16. Xúntase o arquivo co listado corrixido. Os libros que aparecen en vermello son os que presentaban os erros. Desculpade as molestias. Calquera dúbida podedes poñervos en contacto coa Secretaría do centro.

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO

O martes 1, xoves 2 e venres 3 de setembro terán lugar os exames da convocatoria extraordinaria de setembro para os alumnos da ESO. No adxunto tedes as datas e horas de realización de cada exame.

NOTA: Aínda que no arquivo poñía 2013-14, o calendario está ben. Xa está corrixido. ESTE É O BÓ.

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2015-16

FONDO SOLIDARIO. LISTADO DEFINITIVO.

Con data 15 de xullo publicouse o listado definitivo do fondo solidario de libros de texto para o curso 2015-16, para os alumnos que cursarán 3º e 5º de Educación Primaria. Xúntase o arquivo coas listas.

O listado definitivo do fondo solidario para os alumnos que cursarán 2º e 4º da ESO, será publicado en setembro.

O xoves 16 e venres 17 podedes pasar polo colexio a recoller os libros en horario de 9:00 a 12:00 horas.

 

 

LIBROS DE TEXTO 2015-2016

FONDO SOLIDARIO

RESOLUCIÓN PROVISIONAL

Coa data do 7 de xullo foi publicada a listaxe provisional dos alumnos admitidos no fondo solidario de libros para o curso 2015-16. Estas listas poden ser consultadas picando nos documentos adxuntos:

- Lista provisionais de admitidos para 3º e 5º de EP. Aparece a relación dos alumnos admitidos e os libros que recibirán.

- Lista provisional de excluídos para 3º e 5º de EP e as súas causas.

- Lista provisional de admitidos para 2º e 4º da ESO. Aparece a relación de alumnos admitidos. Non aparece a relación dos libros que recibirán porque estes serán adxudicados polo programa en setembro, unha vez estean feitas todas as matrículas e todos os libros entregados (os dos alumnos que teñen que examinarse na convocatoria de setembro). Isto fai que nestes cursos, os alumnos que teñen dereito ao fondo solidario, non poderán saber os libros que recibirán ata setembro e, polo tanto, saber cales teñen que mercar ata ese momento.

 

Contra esta resolución poderase presentar reclamación os días 8 e 9 de xullo na Secretaría do centro. As listas definitivas serán publicadas o 15 de xullo.

A entrega de libros para 3º e 5º de EP, terá lugar os 16 e 17 de xullo, no centro, en horario de 10:00 a 12:00 horas. Para calquera dúbida podedes chamar ao centro.

Distribuir contido