Novas

AXUDAS DO CONCELLO

O concello de Dodro ofrece ás familias axudas económicas á escolaridade e  para a adquisición de equipos informáticos:

NOVA APLICACIÓN DO CONCELLO:LÍNEA VERDE

Aplicación móbil disposta polo Concello de Dodro:  Este servizo denominado LIÑA VERDE establece unha canle directa de comunicación co Concello para informar sobre os desperfectos localizados no municipio. Favorece o uso das “boas prácticas” medioambientaies e en consecuencia, no desenrolo dun municipio sostible.

Esperamos que sexa de utilidade.

Grazas a tod@os por colaborar!!

+ INFORMACIÓN

ORDE DO 2 DE MARZO DO 2021 RELATIVA Á AVALIACIÓN

No enlace poden acceder á ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

ORDE 2 MARZO 2021

REPARTO DE FROITA

A primeira quenda de reparto de froita no noso centro foi realizado no mes de xaneiro.

Aquí tedes unha mostra do alumnado de ESO participando neste programa da Consellería no se realiza a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares:

 

BO NADAL

 

 

Este curso máis que nunca queremos desexar a toda a comunidade educativa un moi bo Nadal e unha entrada de ano que nos permita ir, pouco a pouco, recuperando a normalidade nas nosas vidas que tanto precisamos.

O alumnado de 1º de ESO e de 5º de EP é o encargado de trasladar estes bos desexos cuns preciosos vídeos:

Desexamos que o desfruten.

ENLACE AO VÍDEO ESO

ENLACE AO VÍDEO EP

BO NADAL

 

 

PATIOS DINÁMICOS CURSO 20-21

A partires do día 5 de novembro reiniciamos as actividades dos Patios Dinámicos iniciados o curso pasado e adaptados o presente curso á situación epidemiolóxica actual.

Continúa a colaborar con nós  a Asociación AMICOS aportando xogos variados e adaptados, repartidos por diferentes zonas do patio e publicados con anticipación no PANEL DOS PATIOS. Estes xogos invitan a xogar e desfrutar de xeito colaborativo, cooperativo e integrador.

 

AXUDAS DO CONCELLO

O concello de Dodro, dende o Departamento de Servizos Sociais, oferta axudas económicas á escolaridade. No cartel poden ver toda a información.

 

 

 

CLASES DE REFORZO NO VERÁN

 

O Concello de Dodro organiza clases de reforzo educativo para o verán. 

Poden ver a información no cartel adxunto.

 

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NO CONCELLO

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS DENDE O CONCELLO DE DODRO

 

Imos construír unha CÁPSULA DO TEMPO coas palabras da nosa lingua que queremos preservar para o futuro.

 

Envíanos un vídeo, audio ou texto coa túa palabra e explícanos a escolla. Compartiremos as achegas no Facebook do Concello e con elas deseñaranse uns marcapáxinas que serán distribuídos dende a Biblioteca Municipal.
Enviade por:

 

-Mensaxe de Facebook.

 

-No voso Facebook, Instagram ou Twitter co cancelo #LetrasEnDodro

 

-cultura@dodro.gal

 

630744148

Powered by Drupal - Design by artinet