FOLGA DE ESTUDIANTES

O seguimento da folga por parte do alumnado foi un éxito no noso centro. En Secundaria foi dun 90% e preto dun 75% en Primaria.

Noraboa a todos os pais e nais que loitan por un ensino público de calidade!!!

VÍDEO

No ENLACE poderedes ver un fantástico vídeo para toda a familia.

NOVIDADES!!

No departamento de Educación Plástica e Visual podedes ver os vídeos realizados polos alumnos do centro na área de Plástica. Esperamos que disfrutedes!!!.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

XA PODEN CONSULTAR OS HORARIOS DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS E HORARIOS DO EQUIPO DE ORIENTACIÓN DE SECUNDARIA EN "XEFATURA DE ESTUDOS".

MICROMOVIE

No enlace podedes acceder á micromovie realizada polos alumnos de 4º de ESO a finais do curso pasado. O proxecto levouse a cabo dentro do programa de Rede de Centros Solidarios do Plan Proxecta.

Esperamos que vos guste

ENLACE

LIBROS DE TEXTO 2013-2014

 Xa se poden consultar os libros de texto para o vindeiro curso. Pregámoslles presten atención ás notas ao pé. Poden consultar os listados picando no enlace ou accedendo a "Secretaría-Libros de Texto".

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DE 4º DE ESO

Aí vai unha foto da visita ao oceanográfico de Valencia con algúns dos seus habitantes

Máis fotos en Galería, "Valencia"

EXAMES PROBA EXTRAORDINARIA SETEMBRO 2013

Xa se poden consultar os exames de setembro picando no enlace ou accedendo a Xefatura de Estudos- Calendario de Exames- Setembro.

Para calquera dúbida poden chamar ao 981 80 22 05

E CHEGOU O GRAN DÍA!!!

O acto central do festival foi a obra de teatro a cargo do alumnado de PDC que tivo moi boa acollida entre o público, e aproveitamos dende aquí, para felicitar aos actores pola súa performance

Outra actuación interesante, foi o concerto con aqueles instrumentos tan peculiares...

O acto finalizou sobre as 12:30 despois dun refrixerio que compartiron pais, nais, alumnado e profesorado

FELIZ VERÁN A TODOS!!!

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O vindeiro venres 21 de xuño o centro organiza un pequeno festival para despedir o ano escolar. Entre as actividades previstas, cabe destacar unha actuación musical un tanto particular que se estaba hoxe a preparar... Observade os instrumentos...

Esperamos que pais e nais se acerquen para compartir co alumnado este último día do curso.

E ao finalizar, PINCHOS para todos!!!

Powered by Drupal - Design by artinet