slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9 slideshow 10 slideshow 11

VII Concurso de Traballo por Proxectos

Estamos de noraboa xa que resultamos entre os gañadores do VII Consurso de Traballo por Proxectos organizado pola Consellería de Educación.

O noso proxecto Cervantes 100xCIENcia, encádrase dentro da modalidade "Proxectos realizados con metodoloxía científica".

Noraboa polo traballo ó alumnado e profesorado do CPI! 

Se queredes saber máis, pinchade no enlace:

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1582

 

 

Tipos raros

 

 

    

     Comprácenos presentarvos o novo hit Tipos raros, un temazo composto por Seve, tamén coñecido artisticamente coma o lobishome dos Ancares.

Toda a comunidade educativa do CPI participou na gravación: alumnado, profesorado, CDR e ANPA mostraron o seu marabilloso facer, enchéndonos de orgullo e satisfacción.

O manexo da batería correu a cargo de Lord Pedrote e as guitarras de Rubén, músicos contrastados e desexados polas mellores bandas de rock duro, heavy metal e punk garajero.

Radio Castaña segue coas súas producións, contamos cos mellores artistas e convidados, non andamos con coñas.

 

Haiche moitos tipos raros pululando por eiquí,

todos saen pola noite.

Vóuvolos describir.

Charla "Árbores e madeira: berce da vida e da cultura"

O venres día 12 de novembro de 10:15 a 11:30 poderedes seguir a charla que impartirá o catedrático de enxeñaría agroforestal da USC Pablo Vila Lameiro no CPI de Cervantes.

Podédela seguir virtualmente a través da seguinte ligazón 

https://eduxunta.webex.com/meet/chusiadai

O número da reunión no caso de que volo soliciten é o 846601794

 

Fungos, castañas e cabazas no CPI de Cervantes

 

Conta a lenda que Seve sabe máis de cogomelos que David O Gnomo. Tivo a ben acompañarnos ese día pola mañá e explicarnos algúns dos seus segredos.

Xa cos pés mollados volvemos ó centro e vestímonos coas galas máis terroríficas, fixemos o lume para asar as castañas e repartimos os premios do concurso de cabazas e relatos.

Coma todos os anos Isabel fixo os seus exquisitos pasteis; comer comémolos pero a receita non a solta. Tamén veu Bichoso facer algo de tempo.

 

 Pasou o día pasou a romaría!

Eleccións Consello Escolar curso 21/22

Cada catro anos hai eleccións ó Consello Escolar. O ano pasado adiáronse ata este curso. O Consello está formado por representantes do alumnado, profesorado, familias e Concello.

O venres 29 de outubro ás 12:00 h realizarase un sorteo público entre o censo de nais e pais do alumnado matriculado. Sairá unha persoa titular e unha suplente, unha delas formará parte da xunta electoral que rexirá o proceso de renovación dos membros do Consello Escolar.

Representante das familias

- Mª José Mouriz Diéguez

Representante do profesorado

- Patricia Lorenzo Fernández

Do día 3 ao 12 de novembro está aberta a admisión de candidat@s.

Deberedes presentar o documento adxunto cuberto na secretaría do centro.

MINI-PROXECTO DE ARTE – VAN GOGH

O primeiro dos mini-proxectos de arte que imos facer este curso na aula de infantil e 1º de primaria foi “A noite estrelada”, de Vincent Van Gogh.

Encantounos combinar e misturar as cores, e logo de que secaran, ver o efecto que facía pintar con outra cor por riba. Tamén traballamos o trazo facendo rectiñas, puntiños, círculos… non sabíamos que fose tan difícil pintar!

Agardamos que vos guste o noso traballo!

vg1vg2vg3vg4

A visita dos Bolechas

Vaia sorpresa que levamos na aula de educación infantil e 1º de primaria!

Ao chegar á clase, agardábannos nas nosas mesas uns bonitos libros de Os Bolechas… Pero non uns libros calqueiras!

Tratábase duns libros personalizados da ANPA do cole nos que, a través das súas páxinas, fumos aprendendo moitas cousas sobre a igualdade, e ademáis, dun xeito moi divertido. Pasámolo xenial!

 

243

1 

Moitas grazas polo agasallo!

Noite de cinema no CPI de Cervantes

O CDR Ancares organizou unha noite de cine, con todas as letras: peli, bebida, palomitas, chocolate con churros e biscoito...

Tivemos que trasladala ó salón de actos pola chuvia, pero nos sofás da Chus estábase moi cómodo.

 

 

Grazas ó CDR e ás persoas colaboradoras, fenómen@s!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer