Skip to Content

Club de ciencia

VISCOSIDADE DE FLUIDOS

 EXPERIMENTO 4º PRIMARIA, XUÑO 2022

Dentro do Programa “Unha enxeñeira ou científica en cada cole”, chamounos a atención o experimento de Física Divertida: Viscosidade de fluídos.

Precísase:

-      Recipiente de plástico, vaso dosificador, 320 ml de fariña de millo, 120 ml de auga, papel de periódico, papel de cociña (para limpar) e toalliñas húmidas (para limpar)

O noso é un fluído non newtoniamo (a viscosidade varía coa forza aplicada)

Proceso:

1º- Protexemos a superficie na que imos traballar con follas de periódico.

2º- Medimos a cantidade de fariña de millo e de auga.

3º- Introducimos a fariña no táper, imos engadindo a auga pouco a pouco e mesturamos coas mans ata que a mestura sexa homoxénea.

4º- Se metemos a man, collemos e soltamos aplicando unha forza pequeña, funciona coma un fluído.

5º- Se aplicamos unha forza grande coa man, funciona coma un sólido e non salpica nada de nada.

Para ilustrar este experimento aportámosvos un vídeo que gravou Sara na súa casa.

 

 

VOLCÁN EN ERUPCIÓN

EXPERIMENTO DE 4º PRIMARIA, MAIO 2022 

Precisamos: Plastilina negra, branca e verde; unha culler; auga; vinagre; bicarbonato; xel e colorante.

-   Proceso:

1º- Colocamos periódicos sobre a mesa.

2º- Amasamos a arxila e moldeamos un volcán con forma cónica.

3º- Facemos un cráter cunha culler.

4º- Poñemos arredor do cráter bólas aplastadas de plastilina branca.

5º- Colocamos cara abaixo, como regueiros de lava, churros aplastados de plastilina negra.

6º- Na base do volcán decoramos con plastilina verde.

7º- Botamos no cráter a mestura da auga, o vinagre, o xel e o colorante.

8º- Finalmente engadimos o bicarbonato e…

        COMEZA A ERUPCIÓN ! 

Ao mesturar vinagre (ácido) co bicarbonato de sodio (base) reaccionan e transfórmanse en auga, acetato de sodio (sal) e dióxido de carbono (gas). O dióxido de carbono é o responsable de que se formen as burbullas da erupción do volcán.

 

Experimento "Unha apócema de bruxas"

experimento

ALUMNOS DE INFANTIL. [novembro 2021]: "Unha apócema de bruxas"".

Experimento "Electricidade estática"

experimento

ALUMNOS DE INFANTIL. [xuño 2021]: "Electricidade estática"". Con uns globos hinchados con bombín, respetando as medidas de seguridade,  despois de fregalos contra a nosa roupa, conseguimos levantar uns bonecos de papel de seda

Experimento "Xogamos con luz negra"

experimento

ALUMNOS DE INFANTIL. [maio 2021]: "Xogamos con luz negra"". Estes días estivemos pintando con marcadores fluorescentes en cartolina negra, case non se vía nada, pero ao apagar as luces e iluminar os debuxos con lanternas de luz negra, puidemos observar como brilaban!! Tamén experimentamos con témpera fluorescente, pintando as mans, en cartolinas...

Experimento "Crema hidratante eco"

Experimento

ALUMNOS DE 6º de PRIMARIA [maio 2021]: "Crema hidratante eco"

Experimento "Choiva artificial"

imaxe

ALUMNOS DE INFANTIL [maio 2021]: "Choiva artificial"": cun bote de cristal, auga, espuma de afeitar e auga con colorantes, creamos o efecto dunha chuvia de cores

EXPERIMENTO: CRISTALIZACIÓN DO SAL (3º PRIMARIA, MAIO 2021)

1.- Nun recipiente, poñemos un terzo do seu contido de auga.

2.- Engadimos tanto sal como admita a auga (cando o sal deixe de disolverse, non se engade máis) e remexemos ben.

3.- Deixamos repousar a disolución, sen tapar, durante uns días.

4.- Observamos  as partículas coa axuda dunha lupa.

Videoconferencia coa Axencia Espacial Europea

Despois de estudar a Terra e o Sistema Solar durante este curso, a clase de 5º Curso de Educación Primaria do CPI Ramón Piñeiro seguiu alimentando o seu interese con todas as novidades que, ao longo do curso escolar, apareceron nos informativos e nos xornais. Para conseguir unha mellor comprensión dos misterios que garda o espazo, nos dous primeiros trimestres, foise fraguando a posibilidade de conseguir unha videoconferencia con Don Arturo Fernández González (Asturias), enxeñeiro industrial, Xefe da Sección de Electrónica de Potencia da Axencia Espacial Europea , ESA, con sede en Leiden (Holanda). Este longo período de tempo permitiulles incorporar preocupacións totalmente actualizadas sobre os novos éxitos na aventura espacial deste século XXI, así como preguntas sobre o acceso igualitario das mulleres a postos de relevancia nestas organizacións internacionais e recompilar información sobre o acceso a os mesmos. Un grupo de estudantes de 4ª curso da E.S.O. foi convidado a esta videoconferencia e apreciaron moito a experiencia.

 

Texto da entrevista
Presentación

EXPERIMENTO: A MATERIA E AS SÚAS PROPIEDADES

Experimento “A materia e as súas propiedades” (3º de Primaria, abril 2021)

1.- Coa axuda dunha báscula de cociña e dunha xerra graduada, medimos a masa e o volumen dun obxecto sólido que o alumnado trouxo das súas casas (propiedades xerais da materia).

2.- Observamos tamén as propiedades específicas dos obxectos (dureza, flexibilidade, transparencia, elasticidade e fraxilidade).

3.- Elaboran unha ficha, cos datos recollidos, de cadanseu obxecto.

Distribuir contenido


by Dr. Radut