Novas

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS 2018

Publicado o borrador da Orde de 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

ENLACE INFORMACIÓN

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

No enlace a Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

  • Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

ENLACE PROBAS SECUNDARIA

 

 

No enlace xúntase a Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para á súa realización.

  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 23 de febreiro e o 9 de marzo de 2018.
  • A proba realizarase o día 20 de abril de 2018 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

ENLACE PROBAS BACHARELATO

 

CONCURSO LOGOTIPO ANPA DE DODRO

BASES DO CONCURSO

A ANPA de Dodro en colaboración co C.P.I Eusebio Lorenzo Baleirón e C.R.A de Dodro convoca un concurso para a creación do LOGOTIPO destinado a ser a imaxe representativa da asociación. O deseño debe ser acorde para a súa utilización en papel, WEB ou soportes multimedia.

 

1.       PARTICIPANTES.

Poderán participar tódolos alumnos matriculados no curso 2014/2015 no C.P.I Eusebio Lorenzo Baleirón ou calquera das unitarias do CRA de Dodro. Os participantes deberán presentar una única proposta, que deberá ser orixinal e inéditas.

 

2.       CONTENIDO DO DESEÑO.

O contido das obras presentadas estará composto unicamente polo logotipo, sen outro adorno nin accesorio.

 

3.       PRESENTACIÓN DO DESEÑO.

O formato a presentar deberá ser en papel e o tamaño máximo será formato folio A4. Ningún traballo poderá estar firmado nin levar señas que poidan identificar o seu autor.

 

4.       PRAZO E ENTREGA.

Prazo de entrega: Ata o 16 de Xaneiro de 2015.

A entrega de traballos farase mediante entrega en man en sobre cerrado ó titor de cada curso indicando no sobre “Concurso Logotipo ANPA”, sen outra identificación e estes entregarán os sobres recibidos a calquera dos membros da xunta directiva da ANPA.

 

5.       DOCUMENTACIÓN A APORTAR.

No sobre cerrado deberá achegarse:

-          Proposta de deseño.

-          Papel no que figuren os seguintes datos:

o   Nome e apelidos do participante.

o   Curso no que está matriculado.

o   Centro no que está matriculado.

 

6.       XURADO.

O xurado será elixido pola Xunta Directiva da ANPA.

 

7.       ELECCIÓN DO RESULTADO POR PARTE DO XURADO.

O prazo para facer público o resultado do concurso dependerá do número de propostas presentadas.

A elección do xurado será definitiva.

 

8.       PREMIOS.

-          Farase entrega de un vale desconto en material escolar ó gañador

-          Entregarase un pequeno detalle a todos os participantes

-          O gañador terá a satisfacción de ver que o seu deseño foi o elixido como imaxe representativa da ANPA. 

 

9.       PROPIEDADE INTELECTUAL.

-          O gañador cede tódolos dereitos en relación co traballo feito e presentado, polo que a ANPA de Dodro pasará a ser propietaria de tódolos dereitos de propiedade intelectual que puideran corresponderlle en relación co deseño, así como calquera outros que lle puidesen corresponder. A propiedade, uso e dereitos do traballo gañador quedarán reservados exclusivamente á ANPA de Dodro.

-          Da mesma maneira, tódolos participantes, incluído o gañador/a, ceden os dereitos de manipulación, edición, exposición e reprodución.

 

10.    TRABALLOS NON PREMIADOS.

Estes traballos serán conservados pola ANPA para o seu uso en caso necesario.

 

11.    PRESENTACIÓN DO LOGOTIPO GAÑADOR.

O resultado pasará a ser o logotipo oficial da ANPA desde o momento en que se comunique o gañador e notificarase na páxina web da ANPA e do CPI.

 

12.    ACEPTACIÓN DAS BASES.

A participación no Concurso leva implícita a aceptación de tódalas súas bases e a decisión do xurado. Toda cuestión non prevista nas presentes bases será resolta polo Xurado, comunicándose a cada participante a decisión que corresponda.

 

¡¡¡¡¡¡¡ ÁNIMO E SORTE PARA TODOS OS PARTICIPANTES!!!!

Eleccións ó consello escolar no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón

O vindeiro dia 26 de novembro, en horario de 09:00 a 17:15,  é o día elexido para as votacións do consello escolar do CPI Eusebio Lorenzo baleirón. As votacións faranse na conserxería do colexio. Os pais que se presentaron como candidatos son:

* José Ramón Abuín Rial
* Salomé Garrido Soto
* Gema Labandeira García
* María Rial Rivas


Agora solo falta que o 26 todos os pais dos nenos do CPI aporten o seu gran de area e vaian votar por DOUS dos candidatos para representar ós pais no consello escolar durante os próximos 4 anos.

Eleccións ó consello escolar no CRA de Dodro

O vindeiro dia 25 de novembro é o día elexido para as votacións do consello escolar do CRA de Dodro. As votacións faranse na escola unitaria de Imo. Os pais que se presentaron como candidatos son:

Rita Bugallo González
Ángel Jamardo Rey

Agora solo falta que o 25 todos os pais dos nenos do CRA aporten o seu gran de area e vaian votar por un dos candidatos para representar ós pais no consello escolar durante os próximos 4 anos.

Cambio de local na actividade de DEFENSA PERSONAL

Comunicamos que recibimos por vía telefónica a confirmación por parte da Xunta de Montes de que nos denegan o Salon de Actos da Paxareira para as actividades que tiñamos programadas. A ver se cando no lo confirmen por escrito detallan o motivo de porqué o denegan.

Gracias Xunta de Montes pola vosa axuda!!!

NORMAS PARA AS AULAS ABALAR

 

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

CPI Eusebio Lorenzo Baleirón

 

NORMATIVA DE USO, GUÍA DE MANTEMENTO E COIDADO DO ULTRAPORTÁTIL E DOS ELEMENTOS DA AULA ABALAR:

 

 

O alumnado ao que vai dirixido deberá cumprir e respectar en todo momento esta normativa de uso , sabendo que o incumprimento da mesma acarreará, ademais da perda dos privilexios de uso, calquera das sancións que se establecen no Regulamento de Réxime interno e mesmo sancións económicas se chegara o caso.

 

As sancións que se poderán contemplar, en función da gravidade da falta ou incumprimento da normativa serán, entre outras, as que a continuación se sinalan:

 

- Unha sanción económica que se determinará en cada caso tendo en conta a natureza e gravidade do desperfecto causado.

- Calquera outra aprobada polo Consello Escolar e que se inclua no R.R.I do centro.

 

O uso dos equipos informáticos está suxeito á seguinte normativa:

 

1. Antes de coller o portátil do armario de carga, os alumnos

deixarán as súas mesas libres.

 

2. Cada alumno recollerá o portátil do armario de carga por orde para facilitar a identificación do ultraportátil que lle corresponde. En ningún caso se acudirá ao armario en grupos para evitar aglomeracións que deriven en posibles caídas dos equipos.

 

3. Sempre se collerá o ultraportátil coas dúas mans.

 

4. Cada ultraportátil será de uso exclusivo de cada alumno que será responsable do mesmo. O ultraportátil levará unha etiqueta identificativa co obxecto de determina-lo usuario.

 

5. O alumnado non acenderá o ultraportátil ata recibir a orde expresa do profesor/a.

 

6. Non se colocarán obxectos de ningunha clase sobre o ultraportátil.

 

7. Cando o profesor teña que interromper o traballo do alumnado para dar unha explicación, baixaranse as tapas dos ultraportátiles sen chegar a pechalos de xeito que non entren en estado de suspensión.

 

8. Cada alumno/a terá un nome de usuario/a co seu contrasinal respectivo co fin de facilitar o rexistro da súa actividade.

 

9. Cada alumno/a será responsable do correcto mantemento do escritorio, carpetas e arquivos da súa conta.

 

10. Cada alumno/a será responsable de gardar o traballo e de apagar correctamente o ultraportátil ao finalizar a clase.

 

11. O alumnado devolverá o ultraportátil ao lugar que lle corresponde asegurándose de que queda conectado ao cargador. Irá por orde evitando aglomeracións.

 

12. Está prohibido sacar o equipo da aula.

 

13. Para gardar o seu traballo cada alumno debe dispor dun lapis de memoria que funcionará a xeito de mochila electrónica.

 

14.Cada alumno/a recibirá un contrasinal de uso que non deberá facilitarlle a ninguén, sendo a súa responsabilidade mantelo en segredo.

 

15. Cando se produza unha incidencia no manexo do portátil e o alumno/a precise axuda do profesor, procurará non interromper o traballo nin as explicacións que nese momento se estean a desenvolver na aula de clase.

 

16. A utilización da conta doutra persoa estará suxeita ás sancións disciplinarias establecidas no Regulamento de Réxime Interno.

 

17. Calquera intento de danar equipos, materiais, datos ou programas, será sancionado polo Regulamento de Réxime Interno do Centro. O vandalismo terá como consecuencia a obriga de reposición dos costos orixinados pola reparación do hardware, software, ou sistema e ás sancións previstas no RRI.

 

18. Están prohibidos os intentos de ver, copiar, modificar ou interferir o correo electrónico ou os ficheiros doutros usuarios. O incumprimento desta norma será obxecto das sanción disciplinarias que se contemplan no Regulamento de Rexime Interior do centro

 

19. O alumnado non poderá acceder a páxinas web non autorizadas polo profesor/a.

 

20. Cando o ultraportátil dun alumno estea avariado, deberá de seguirse a clase con outro compañeiro.

 

21. As avarías provocadas non están cubertas pola garantía, polo que se o servicio técnico comproba que a avaría non foi fortuíta, será o alumno o que terá que pagar o custe da mesma.

 

5.- DIRECTRICES E PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS

 

O usuario/a que viole as directrices e os procedementos administrativos, estará suxeito/a á suspensión temporal ou definitiva dos seus dereitos de utilización do ultraportátil e da rede/sistema, e estará suxeito/a ás correspondentes sancións disciplinarias, recollidas no Regulamento de Réxime Interno ou nos procedementos legais oportunos.

 

O ULTRAPORTÁTIL É UN INSTRUMENTO DE TRABALLO ESCOLAR Ó QUE SE TEN ACCESO POLO FEITO DE PARTICIPAR NO PROXECTO ABALAR.

O ALUMNADO E OS SEUS PAIS OU TITORES LEGAIS ADMITEN DENDE UN PRINCIPIO AS NORMAS ESTABLECIDAS PARA O SEU USO E, QUE O INCLUMPRIMENTO DAS MESMAS, PODE SER OBXECTO DALGÚN TIPO DE SANCIÓN.

 

AS SANCIÓNS QUE SE PODERÁN CONTEMPLAR, EN FUNCIÓN DA GRAVIDADE DO INCLUMPRIMENTO SON:

 

UNHA SANCIÓN ECONÓMICA QUE SE DETERMINARÁ EN CADA CASO TENDO EN CONTA A NATUREZA E GRAVIDADE DA DESPERFECTO CAUSADO.

CALQUERA OUTRA APROBADA POLO CONSELLO ESCOLAR E QUE SE INCLUA NO NOF DO CENTRO.

 

Horarios de atención aos pais/nais

DURANTE O CURSO 2022-2023 OS PAIS/NAIS/TITORES DOS ALUMNOS/AS DE PRIMARIA DO C.P.I. EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN PODERÁN SER ATENDIDOS POLOS TITORES E PROFESORES SEGUNDO O SEGUINTE HORARIO:

Os venres de 13:35 a 14:20

1º EP: Titora Raquel Cendán

2ºEP: Titora  Beatruz Durán

3ºEP: Titora Marta Blanco

4ºEP: Titora Margarita Cobas

5ºEP: Titor Candela Rodríguez

6ºEP: Titora Daniel Penelas

DURANTE O CURSO 2021-2022 OS PAIS/NAIS/TITORES DOS ALUMNOS/AS DE SECUNDARIA DO C.P.I. EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN PODERÁN SER ATENDIDOS  POLOS TITORES E PROFESORES SEGUNDO O SEGUINTE HORARIO:

HORARIO DOS TITORES DOS GRUPOS:

1º ESO A : MÉRCORES 10:40-11-25 ( Titora Mª José Morlán )

1º ESO B: MARTES 11:25-12:10 ( Titora Dolores Piñeiro )

2º ESO  : LUNS de 11:35 a 12:10 (Titor Xoán Bautista Mariño)

3º ESO: VENRES 10:50-11:35 (Titora Susana Presas )

4º ESO :  XOVES 10:40-11:25 ( Titora Margarita González)

HORARIO DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS DO RESTO DO PROFESORADO DE ESO:

Ana Fernández (Tecnoloxía 2º, 3º E 4º ):

Loli Piñeiro ( Bioloxía 1º, 3º e 4º, Física e Química  3º e 4º):  

Margarita González (Lingua Castelá 1º, 2º,3º e 4º):

Manuel Quintás (Inglés 3º e 4º, Oratoria 1º, Valores Éticos 4º): 

Manuel Álvarez (Plástica 1º,3º e 4º, Economía 4º): 

Mª José Morlán (EF 1º,2º,3º e 4º): 

Xoán Bautista Mariño (Francés 1º,2º,3º, Valores Éticos 1º, 2º e 3º,  ITI 2º, Latín 4º ):

Xiao Somoza (Música 2º,3ºA, 3º B, 4º ESO e TIC 4º): 

Charo Sorribas (Matemáticas 1º, Física e Química 2º, Física e Química 3º A E 3º B): 

Cachicha (Ingles 1º, 2º , reforzo de linguas 1º e 2º):  

Ana Ledo (Lingua Galega 1º, 2º , 3ºA, 3º B, 4º ): 

Manuel Lamas ( Xeografía e Historia 1º, 2º ,3ºA, 3ºB, 4º, Cultura Clásica 3º): 

Susana Presas (Matemáticas 2º, 3ºA , 3ºB, 4º de ESO):

HORARIO DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS DO EQUIPO DE ORIENTACIÓN:

Mª Jesús Torrado ( orientadora) : VENRES 09:00-09:45

Nuria Carballude ( PT Secundaria): LUNS 11:25-12:10

Mª Esther Carballo ( PT Primaria): VENRES  13:35-14:20

 

 

 

Pregámoslles pidan cita cuns días de antelación.

En caso de non poder contactar para a entrevista  neste horario, pódense poñer en contacto coa conserxería do centro para pedir cita noutro horario a través do teléfono 881867041.

 

Powered by Drupal - Design by artinet