slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9 slideshow 10 slideshow 11

Benvidos ó CPI de Cervantes!

Curso 2023/2024

 

 

 

Día do Libro

O Concello de Cervantes e o CPI de Cervantes estivemos de celebración!

No noso concello o Día do Libro é unha data moi especial. Lembramos ao autor que leva o nome de Cervantes,  e  lembramos tamén  como fai referencia ás nosas montañas na súa obra mundialmente recoñecida, O Quixote.

O noso agradecemento a José Manuel López Cedrón, polo seu pregón, "Un pequeno relato cheo de Cervantismos", e á Deputación de Lugo, por agasallarnos co libro Vía Romana XIX, Unha viaxe dende Lugo aos Ancares, seguindo as pegadas de Roma.   

E moitas grazas ao Concello de Cervantes por contar co cole para este acto tan fermoso, e por todos os agasallos do certame literario.

Neste vídeo podedes ver un resumo desta xornada. Parabéns aos gañadores e gañadoras!

 

Imos buscar un tesouro-Audiolibro

Aquí vos deixamos un audiolibro elaborado polo alumnado de 5º e 6º: Imos buscar un tesouro, da editorial Kalandraka.

Oso pequeno e tigre pequeno van á procura dun tesouro. O maior tesouro é desfrutar das pequenas cousas do día a día. Tan fácil pero á vez tan difícil!

 

O alumnado de infantil e primeiro de primaria preséntanos a Yayoi Kusama

A primeira vez que escoitamos falar de Yayoi Kusama non tiñamos nin idea de quen era esa muller, agora case podemos dicir que é coma da familia ;)

Parabéns polo gran traballo e parabéns, Yayoi, polo 95 aniversario!

  

Acreditación Competencia Dixital para o alumnado de 4º de ESO

A Consellería pon a disposición do alumnado unha ferramenta para a adquisición de determinados niveis na competencia dixital, que a Unión Europea considera fundamental para poder incorporarse á vida adulta.

O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredita o nivel de iniciación.

O alumnado matriculado en 4º da ESO poderá facer unha proba específica, durante o mes de maio e con carácter voluntario, para a adquisición do nivel intermedio. A proba terá unha duración máxima de 90 minutos, cun total de 60 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía. Para superar a proba deberase responder correctamente a un 70% do total das preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas. A certificación terá unha validez de cinco anos.

Para que poidamos inscribir ao alumnado en ditas probas, as familias tedes que entregar asinado o documento anexo IV que se adxunta.

No seguinte enlace tedes un exemplo da proba:https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

Recital poético polo Día de Rosalía

O Departamento de Dinamización Lingüística conmemorou o Día de Rosalía cun recital poético.

 

Torneo de pimpón

Nesta semana tivemos a segunda xornada deportiva e de convivencia deste curso, no IES de Becerreá.

Parabéns ao alumnado de Primaria e da ESO polos logros e a participación nesta actividade!

E moitas grazas ao profesorado e á Xogade pola organización!

 

 

ENTROIDO 24

"O entroido a Cervantes chegou,

e todo o colexio moito trouleou!

Aquí tedes un bo resumo,

perdoade polo rebumbio!

Pasámolo de marabilla,

grazas a todos e a todas,

polas risas, os doces, o humor e a compañía!"

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer