O pasado mércores 25 de Febreiro, o alumnado de 4º da ESO, acompañado por María e Begoña, tivo unha mañá do máis interesante na Coruña.
Primeiro acudiron á Cociña Económica para entregar os alimentos que días antes mercaran co recadado no mercado solidario deste Nadal. Unha iniciativa que xa é un costume no noso centro. Parabéns para todos!!!
Despois, visitaron a exposición da que todo o mundo fala, O PRIMEIRO PICASSO, no Museo de Belas Artes. Para entender mellor o que significou no xenial pintor o seu paso pola Coruña, fixeron un percorrido polos lugares que foron algo para el: a Rúa Real, onde fixo a súa primeira exposición, os xardíns polos que paseaba, o colexio Eusebio da Garda, onde estudou... e, como non, a súa casa, onde tamén tiveron tempo para un xogo do máis artístico... do máis interesante...