slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9 slideshow 10 slideshow 11

O Oso Guapetón

Chega o verán, chega o calor e chega a CANCIÓN DO VERÁN!!!!!Interpretada polos grandes artistas do CPI de Cervantes e do CPI Poeta Uxío Novoneyra!!!

                                   

 

 

A Educación Soñada na Montaña

A principios de maio celebráronse no noso colexio unhas xornadas sobre a escola no rural: "A educación soñada na montaña".

Os nenos e nenas do CPI de Cervantes participamos coa realización dunha representación sobre o libro da Pita dos Prados.

Podedes atopar máis información na web da Nova Escola Galega.

 

 

O Urogalo

Os alumnos de primaria profundizamos no estudo dun dos animais máis característicos destas paraxes: O urogalo.

Aquí podedes a entrevista que lle fixemos en vivo e en directo nas montañas dos Ancares!

 

 

Ourizo Gacheiro

Participamos no programa Naturézate, dentro do Plan Proxecta. Estivemos traballando moito nas actividades do noso proxecto, "Ancarízate", e aquí presentamos unha que fixemos os de 1º da ESO sobre o noso amigo o ourizo gacheiro!! Esperamos que vos guste!!

 

 

As Redes Sociais

Os nenos de 4º e 6º de Primaria estiveron investigando moito sobre un tema tan actual coma son as redes sociais. Cada vez é menor a idade e maior a cantidade de nenos e nenas que se sumerxen día a día na rede, por iso, resulta primordial que coñezan os riscos e ameazas coas que se poden atopar e, por suposto, tamén indagar nas miles de cousas positivas que se poñen ó noso alcance día tras día.

Despois de adicarlle tempo a investigar, contrastar as distintas fontes de información e redactar, fixemos unha votación para seleccionar a mellor redacción de 4º de Primaria e a mellor de 6º de Primaria.

Resultou gañadora en 4º de Primaria Sara e de 6º de Primaria Higinio. Adxúntanse ambas redaccións. Noraboa!!

Excursión a Piornedo. Proxecto PAN

Os nenos e nenas do CPI de Cervantes e do CPI de Navia de Suarna visitamos Piornedo.

Ensináronnos a facer pan. Fixemos varias actividades dividíndonos en grupos, foron as seguintes:

1º.- Visitamos o forno de leña, vimos como se quentaba e ensináronnos cómo se fan os basoiros.

2º.- Visitamos unha seara de centeo

3º.- Cada neno amasou e fixo un bolo preñado, ademáis dalgún boliño de pan.

Ademáis comemos ó aire libre con vistas ó Mustallar. Finalmente, recollemos do forno os nosos bolos preñado e levámolos para casiña envoltos nunha cesta.

Moitas grazas ós veciños de Piornedo pola súa amabilidade, pasamolo moi ben!!

Aquí poderás ver todas as fotos da xornada

Día Do Libro en Cervantes

O Xoves 21 de abril celebramos no Concello de San Román de Cervantes o Día do Libro. Visitounos o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero e ofreceunos unha conferencia sobre o Quixote, xa que neste ano cúmplense os 400 anos da súa morte. Ademáis, aproveitou para comparar a vida polítca dende o idealismo quixotesco e a honradez de Sancho.

Neste acto, coma xa é tradición, fíxose entrega de premios ás mellores redaccións e debuxos feitos polos rapaces do CPI de Cervantes dentro do noso concurso do DIA DO LIBRO.

Para ver as fotos PINCHA AQUI!!

Dámoslle a benvida á PRIMAVERA!!

Para darlle a benvida á primavera traballamos moito no noso colexio. Fixemos un mural chulísimo, con materiais da nosa natureza cervantega e materiais de reciclaxe, somos uns artistas!!

 

 


Torneo de Ping Pong

Os nenos de 5º e 6º de Primaria do CPI de Cervantes fixemos unha xuntanza co CPI de Navia de Suarna con outros coles da comarca de Ancares para realizar un torneo de Ping Pong e pasar unha xornada de convivencia!! Simultaneamente os rapaces da ESO de ambos colexios xogaron no IES de Becerreá.

Aquí poderás ver todas as fotos!!

 

 

 

Videoclip "Cos teus ouveos non podo durmir"

Estreamos a sección musical do noso colexio recordando o videclip que rodamos o ano pasado no Courel xunto co colexio CPI Uxío Novoneyra e en colaboración co Proxecto Lobo! Chámase "Cos teus ouveos non podo durmir"

ENLACE A YOUTUBE

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer