Skip to Content

Orientación

BECAS ALUMNADO NEAE 2024-25

CONVOCADAS AS BECAS PARA ALUMNADO NEAE PARA O CURSO 2024-25.

(24-04-2024)

 

Convocadas as axudas para alumnado NEAE (alumnado con necesidade específica de apoio educativo).

Enlace á web do MECD para a solicitude das axudas:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

 

EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

CHARLA DE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL: QUÉROTE +.

(22-04-2024)

A sexualidade é unha das novidades e fenómenos máis significativos (e complexos) no tránsito da infancia á adolescencia. Son moitas as dúbidas, inseguridades e temores que teñen os/as adolescentes ao redor deste tema. Para resolver moitas destas dúbidas os/as adolescentes acuden habitualmente aos iguais, a Internet... Ás veces, estas fontes de información non son de todo fiables (iso sen entrar, no mundo da pornografía, accesible a golpe de click); polo que se fai preciso proporcionar un recurso fiable ao alumnado que favoreza a súa educación afectivo-sexual. Neste senso, o pasado día 22 de abril o alumnado de 3º da ESO tivo unha charla cunha educadora do programa Quérote + dependente da Xunta de Galicia.

Enlace á rede Quérote +:

http://xuventude.xunta.es/querote-mais

 

CHARLA SOBRE ALCOL E BEBIDAS ENERXÉTICAS

CHARLA PREVENCIÓN CONSUMO ALCOL E BEBIDAS ENERXÉTICAS.

(16-04-2024)

 

Dentro das actuacións recollidas no Plan de Acción Titorial dirixidas á educación para a saúde, atópase a prevención no consumo de drogas. Por este motivo, en colaboración coa Garda Civil e dentro do Plan Director, desenvolveuse unha charla co alumnado de 5º e 6º de educación primaria e da Educación Secundaria dirixida a previr o consumo de drogas (alcol e tabaco) e o uso e abuso de bebidas enerxéticas.

 Enlace á campaña "Menores sin alcohol" do Ministerio de Sanidade:

https://www.sanidad.gob.es/campannas/campanas17/alcoholMenores.htm

 

APOSTAS DEPORTIVAS

CHARLA PREVENTIVA SOBRE APOSTAS DEPORTIVAS.

(02/04/2024)

 

O DSM V (Manual Diagnóstico e Estadístico dos Trastornos Mentais) diferencia entre adicións a sustancias (alcol, drogas...) e adicións sen substancia (ao xogo, póker, sexo, móbiles...). O que caracteriza de xeito común a unhas e outras é que son trastornos adicitivos e que como tales afectan de xeito significativo á vida da persoa. Un dos colectivos máis vulnerables ás adicións son os/as adolescentes. Así as cousas, unhas das liñas de traballo do Departamento de orientación dentro da Acción Titorial está dirixida a fomentar a educación da saúde, e, dentro desta área á prevención das adicións (tanto de sustancias como as adicións sen substancias). Neste senso, no día de hoxe e contando coa colaboración da Garda Civil dentro do programa Plan Director tivemos unha charla informativa para o alumnado de 3º e 4º da ESO que correu a cargo do especialista da Garda Civil Pablo Anido. Así algunhas das cuestións que se abordaron nesta sesión foron as características das apostas deportivas, a probabilidade de gañar nos xogos de azar, como están deseñados para xerar adición, as estafas que existen na Internet e que están dirixidas para os adolescentes...

BECAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN CURSO 2024/25

BECAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN CURSO 2024-25.

(2-04-2024)

Informamos que xa saíu publicada a convocatoria de becas MEC (Ministerio de Educación) de carácter xeral para o vindeiro curso 2024-25 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias (Bacharelato, FP básico, medio, superior…).

Normativa: Resolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan becas de carácter xeral para o curso 2024/25 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

Enlace a información sobre becas:

https://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2024/03/20240315-convocatoriabecas.html

 

Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de marzo ao 10 de maio (ambos incluídos)

Forma de presentación: O procedemento é electrónico e iníciase coa solicitude que debe facerse na sede electrónica da páxina web do Ministerio debendo incluírse un enderezo de correo electrónico que vaia estar operativo durante todo o proceso, para recibir os avisos de notificacións (requirimentos; comunicacións, propostas, resolucións...); tamén deberán conservarse as chaves de acceso iniciais para que, en calquera momento, poidades entrar no voso expediente e consultalo.

 

 

Enlace á sede electrónica do Ministerio: 

https://sede.educacion.gob.es/portada.html

 

 

INFORMACIÓN SALIENTABLE:

-O número de conta que poñades na beca ten que estar como titular ou cotitular o estudante.

-Despois de cubrir a solicitude tede en conta que só queda presentada cando vos deixa xerar o xustificante de presentación que debedes conservar e ler para saber se tedes que presentar documentación adicional no voso caso (padrón, sentenzas...). Isto é moi importante, moitas becas quedan denegadas na primeira fase por non xustificar datos.

-A fase inicial adoita rematar a mediados de xullo; despois cruzaranse os datos económicos co Ministerio de Facenda e recibiredes ao longo do verán a notificación de se cumprides ou non os requisitos económicos. Debedes consultar o voso correo (introducido na solicitude) para ver se tedes notificacións ou acceder (coas vosas chaves) ao voso expediente para comprobalo.

 

Para calquera dúbida podedes consultar no Departamento de orientación.

 

 

CHARLA ADICCIÓN AOS VIDEOXOGOS.

CHARLA ADICCIÓN AOS VIDEOXOGOS.

(19-03-2024)

Unha das funcións do Departamento de orientación é axudar ao crecemento educativo e persoal do alumnado, así como asesorar e colaborar no desenvolvemento transversal dos temas transversais. Un destes temas transversais é a educación para a saúde (educación sexual, prevención do consumo de sustancias e prevención de condutas aditivas). Neste último bloque, un problema que actualmente está a aparecer con frecuencia na infancia e a adolescencia é a adicción ás novas tecnoloxías e aos videoxogos. No día de hoxe o alumnado de 5° e 6° de eduación primaria e de 1° e 2° da ESO tiveron unha charla por parte dun especialista da Garda Civil (dentro do Plan director de formación a centros educativos) sobre a adicción aos videoxogos. Que mecanismos empregan os videoxogos actuais para que os adolescentes queden "enganchados"? cando son un adicto? cales son os síntomas dunha adicción? Foron algunhas das cuestións que xurdiron, así como informacións sorprendentes acerca do diñeiro que algunhas persoas chegaron a gastar en videoxogos on-line. Unha interesante formación que agardemos axude na prevención de condutas aditivas aos videoxogos.

 

CHARLA PREVENCIÓN DELITOS SEXUAIS E DELITOS DE ODIO

CHARLA PREVENCIÓN DE DELITOS SEXUAIS E DELITOS DE ODIO.

(19-03-2024)

O Departamento de orientación ten entre as súas funcións colaborar no crecemento persoal do alumnado (a nivel social, emocional…) e axudar no desenvolvemento dos denominados elementos transversais, como poden ser a educación para a convivencia e a educación para a saúde. En relación con estas dúas, e, contando coa colaboración da Garda Civil (dentro do Plan director de formación en centros educativos), o alumnado de 3° e 4° da ESO asistiu no día de hoxe a dúas charlas formativas. Por un lado, sobre para a prevención dos delitos de odio e por outra parte sobre a prevención de delitos sexuais.

Na primeira das charlas abordáronse temas como o racismo, a xenofobia, a homofobia, transfobia… o odio ao diferente. Tamén se analizou o que implican os delitos de odio (ao diferente) tanto a nivel penal e xudicial como a nivel persoal.

Na charla sobre delitos sexuais, que resultou moi interesante para o alumnado saíron cuestións como as agresións sexuais (que son, que implican para vítima e agresor, consecuencias penais para o agresor e psicolóxicas para a vítima, o papel de vítima e agresor nas agresións sexuais), o consumo de pornografía, a educación sexual, a sexualidade, o consentimento nas relacións sexuais e afectivas, as relacións sexuais sanas, que se entende por delitos sexuais, a difusión de imaxes doutras persoas, menores, etc.

Ben seguro que estas charlas proporcionaron ao noso alumnado unha unha información valiosa para entender mellor estas realidades e problemáticas sociais e lles axudarán a reflexionar ao respecto das mesmas.

 

CHARLA CONTRA O ACOSO ESCOLAR.

PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR.

(19-03-24)

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria e de 1º e 2º da ESO tiveron no día de hoxe unha charla acerca da prevención do acoso escolar. Esta charla enmarcase dentro do Plan director da Garda Civil e forma parte dunha colaboración desta órgano co centro educativo. A finalidade é formar ao alumnado na prevención deste problema, dar pautas para a súa identificación-detección, así como para a súa solución no caso de exista algún caso. Algúns dos temas que xurdiron foron: que é acoso? que tipos de acoso hai? Quen é máis vulnerable? Como denuncialo? Todo dende un enfoque de tolerancia cero cara o acoso escolar que temos dende o centro educativo. Aproveitamos para lembrarvos que o centro dispón dun PUNTO LARANXA para denunciar ou comunicar calquera posible caso de acoso escolar. O podedes facer vía mail, na páxina web do centro) ou por escrito (no buzón fisico que hai xunto ao Departamento de orientación).

 

 

PROGRAMA "QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES"

ORIENTACIÓN PROFESIONAL LIBRE DE ESTEREOTIPOS.

(06-03-2024)

O CPI Ramón Piñeiro ven de ser admitido para participar no programa "Que non te líen, ti elixes", que ten como finalidade favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos, especialmente nos ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres. En definitiva, trátase de ofrecer dende o centro educativo unha igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na orientación profesional e vocacional, con especial atención ao incremento da presenza de alumnas en estudos do ámbito das ciencias, tecnoloxía, enxeñaría, artes e matemáticas, así como nas ensinanzas de formación profesional con infrarrepresentación feminina. Con este fin realizaránse diferentes charlas no centro educativo dirixidas ao alumnado de 3º e 4º da ESO. 

 

 

ABERTO PERIODO ADMISIÓN PARA ALUMNADO INTERESADO EN CURSAR BACHARELATO NO CURSO 2024-25.

(1-03-2024)

Do día 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo para que o alumnado de 4º de ESO faga a solicitude de admisión para os estudos de Bacharelato no vindeiro curso 2024-25.

A solicitude de admisión realízase na seguinte aplicación informática da Consellería de educación: admisionalumnado

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Nesta aplicación os proxenitores poden cubrir a solicitude e marcar os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren. A solicitude pode presentarse de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación. 

Na propia aplicación é posible atopar manuais acerca do uso da aplicación informática, a fin de facer a solicitude correctamente (achego o manual en formato pdf).

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut