slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9 slideshow 10 slideshow 11

Festival de Nadal no CPI de Cervantes

Os Tipos Raros pasaron coma cada ano por Cervantes. Non sei se tanto agasallo collerá debaixo das árbores de tan bos que son estes rapaces.

Como di un sabio "Compartir es vivir", aí o deixo.

Bo Nadal!

 

 

Xornada de astronomía e programa especial en Radio Castaña.

Ola! Hoxe día 24 de outubro, a partir das 19:00 horas e ata as 00:30 h teremos no CPi de Cervantes unha xornada de astronomía. Unha fronte con nubes e choiva acampou no patio do cole, así que astros non sei se veremos moitos...

Ás 22:00 faremos un programa especial de radio a través da nosa emisora Radio Castaña. Picade na castaña, estamos no tempo, de abaixo para escoitalo. Se estades atent@s poderedes levar algunha sorpresa!

Ata despois!

Escoita o programa picando aquí.

 

Saída a Portomarín

Aproveitando a lectura do libro "O Misterio de Portomarín", de Antía Yáñez, o alumnado da ESO e 5º e 6º de primaria foi de roteiro literario pola vila de Portomarín e completaron un tramo do Camiño de Santiago.

E aproveitando o fermoso día que tivemos, @s de infantil, 1º, 2º e 3º fumos visitar as pontes e o Portomarín vello e o Museo da Historia de Automoción en Miniatura.

O mellor de todo foi pasar o día xuntos !!

 

Vémonos en Instagram!!

 

Queridas familias:

Co gallo de promocionar o traballo que facemos no noso (e voso) cole acabamos de crear unha consta de Instagram na que iremos subindo contido de xeito periódico.

Queremos pedir a vosa colaboración para publicitar a conta co fin de que chegue ao maior número de persoas posibles, así que seguídenos e recomendádenos á xente que pensedes que lle poida interesar.

Moitas grazas familias!! Vémonos no Instagram!!

 

Xa temos MURAL!!

 

Ola familias,

neste mes de setembro veu traballar ao cole a ilustradora Ana Santiso, que nos deixou un precioso mural inspirado na pintora María Antonia Dans dentro do proxecto IlustrarNós da Deputación de Lugo.

Encantounos !! Moitas grazas Ana polo teu traballo, pola túa amabilidade e por facer do noso patio un lugar moito máis fermoso.

Este é o vídeo time-lapse da creación do mural. A que mola?

 

 

Os animais que viven no CPI de Cervantes

Aquí vos deixamos co vídeo que servíu de referencia para a exposición que fixo o alumnado de primaria no IV Congreso Científico da Montaña (O Courel), no curso 2022/23.

 

Solicitude comedor escolar para o curso 23/24

Para solicitar o comedor escolar para o próximo curso, déixovos os seguintes documentos:

-Información xeral

-Como calcular a casiña referente á RENTA

-ANEXO: é o que tedes que presentar na secretaría do centro. Podédelo cubrir e imprimilo ou facelo a man.

 

PRAZO de PRESENTACIÓN: do 1 ó 4 de setembro

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer