Listas provisionais admitidas e admitidos

No día de hoxe, 20 de abril, publicamos as listaxes provisionais de admitidas e admitidos para o curso 2021/2022. 

Nos niveis con vacantes admitíronse todas as solicitudes.

As listaxes provisionais poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.

 

No prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación poderá formular reclamacións ante o Consello Escolar. (Ata 27 de abril).

 

 

Procedemento ordinario de admisión de alumnado 2021/22

No seguinte enlace poden consultarse as vacantes ofertadas no noso centro para o vindeiro curso 2020/21. 

 Vacantes

Calendario de admisión 2021-2022.

Poden realizar a solicitude por vía telemática premendo aquí.

Listas provisionais de admitidas e admitidos.

Listas definitivas de admitidas e admitidos.

 

 

 

 

Desfile Entroido 2021

Este curso fixemos un desfile cada grupo por separado e nos "xuntamos" virtualmente. Podedes apreciar que ben disfrazado veu todo o mundo!

(se non o podes ver a pantalla completa, dálle a Descargar).

Entroido 2021

Neste curso tan especial imos continuar coa tradición do Entroido, aínda que adaptándonos á situación.

Velaquí os mandados do Meco!

Meco 2021

Contos a carón da lareira

Estade atentos e atentas ao blog Poemiños polas letras, do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Os nosos alumnos e alumnas cóntannos uns contos a carón da lareira! Pinchade en cada imaxe do blog para escoitar o conto.

 

Reserva de praza en centros adscritos

No día de hoxe comeza o prazo de reserva de praza en centros adscritos.

Alumnado do centro destinatario: alumnado do CPI Castro Baxoi de 4º de ESO que teña intención de cursar Bacharelato no IES Fraga do Eume de Pontedeume.

Prazo: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

Forma de participación: presentación do formulario normalizado ED550A a través da aplicación "admisionalumnado"(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) ou na secretaría do noso centro.

Pode descargar o formulario premendo aquí.

Toda a información en http://www.edu.xunta.es/portal/node/32849.

 

 

Distribuir contido