Skip to Content

Música

ACTIVIDADES 6º CURSO

https://www.youtube.com/watch?v=IbgOcXar9UA

https://www.youtube.com/watch?v=5BabXHRIZqU

 Ola a todos meus alumnos de 6º. ¿Qué tal o levades?. Agardo que vos atopedes ben tanto vosoutros como as vosas familias e ánimo que xa nos queda menos.

 Para que non vos esquezades da música, propóñovos que repasemos as tonalidades escoitando primeiro a explicación que tedes no primeiro enlace para logo facer solamente un par de escalas das que figuran na ficha que vos adxunto.

 No segundo enlace escoitaredes unha peza moi sinxela para tocar coa flauta pero non hai que tocar moito tempo senón pode ser unha tortura adicional para vosos pais nestes día de confinamento. Seguide atentos á esta páxina porque irei subindo algunha outra cousa máis divertida.

 Este é o meu correo por si tedes algunha dúbida

                                         pacosarria@yahoo.es

Saúdos e ánimo.

 

ABRIL 13-17

 Ola outra vez e conto que nos manteñamos todos sen novidades en canto á saúde me refiro. Deixovos hoxe  unha ficha para que vaiades facendo escalas menores e, a maiores, póñovos un enlace para que, nesta ocasión, practiquedes ritmos coas dúas mans (as da liña de arriba coa man dereita e as da liña de abaixo coa esquerda). Un saúdo.

https://www.youtube.com/watch?v=-9I-aMAK4v4

 

ABRIL 20-24

  Ola chic@s, hoxe estaredes contentos dado que xa sabedes que enseguida poderedes saír a dar unha voltiña. Mentras e non, a ver si vades facendo a ficha que vos deixo máis abaixo. Por si alguén non se lembra de cando a fixemos na clase, que é o máis probable, debedes subir ou baixar os tons ou semitóns que vos manda segundo sexa o sinal + ou - e poñer a nota que correspondería. Intentade tamén facer o ritmo que propón o rapaz do seguinte vídeo, aínda que solo sexa a primeira parte. Un saúdo.

https://www.youtube.com/watch?v=_BQJeW_o5jM

 

ABRIL 27-30

   Ola a todos. ¿ Qué tal as primeiras saídas despois de tanto tempo ?.

   Non teño noticias vosas, salvo algunha excepción, de como van os traballos de música. De todos os xeitos, para os que xa fixerades as escalas das semanas anteriores , hoxe propoño facer solamente a ESCALA DE FA# M (fa sostenido maior). Faise igual que todas as outras solamente que esta empeza polo fa# e ese sostenido no se pode quitar a esa nota cando fagamos a escala. No enlace de abaixo tedes outra clase de frauta para aprender a colocar o SI doutra maneira diferente a como o viñamos facendo (algún día falamos en clase desta 2ª posición do SI). Facede a escala na libreta de música e se alguén non ten, que faga un pentagrama nun folio. Saúdos.

https://www.youtube.com/watch?v=olyc7deBHaY

 

   MAIO 4-8

   Ola outra vez.

   Nestes últimos días de confinamento case total, houbo moito tempo para pensar e, de súpeto, decateime que os meus alumnos de 6º non querían saber nada de mín posto que agás nun só caso, ninguen se comunicaba conmigo. Que pena me deu!, pero bueno, o caso e ter saúde non sí?.

   Este ano 2020 cúmprense 250 anos do nacemento dun grandísimo compositor : BEETHOVEN. En moitos lugares están a celebrar actos de conmemoración deste aniversario e por iso propoño que vos informedes un pouco sobre este personaxe. Deixovos un enlace a un artigo de prensa para que o leades  e tamén a un vídeo moi curioso. Estaría moi ben que ademais escoitarades algunha composición, por exemplo a 9º sinfonía e a ver se recoñecedes algún fragmento.

   Xa me contaredes......espero.

  Un saúdo.

 

https://vanguardia.com.mx/articulo/2020-el-ano-de-beethoven-la-novena-un...

https://www.youtube.com/watch?v=X8EDmXJT9QQ

 

MAIO 18-22

 

 Ola chicos, antes de nada, disculpas polo retraso pero ata este momento, que me preguntou Yani se non subira nada á páxina, non me decatei de que , efectivamente, non figuraba tarefa ningunha para esta semana, cando en realidade xa as puxera o luns. Supoño que me esquecín de darlle a gardar pero bueno, un fallo teno calqueira, ou non?.

   Deixo dúas fichas e, nunha delas fala do calderón e non estou seguro de que faláramos del na clase pero ten unha explicación moi sinxela na propia ficha e vades a entendela perfectamente. Tamén poño un enlace para practicar ritmos. Se alguén o ten a ben, pódeme enviar un vídeo coa execución do ritmo cando o teña ben ensaiado. Animádevos.

 

Saúdos.

https://www.youtube.com/watch?v=-JAfLhrlNck

 

MAIO 25-29

 

  Ola, benvidos outra vez a este rincón da páxina do cole. Nesta última semana poucas noticias tiven de  vós. Non saen os ritmos ou qué?.

   Subo outra ficha e deixamos os ritmos e imos ver si apreciamos o que se pode facer con ese instrumentos que todos temos que é a voz. Deixo tres enlaces para escoitar distintas versións dunha mesma peza. No último deles escoiataremos a versión orixinal.

 

   Saúdos.

https://www.youtube.com/watch?v=gdVjVtpr55M

https://www.youtube.com/watch?v=KXJNLb71VH4

https://www.youtube.com/watch?v=NAEppFUWLfc

 

 

   XUÑO

 

   BO VERÁN PARA TOD@OS!!!

ACTIVIDADES 5º CURSO

https://www.youtube.com/watch?v=5BabXHRIZqU

https://www.youtube.com/watch?v=9WqztSKaMRo

 Ola a todos, como supoño e desexo que vos atopedes fenomenalmente, suxírovos estes dous enlaces para practicar algo coa frauta, pero non moito que vosos pais xa teñen bastante con esta reclusión forzosa. Facede o que poidais. Tamén vos deixo unha ficha moi sinxela pero coidado coas semicorcheas que valen a metade das corcheas (lembrádevos da pizza). Para calquera cousa o meu correo é pacosarria@yahoo.es.

 Un saúdo e paciencia que logo nos vemos.

 

ABRIL 13-17

 Ola a todos de novo. Agardando que estedes ben, deixovos unha ficha e un enlace para que esta semana practiquedes ritmos aínda que sen aparcar a frauta. No vídeo debedes acompañar a música con palmas segundo se poñan de cor as figuras musicais. Hai que intentalo varias veces e, xa sabedes, nas semicorcheas hai que apurar para tocar as catro nun só pulso. Lembrade o significado da dobre barra con dous puntos. Un saúdo.

https://www.youtube.com/watch?v=g5r8WH4QNwg

 

ABRIL 20-24

  Ola alumn@s de 5º, ánimo que na vindeira semana xa podedes sair un pouquiño.

Para estes días procurade facer a ficha de máis abaixo onde tedes qu poñer nome ás notas e, ademais, no exercicio de abaixo debedes poñer nos cuadriños V (de verdadeiro) ou F (de falso) segundo corresponda. Para non aburrirse, practicade tamén os ritmos do seguinte vídeo. Un saúdo.

  https://www.youtube.com/watch?v=um0aM4rhcgg

 

ABRIL 27-30

   Ola muchach@s. ¿Contentos de poder sair por fin ?.

   Desta vez coloco aquí debaixo un enlace para que escoitedes ritmos e premades nuha das dúas opcións que vos poñen debaixo. A ver si  conseguides facer os tres niveis sen fallos . Tamén deixo unha ficha para colocar os acentos ( sempre no primeiro pulso de cada compás ). Saúdos.

https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html

 

   MAIO 4-8

   Ola a todos. En 1º lugar pedir disculpas por un erro na última ficha do que non souben ata que corrixín algunha ficha das que me enviastes. Como foron pouquiños os que me remitiron o traballo feito, para esta semana propoño que busquedes onde está ese erro e o corrixades dalgún xeito. En canto aos vídeos, creo que tedes dabondo con facer prácticas con todos os anteriores.

   Saúdos e ánimo que para a vindeira semana xa estaremos na fase 1 e poderemos empezar a vernos con familiares e amigos.

 

MAIO 18-22

   Ola a todos  outra vez. Deixo dúas fichas moi sinxelas e un enlace para practicar un ritmo coas mans que xa levaron os de 6º e, coma eles lles dixen, se  a alguén lle apetece, pode enviarme un vídeo coa execución. A mín gostaríame recibilo.

  Saúdos. 

https://www.youtube.com/watch?v=_BQJeW_o5jM

 

   XUÑO

   BO VERÁN PARA TOD@S!!

 

 

ACTIVIDADES 4º CURSO

https://www.youtube.com/watch?v=Dgqz-9KrnzY

 

ABRIL 13-17

Ola a todos, aquí vos deixo unha ficha e dous enlaces para practicar ritmos con palmas. O primeiro é moi sinxelo pero o segundo complícase algo xa que leva semicorcheas e xa sabedes que hai que palmear moi deprisa pero son divertidos porque vanse facendo acompañando á música. Facede o que poidais para logo facelo en clase con instrumentos. Un abrazo.

https://www.youtube.com/watch?v=oAsimwk7DMs

https://www.youtube.com/watch?v=g5r8WH4QNwg

 

ABRIL 20-24

   Ola a todos de novo. ¿ Qué tal todo ?. Hoxe imos facer unha ficha como a da semana pasada pero en sentido descendente ( chupado ). Tamén, no enlace de abaixo, trataremos de imitar os ritmos que veredes no vídeo e. como xa tedes práctica, seguro que o conseguides. Un saúdo. 

https://www.youtube.com/watch?v=um0aM4rhcgg

 

ABRIL 27-30

   Ola chic@s. Traigo hoxe unha ficha para poñer o nome as notas e para dividir o pentagrama coas liñas divisorias. Fixádevos ao comenzo que é un compás de dous pulsos, polo tanto, haberá que poñer unha liña cando vaiamos sumando o valor das figuras e sume dous. Ao final do pentagrama temos que poñer dúas liñas (dobre barra) a primeira delgada e a segunda un pouco máis gruesa. O enlace que propoño desta vez e o TRIVIAL MUSICAL. Saúdos.

https://aprendomusica.com/const2/21trivial1/trivial1.html

 

MAIO 4-8

    Ola, ¿todo ben?. Supoño que si e alégrome. Xa que logo, deixo máis abaixo unha ficha que solamente temos que repasar e un enlace para ver que tal recoñecemos agora os ritmos.

  Saúdos.

 

https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html

 

MAIO 11-15

   Ola a todos.

   Deixo unha ficha onde tedes que aplicar o repasado na anterior. Probade a facela sen mirar pola outra.

   Tamén poño un enlace para outro TRIVIAL pero de nivel 2. Haberá algunhas cuestións que non saberedes responder pero non importa, vades probando respostas diferentes,

 

   Saúdos.

https://aprendomusica.com/const2/43trivial2/game.html

 

MAIO 18-22

   De novo saúdos para os de 4º. Déixovos unha ficha e un enlace para que practiquedes un ritmo con vasos que xa lles puxen aos de 3º a semana pasada. Debedes ensaialo a ver si sae e non subirei nada a vindeira semana. Xa me contaredes.

 

   Saúdos.

https://www.youtube.com/watch?v=caKJh3F50HE

 

   XUÑO

   Ola rapaces e rapazas de cuarto. Rematamos este curso tan raro e felicítovos a todos polo esforzo destes últimos meses. Os profes estamos orgullosos. Eu solamente pediría que durante as vacacións practiquedes algo coa frauta, simplemente para que vaia soando cada vez un pouquiño mellor. Deixo un enlace a un vídeo no que un rapaz explica moi ben as familias dos instrumentos.

https://www.youtube.com/watch?v=RHAklmqlvRI

 

  Bo verán para tod@s.

  

 

ACTIVIDADES 3º CURSO

    Ola a todos.   Primeiro de nada, pedir disculpas por un erro ao subir as actividades para esta semana o que levou a que se borraran todas as anteriores. Por iso, déixovos agora os enlaces anteriores aquí abaixo. O último é o que corresponde a esta semana e a seguinte xa que vos reto a aprender un ritmo con vasos que teredes que ensaiar unhas cuantas veces. Xa me contaredes como vos foi. Tamén deixo unha ficha.     Saúdos.https://www.youtube.com/watch?v=oAsimwk7DMshttps://aprendomusica.com/const2/21trivial1/trivial1.htmlhttps://aprendomusica.com/const2/43trivial2/game.htmlhttps://www.youtube.com/watch?v=caKJh3F50HE   XUÑO   Ola a tod@os, xa chegou o momento de pensar en descansar. Despídome ata o vindeiro curso e felícítovos por todo o esforzo que fixestes nestes últimos meses. Deixo un enlace para que escoitedes unha canción que a partir de agora hai que poñer en práctica.https://www.youtube.com/watch?v=lZf8RKw4AXs    Unha aperta e bo verán.

ACTIVIDADES 2º CURSO

https://www.youtube.com/watch?v=KLSf36iPqu8

Ola a todos ¿qué tal?. Seguro que estades todos ben por iso vos deixo aquí este enlace para que nomeedes o que se ve no vídeo tal e como o fai a voz que escoitades. Supoño que vos sairá moi ben  xa que é moi faciliño por iso tamén lle lo puxen aos de primeiro. Outro día poñereivos máis cousas polo que debedes mirar nesta páxina a ver si hai algo novo. Por agora nada máis, Que o pasedes ben e ánimo que pronto volveremos ao cole. Un abrazo.

 

ABRIL 13-17

 ¿Seguimos todos ben?. Espero que si por iso vos propoño outro vídeo de ritmos para practicar con mans e pés e máis unha ficha moi fácil. Outro abrazo para todos.

https://www.youtube.com/watch?v=bFUPq8FBRuc

 

ABRIL 20-24

  Ola a todos  outra vez. Nesta ocasión deixovos aquí abaixo a ficha GLOP,GLOP GLOP para que poñades o nome a eses instrumentos de percusión ( algúns xa os tocamos na clase ). O enlace seguinte leva a un exercicio de ritmo con palmas, pitos e pés, a ver que tal vos sae. Un saúdo.

https://www.youtube.com/watch?v=4oAmDurPjro

 

ABRIL 27-30

   Ola Nuria, ola Piero, ola Sara, ola Martín, ola Manuel, ola María, ola Yaiza, ola Pablo, ola Laura, ola Carmela e ola Celia. Para esta semana déixovos abaixo a ficha A FAMILIA DA CORDA e un enlace por si vos apetece ver un concerto a ver se vos gusta algunha canción e a aprendemos para a clase. Saúdos.

https://youtu.be/TBxBd88k8ks

 

MAIO 4-8

   Ola chic@s.¿ Todos ben ?. Supoño que si, pero de moitos de vós aínda non sei nada dende que nos teñen en cuarentena, e van máis de dous meses. Se ve que non vos acordades de mín que lle imos facer.

   Déixovos abaixo unha ficha para que melloredes a caligrafía da clave de sol e outra cunha sopa de letras. ¡Que aproveite!.

  Saúdos.

 

MAIO 11-15

   Ola a todos.

   Esta semana imos practicar coas liñas e espazos do pentagrama. Xa sabedes que se empezan a contar por abaixo. Deixo unha ficha e un enlace.

Ah! Alégrome de ter noticias dalgún máis de vós. Gracias e un abrazo.

https://aprendomusica.com/const2/45lineasyespacios/game.html

MAIO 18-22

   Ola outra vez muchach@os. Dáixovos dúas fichas para esta semana. Na  da COVA DO.... solo tedes que facer o 1º exercicio,  a ver se vos acordades.

   Unha aperta.

 

   XUÑO

   Ola nenos e nenas de segundo, rematamos este curso e felicítovos por todo o que traballastes, que xa me dixeron que fora moito. Agora toca descansar, aínda que eu vou deixar un enlace a un vídeo por se a alguén lle apetece entreterse algún día practicando un ritmo moi fácil. Tamén deixo outro enlace para unha canción que debedes ter moi presente de agora en adiante.

https://www.youtube.com/watch?v=a0nxpiQyBQ8

https://www.youtube.com/watch?v=lZf8RKw4AXs

 

   Bo verán para tod@s

 

ACTIVIDADES 1º CURSO

https://www.youtube.com/watch?v=KLSf36iPqu8

Neste enlace de youtube debedes de tratar de nomear o que vedes ao mesmo tempo e do mesmo xeito que a persoa que escoitades no video. Para facer a ficha deberíase imprimir pero si non podedes non pasa nada. Como seguramente non tedes os libros na casa, haberá algunha cousa a que non poderedes responder pero tampoco  vos preocupedes por iso ¿vale?-

Pra outro día poñerei algunha cousa máis. ¡Estade atentos!.

Un abrazo para todos.

 

ABRIL 13-17

 Agardando que todos vos atopedes ben, aquí vos deixo outra ficha xunto cun enlace para tratar de facer o mesmo ritmo que no vídeo. Un saúdo.

https://www.youtube.com/watch?v=bFUPq8FBRuc

 

 

 

ABRIL 20-24

 

   Ola a todos, xa sei que estamos na primavera pero, como dí Giullyana, o profe Paco hoxe deixavos aquí abaixo a ficha CHEGA XA O OUTONO xunto cun vídeo de xogar a aplaudir.Bicos.

https://www.youtube.com/watch?v=nIWgWnFHlkg

 

ABRIL 27-30

   Agardando que estedes todos ben, abaixo vos deixo a ficha OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN e un enlace por si vos apetece ver un concierto a domicilio.

https://youtu.be/TBxBd88k8ks

 

MAIO 4-8

   Ola aos meus alumnos máis pequechos. ¿ Estades ben todos ?. Agardo que si, aínda que non sei nada de vós dende o remate das clases. Bueno, o caso é que estedes ben.

   Hoxe deixo máis abaixo unha ficha para que repasedes claves de sol e outra cunha sopiña de letras moi rica.

   ABRAZOS.

 

MAIO 11-15

   Ola a todos.

   Xa vexo que vos vades animando a mandarme as fichas e  eu alégrome de recibilas, así tamén sei que estades perfectamente.

  Desta vez deixo un enlace para que recoñezades sons e tamén a ficha da DANZA CHINESA.

   Saúdos.

https://www.musicaeduca.es/recursos-aula/juegos/890-jugamos-a-descubrir-...

 

MAIO 18-22

   Ola a todo@s os de 1º.

Déixovos unha ficha moi faciliña e un enlace para ir descubrindo sonidos de instrumentos.

Saúdos.

 

 https://www.musicaeduca.es/recursos-aula/juegos/127-juegos-de-musicaeduca

 

   XUÑO

   Ola chic@o, chegou o remate do curso e despídome de todos ata o mes de setembro desexándovos un bo verán coas vosas familias. Deixo un vídeo por se vos apetece practicar un ritmo moi sinxelo acompañando á música. Deixo tamén unha canción para que a escoitedes e lle fagades caso o que dí.

https://www.youtube.com/watch?v=a0nxpiQyBQ8

https://www.youtube.com/watch?v=lZf8RKw4AXs

   Unha aperta para tod@s

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut