Skip to Content

Sábado 24 novembro: convocatoria 2 asembleas seguidas

A ANPA do CPI Ramón Piñeiro convoca dúas asembleas o sábado 24.
A primeira, XERAL E ORDINARIA, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria.
A segunda, EXTRAORDINARIA, terá lugar ás 12:30 horas en primeira convocatoria.

As asembleas están ABERTAS A TODOS; poden asistir os pais, nais e titores de alumnos aínda que non sexan socios da ANPA.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Convócase Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Nais e Pais de Alumnos a celebrar o vindeiro sábado 24 de novembro de 2018, no local da planta baixa do Concello de Láncara (antigo Centro Médico, Avenida Rosalía de Castro 17), na Pobra de San Xiao ás 11:00 horas en primeira convocatoria, e ás 11:30 horas en segunda convocatoria, no mesmo lugar, coa seguinte orde do día:

1- Lectura e aprobación das actas das asembleas extraordinarias anteriores (10/03/2018 e 15/04/2018).
(As actas están a disposición de todos os socios previa solicitude.)

2- Informe da Xunta Directiva.

3- Informe de Tesourería. Presentación das contas anuais.

4- Informe da representante da ANPA no Consello Escolar.

5- Informe da Comisión de Actividades.

6- Elección de Secretario/a.

7- Rogos e preguntas.

8- Asuntos de urxencia.

Atentamente, a Xunta Directiva.

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Convócase Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación de Nais e Pais de Alumnos a celebrar o vindeiro sábado 24 de novembro de 2018, no local da planta baixa do Concello de Láncara (antigo Centro Médico, Avenida Rosalía de Castro 17), na Pobra de San Xiao ás 12:30 horas en primeira convocatoria, e ás 13:00 horas en segunda convocatoria, no mesmo lugar.

Punto único: Votación da modificación dos Estatutos.
(Os socios recibirán o documento coas modificacións para a súa información).

Atentamente, a Xunta Directiva.

Máis información:
Ángela Muñoz 608 89 89 01 - Mª José Fernández 691 17 56 50
Begoña González 636 89 40 47 - Montse García 680 44 40 45

Sitio web cos eventos da ANPA CPI Ramón Piñeiro



page | by Dr. Radut