Novas instrucións da Consellería

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar unhas novas instrucións en relación co COVID-19 que poden consultarse no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

As novidades que vaian xurdindo, aparecerán nesta páxina web.

 

Medidas a adoptar ante a suspensión das clases

Publicáronse as medidas a adoptar no portal da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para os vindeiros 14 días desde o 16 de marzo que se poden consultar en http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus.

 
Dende o centro recomendamos que na medida do posible, o alumnado non veña o venres 13 de marzo a clase se nas familias se pode conciliar a vida laboral e familiar.
 
Ao longo da tarde dese mesmo venres publicaremos nesta web como imos organizar o traballo dos alumnos segundo decida cada docente.
 
En caso de dúbida, poden consultar a través do teléfono do centro ou a través do noso enderezo electrónico cpi.castro.baxoi@edu.xunta.gal.
 
O equipo directivo.

Portal das familias

Premendo no seguinte enlace podedes acceder ao portal das familias da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

 

PORTAL DAS FAMILIAS

 

Nese portal tedes toda a información relativa ao COVID-19.

 

 

Información sobre a suspensión da actividade lectiva

Publicarase nesta web toda a información relativa a esta nova no momento que saibamos concretamente as actuacións que levaremos a cabo.

DIA DA MULLER. 8 DE MARZO.

06/03/2020 09:38
Europe/Madrid

O 8 de marzo é un día  para lembrar as dificultades que moitas mulleres atopan para exercer os seus dereitos. Recordamos a loita polos dereitos das mulleres falando nas clases sobre o tema e visitando as exposicións cos traballos realizados nas aulas, como A MULLER NA INDIA (4º de EP) e SE NOS VEN, EXISTIMOS (1º ESO). Tamén falamos neste día das mulleres asiáticas que xa tivemos presentes noutras celebracións: Malala Yousafzai (25N, Día contra a violencia de xénero), Sadako Sasaki e as mulleres PREMIO NOBEL DA PAZ asiáticas Teresa de Calcuta, Nadia Murad, Shirin Ebadi e Malala Yousafzai (30X, Día da Paz), así como todas aquelas que viven e loitan nos países asiáticos que están sendo estudados nas nosas aulas (India, Vietnam, Timor, China, Xapón...). Tamén contamos cunha exposición bibliográfica sobre o tema da muller, con parte dos fondos dos que dispón a nosa biblioteca.

HOMENAXE A ASIA NO ENTROIDO 2020

21/02/2020 17:33
Europe/Madrid

 

O Proxecto Documental Integrado do curso 2019-2020 leva por título EXPEDICIÓN AOS CONTINENTES: ASIA. Ten como obxectivos principais coñecer a cultura e modo de vida asiáticos a través do estudo de determinados aspectos (os que cadaquén escolla en función do nivel educativo e do interese), facilitar que se valoren as diferenzas e fomentar o respecto e a tolerancia. Por iso hoxe, no desfile do Entroido, rendemos homenaxe a xente que vive en Asia vestindo como eles o fan neste momento ou o fixeron no pasado, segundo as súas culturas respectivas.

 

 

EI, 4º EP, 2º ESO

India

1º EP

Mundo árabe

2º EP

Timor Oriental

3º EP, 5º EP, 6º EP

Vietnam

1º ESO

China

3º ESO

As diferentes culturas asiáticas

 

 Os alumnos de 4º de ESO, seguindo as nosas tradicións, acompañaron o MECO.

A vestimenta asiática. Memoria gráfica.

 

Éxito na fase comarcal de campo a través

Abrumador éxito dos alumnos do CPI Castro Baxoi de Miño na fase comarcal da especialidade de campo a través que organiza a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional dentro do programa Xogade de fomento da actividade física e prevención da obesidade entre o alumnado galego que non compite en categorías federadas.

 

Os alumnos do noso centro veñen de clasificarse por equipos nas categorías Infantil feminino e masculino (6º de primaria e 1º da ESO) e na Cadete masculino (2º e 3º da ESO); así mesmo clasificáronse de xeito individual na categoría Cadete feminino dúas alumnas de 2º da ESO.

 

Cabe destacar que o centro educativo de Miño acadou a nada despreciable cantidade de 6 postos en pódium, dous deles no mais alto do mesmo.

 

A seguinte fase que será o vindeiro 6 de marzo na vila de Carballo e contará coa presencia dun total de 20 alumnos do centro 18 na categoría por equipos e 2 na categoría individual.

 

Cadete feminino

 

1º  e 5º posto.

 

Cadete masculino

 

2º, 5º, 6º, 10º, 15º e 17º posto.

 

Infantil femenino

 

2º, 3º, 10º, 11º, 14º e 16º posto.

 

Infantil masculino

 

1º, 3º, 6º, 7º, 9º e 10º posto. 

Servizos mínimos folga 12 de decembro

No ficheiro adxunto pódense consultar os servizos mínimos de mañá 12 de decembro.

Actualizado o calendario escolar deste curso

Na seguinte ligazón pódese consultar o calendario escolar actualizado cos días solicitados polo centro. Polo de agora xa temos concedido o día 4 de novembro.

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastrobaxoi/node/1269

Distribuir contido