Skip to Content

CRISE DO CORONAVIRUS: EDUCACIÓN FÍSICA DURANTE ESTE TEMPO

 

Como ben sabedes estamos a atravesar unha situación complicada como sociedade á vez que moi estraña para todos nós. As actitudes individuais de cada persoa e o respecto ás normas establecidas neste período excepcional permitirannos alcanzar o obxectivo de vencer a este virus.

Como non nos queda outra a tdos que adaptar a nosa vida a esta situación, e no que respecta a esta materia de Educación Física propóñovos un reto a todos os cursos da ESO para os próximos 15 días que chamaremos 20 x 15 : 20 minutos de actividade física ao día durante os próximos 15 días. Cando dicimos actividade física referímonos a calquera actividade físico-deportiva específica (nesta ocasión non contan as labores que sei que moitos facedes axudando en casa). O que se vos pide é que elaboredes nun papel e levedes a cabo unha pequena táboa onde poñades diferentes exercicios coma desprazamentos variados, abdominais, lumbares, saltos en escaleiras, planchas, etc., de modo que tras realizar varias repeticións e series  acumuledes ao  menos 20 minutos de actividade física ao día durante os próximos 15 días. Se non se vos ocurren ejercicios podedes coller algúns dos que faciamos nas clases ou buscar en internet exercicios con autocarga ou de calistenia (non precisan de ningún material específico para facelos).

As táboas que vós mesmos  elaboredes no papel (describindo os exercicios o mellor que  podaidades), enviademas ao meu correo electrónico (carloscarballosieiro@gmail.com) durante esta semana e vos direi como axustalas un pouco mellor se o precisan. Gravade tamén cun teléfono móvil un pequeno vídeo de non mais de 20 segundos no que se vos vexa facendo algúns dos  exercicios da táboa e enviadeo por Whatsapp ao teléfono do centro educativo (620 621 440).

 

Para os de 3º e 4º ESO a maiores do anterior deixovos tamén o seguinte  enlace a un artigo dun periódico (https://elpais.com/deportes/2020-03-21/confundir-humanos-con-osos.html) para que leades, resumades brevemente en catro liñas e señaledes a vosa opinión persoal de forma breve. Enviadeo ao meu correo electrónico (carloscarballosieiro@gmail.com) ou se vos resulta máis fácil ao Whatsapp do teléfono do centro (620 621 440) antes do que serían as vacacións de Semana Santa.

 

Moito ánimo para tod@s!!

 



story | by Dr. Radut