Skip to Content

ACTIVIDADES 5º CURSO

https://www.youtube.com/watch?v=5BabXHRIZqU

https://www.youtube.com/watch?v=9WqztSKaMRo

 Ola a todos, como supoño e desexo que vos atopedes fenomenalmente, suxírovos estes dous enlaces para practicar algo coa frauta, pero non moito que vosos pais xa teñen bastante con esta reclusión forzosa. Facede o que poidais. Tamén vos deixo unha ficha moi sinxela pero coidado coas semicorcheas que valen a metade das corcheas (lembrádevos da pizza). Para calquera cousa o meu correo é pacosarria@yahoo.es.

 Un saúdo e paciencia que logo nos vemos.

 

ABRIL 13-17

 Ola a todos de novo. Agardando que estedes ben, deixovos unha ficha e un enlace para que esta semana practiquedes ritmos aínda que sen aparcar a frauta. No vídeo debedes acompañar a música con palmas segundo se poñan de cor as figuras musicais. Hai que intentalo varias veces e, xa sabedes, nas semicorcheas hai que apurar para tocar as catro nun só pulso. Lembrade o significado da dobre barra con dous puntos. Un saúdo.

https://www.youtube.com/watch?v=g5r8WH4QNwg

 

ABRIL 20-24

  Ola alumn@s de 5º, ánimo que na vindeira semana xa podedes sair un pouquiño.

Para estes días procurade facer a ficha de máis abaixo onde tedes qu poñer nome ás notas e, ademais, no exercicio de abaixo debedes poñer nos cuadriños V (de verdadeiro) ou F (de falso) segundo corresponda. Para non aburrirse, practicade tamén os ritmos do seguinte vídeo. Un saúdo.

  https://www.youtube.com/watch?v=um0aM4rhcgg

 

ABRIL 27-30

   Ola muchach@s. ¿Contentos de poder sair por fin ?.

   Desta vez coloco aquí debaixo un enlace para que escoitedes ritmos e premades nuha das dúas opcións que vos poñen debaixo. A ver si  conseguides facer os tres niveis sen fallos . Tamén deixo unha ficha para colocar os acentos ( sempre no primeiro pulso de cada compás ). Saúdos.

https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html

 

   MAIO 4-8

   Ola a todos. En 1º lugar pedir disculpas por un erro na última ficha do que non souben ata que corrixín algunha ficha das que me enviastes. Como foron pouquiños os que me remitiron o traballo feito, para esta semana propoño que busquedes onde está ese erro e o corrixades dalgún xeito. En canto aos vídeos, creo que tedes dabondo con facer prácticas con todos os anteriores.

   Saúdos e ánimo que para a vindeira semana xa estaremos na fase 1 e poderemos empezar a vernos con familiares e amigos.

 

MAIO 18-22

   Ola a todos  outra vez. Deixo dúas fichas moi sinxelas e un enlace para practicar un ritmo coas mans que xa levaron os de 6º e, coma eles lles dixen, se  a alguén lle apetece, pode enviarme un vídeo coa execución. A mín gostaríame recibilo.

  Saúdos. 

https://www.youtube.com/watch?v=_BQJeW_o5jM

 

   XUÑO

   BO VERÁN PARA TOD@S!!

 

 

AdjuntoTamaño
Ficha 5º. 1.pdf15.82 KB
Ficha 5º ABRIL 13-17.pdf22.68 KB
Ficha 5º ABRIL 20-24 45.95 KB
ABRIL 27-30 5º .O acento.pdf32.24 KB
MAIO 18-22 5º 1.pdf27.29 KB
MAIO 18-22 5º 2.pdf17.37 KB


book | by Dr. Radut