Skip to Content

Ed. física

ACTIVIDADE PARA SUBIR NOTA ALUMNOS/AS 1º E 2º ESO

Bo día:

No enlace que tedes máis abaixo podedes acceder a un vídeo sobre deporte e nenos/as con diferentes problemáticas. Tedes que ver o vídeo, cubrir axeitadamente o cuestionario que se achega e envialo ao mail carloscarballosieiro@gmail.com

https://www.youtube.com/watch?v=Ky4NRG_Hatg&t=368s

Os alumnos/as que realicen a tarefa correctamente poden subir a nota final ata 1 punto.

Prazo de entrega límite domingo 14 de xuño.

 

Saúdos e moito ánimo!

1º ESO: RECUPERACIÓN 1ª EVALUACIÓN.

Como ya sabéis los que que tenéis suspensa la 1ª o 2ª evaluación tenéis que recuperarla. Para ello leed bien los apuntes que se explicaron esa evaluación y contestar al cuestionario que os dejo junto a los apuntes. Dado que no podíais abrirlo desde el AULA VIRTUAL, ampliamos el plazo de entrega hasta el lunes 1 de junio.

CRISE DO CORONAVIRUS: EDUCACIÓN FÍSICA DURANTE ESTE TEMPO

 

Como ben sabedes estamos a atravesar unha situación complicada como sociedade á vez que moi estraña para todos nós. As actitudes individuais de cada persoa e o respecto ás normas establecidas neste período excepcional permitirannos alcanzar o obxectivo de vencer a este virus.

Como non nos queda outra a tdos que adaptar a nosa vida a esta situación, e no que respecta a esta materia de Educación Física propóñovos un reto a todos os cursos da ESO para os próximos 15 días que chamaremos 20 x 15 : 20 minutos de actividade física ao día durante os próximos 15 días. Cando dicimos actividade física referímonos a calquera actividade físico-deportiva específica (nesta ocasión non contan as labores que sei que moitos facedes axudando en casa). O que se vos pide é que elaboredes nun papel e levedes a cabo unha pequena táboa onde poñades diferentes exercicios coma desprazamentos variados, abdominais, lumbares, saltos en escaleiras, planchas, etc., de modo que tras realizar varias repeticións e series  acumuledes ao  menos 20 minutos de actividade física ao día durante os próximos 15 días. Se non se vos ocurren ejercicios podedes coller algúns dos que faciamos nas clases ou buscar en internet exercicios con autocarga ou de calistenia (non precisan de ningún material específico para facelos).

As táboas que vós mesmos  elaboredes no papel (describindo os exercicios o mellor que  podaidades), enviademas ao meu correo electrónico (carloscarballosieiro@gmail.com) durante esta semana e vos direi como axustalas un pouco mellor se o precisan. Gravade tamén cun teléfono móvil un pequeno vídeo de non mais de 20 segundos no que se vos vexa facendo algúns dos  exercicios da táboa e enviadeo por Whatsapp ao teléfono do centro educativo (620 621 440).

 

Para os de 3º e 4º ESO a maiores do anterior deixovos tamén o seguinte  enlace a un artigo dun periódico (https://elpais.com/deportes/2020-03-21/confundir-humanos-con-osos.html) para que leades, resumades brevemente en catro liñas e señaledes a vosa opinión persoal de forma breve. Enviadeo ao meu correo electrónico (carloscarballosieiro@gmail.com) ou se vos resulta máis fácil ao Whatsapp do teléfono do centro (620 621 440) antes do que serían as vacacións de Semana Santa.

 

Moito ánimo para tod@s!!

 

APUNTES ESO 1ª EVALUACIÓN 2019-20

EXAMES DE SEPTEMBRO 2018-19

Os alumnos/as que suspenderon Educación Física no mes de xuño recibiron na entrega das notas instrucións dos titores de como recuperar a parte da materia pendente no mes de setembro. En caso de non ter esa información podedes chamar ao centro educativo e solicitar falar co profesor ata o día 24 de xullo para coñecer as características do citado exame de setembro (que terá parte teórica e parte práctica e precisará de traer roupa deportiva).

 

En calquera caso recórdase que é importante respectar as normas de entrega de traballos/resumes de cara a poder recuperar a materia en setembro. Facemos un breve recordatorio do máis importante:

- Os traballos deben presentarse en folios brancos, respectando marxes tanto superiores e inferiores coma laterais

- Deben presentarse cunha portada na que se poña cando menos o título do traballo/resumen e o nome da persoa que o fixo.

- A presentación, a caligrafía, a ortografía e a limpeza son xa moi importantes na etapa educativa en que te atopas.

- En canto aos contidos pensa o que estas escribindo e usa as túas propias palabras; copiar literalmente de outro lugar e “plagiar”.

- De ser o caso inclúe un índice dos contidos que vas a expoñer. O último punto dese índice debería ser a bibliografía e fontes de información consultadas.

 

Formato presentación traballos

Se tes que presentar un traballo académico para calquera asignatura debes ter en conta unha serie de cuestións básicas en canto ao formato e á distribución dos contidos. No arquivo adxunto podes ver un modelo adecuado para iso (non é único nin obligatorio). 
Debes adaptalo ao tipo de traballo que realices; si o que se che pide é un resumo duns apuntes sobran moitas partes da organización dos contidos, pero valenche as indicacións sobre o formato e a presentación.

AFICIONATE AO DEPORTE E DARÁS SAÚDE A TÚA VIDA

Distribuir contenido


by Dr. Radut