O 60% do profesorado exerceu o seu dereito á folga e o 88% do alumnado non acudiu ao centro
Aspecto que presentaba a maioría das aulas o xoves 9 de maio
O 60% do profesorado exerceu o seu dereito á folga e o 88% do alumnado non acudiu ao centro
Aspecto que presentaba a maioría das aulas o xoves 9 de maio
O alumnado de Educación Primaria disfrutou dun día espléndido polas Brañas de Laíño o pasado venres
Máis fotos en "Primaria", 3º ciclo
AS MANUALIDADES FEITAS POLOS NOSOS ALUMNOS DE PRIMARIA E 3º PDC SERÁN POSTAS Á VENDA NA FEIRA DA PRIMAVEIRA NA RÚA DE SAN PEDRO (SANTIAGO DE COMPOSTELA) QUE SE VAI CELEBRAR O VINDEIRO SÁBADO DÍA 4 DE MAIO.
OS ENCARGADOS DE VENDELAS SERÁN OS RESPONSABLES E VOLUNTARIOS DO “REFUXIO DO BANDO” E OS CARTOS RECADADOS ADICARANSE ÁS NECESIDADES DOS ANIMAIS DO PROPIO REFUXIO.
ADEMAIS DESTE MERCADIÑO SOLIDARIO HABERÁ A TRADICIONAL FEIRA ARTESANAL E DISTINTAS ACTIVIDADES FESTIVAS EN TORNO AOS MAIOS.
O HORARIO DO MERCADIÑO SERÁ DE 12:00 A 21:00 HORAS.
PASÁDEVOS E DESFRUTADE!!!
Por mor da festividade do primeiro de maio, as clases de reforzo de secundaria do mércores día 1 pasarán a ser impartidas o venres 3 en horario de 16:00 a 18:00 horas.
Grazas
O luns 22 de abril, o centro contou coa presenza de Xosé Neira Vilas co motivo da clausura da exposición adicada ás "Memorias dun neno labrego". Trala súa intervención, o alumnado tivo a oportunidade de formularlle algunhas preguntas.
O acto contou coa presenza do alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín (á esquerda do escritor), así como do Secretario Xeral de Política Lingüística (á esquerda do alcalde), Valentín García. Á dereita do autor, o director do centro Rafael Ruanova.
O pasado venres 19 de abril, 2 alumnos de 2º da ESO acudiron á olimpiada galega de matemáticas
Arriba, Lucas Calvo Dios e Alba Oliveira Baleirón ante a facultade de Ciencias da Educación momentos antes de entrar a realizar as probas
Augamar é o título dun cadro elaborado polo alumnado de 1º A no marco da actividade "O ciclo da auga"
Arriba, o alumnado de 1º A posando ante o seu traballo artístico
Estudo do ciclo da auga polo alumnado de 1º de Educación Primaria (grupo A)
O alumnado de 1º A posa debaixo da representación do ciclo da auga que el mesmo elaborou
Interesante exposición no edificio de Secundaria para coñecer os seres vivos do entorno do centro
Especies en perigo de extinción, vulnerables, invasoras...
¡Acercádevos!
¡Bótalle un vistazo ás actividades realizadas polo alumnado de primaria no laboratorio co motivo da celebracón da semana da auga!
(Apartado de "Primaria", 1º ciclo)
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |