Skip to Content

Orientación

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO QUE VAI CURSAR BACHARELATO OU FORMACION PROFESIONAL NO CURSO 2022-23.

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO QUE CURSARÁ BACHARELATO OU FORMACION PROFESIONAL NO CURSO 2022-23.

(24-06-2022)

 

ALUMMADO QUE CURSARÁ BACHARELATO.

O alumnado que resultou admitido nalgúna centro de ensino para cursar o Bacharelato no curso 2022-23, ten que formalizar a matrícula no período establecido para o efecto.

Os prazos para formalizar a matrícula de Bacharelato é do 25 de xuño ao 10 de xullo.

Debedes formalizar a matrícula no centro educativo no que estades admitidos (listas de admisión).

De non formalizar a matrícula, terase por decaído o dereito á praza obtida.

(Normativa: Orde do 12 de marzo de 2013).

 

 

ALUMNADO QUE CURSARÁ CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL.

 Para poder cursar un ciclo de FP o vindeiro curso debedes ter en conta o seguinte proceso:

1º.Facer a solicitude de admisión.

2º Comprobar que estades admitidos/as.

3º Formalizar a matrícula no ciclo no que estades admitidos/as.

 

Os prazos son os seguintes:

-Período de admisión: do 23 de xuño ata o 5 de xullo (13 horas).

O día 8 de xullo publicarase a lista provisional de admitidos, e o día 19 a lista definitiva.

 

-Período de matrícula: do 19 de xullo ata o 22 de xullo.

 

A solicitude de admisión hai que facela a través da aplicación da Consellería "ciclosadmision" (deixo enlace máis abaixo).

 

Achego un enlace onde tedes información detallada sobre os diferentes prazos:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37371

 

Achego enlace á aplicación da Consellería na que tedes que solicitar a admisión "ciclosadmision":

https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

 

Finalmente, achego enlace a vídeo tutorial sobre como crear unha solicitude de admisión para ciclos:

https://www.youtube.com/watch?v=TMRJTMi-xyY

 

 

 

 

 

AXUDAS DE APOIO EDUCATIVO

AXUDAS DE APOIO EDUCATIVO.

(19-05-2022)

 

O BOE publicou no día de onte (18-05-2022) a convocatoria de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Segundo a propia convocatoria, os beneficiarios destas axudas son "alumnado con necesidade específica de apoio educativo" (para máis información podedes consultar a convocatoria ou preguntar no departamento de orientación). A solicitude realizarase mediante a cumplimentación do formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou no link que se achega. O prazo de presentación de solicitudes comprende dende o día 19 de maio ata o 30 de setembro.

Para a solicitude:

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1731

 

Para máis información:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS.

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS.

(22/04/2022)

 

A escola ten demostrado ser un contorno ideal para a posta en práctica de actuacións preventivas que eviten ou diminúan a probabilidade de aparición de problemas futuros (a nivel persoal e/ou social). Neste sentido, unha das finalidades da educación é a formación integral do alumnado, favorecendo o seu desenvolvemento cognitivo, afectivo, social e físico. A esta finalidade contribúen as áreas, pero tamén os denominados temas transversais, entre os que se atopa a "educación para a saúde";entendida como un proceso de formación da persoa enfocado a adquisición de coñecementos e hábitos que promovan a defensa da saúde individual e colectiva. Dentro da educación para a saúde, a prevención no consumo de drogas é unha das áreas de referencia no traballo con población adolescente. Unha das maneiras de desenvolver na práctica os contidos propios da educación para a sáude é acción titorial.

O Departamento de orientación, ten entre as súas funcións apoiar iniciativas e actuacións en relación coa acción titorial. Así as cousas, contado coa colaboración da da asociación "Bordón sarriao", desenvolveuse un obradoiro sobre a prevención do consumo de drogas, entre o alumnado de 5º e 6º de educación primaria e de 3º e 4º da ESO. Durante estas charlas abordáronse temáticas como o tabaco, o alcol e os seus efectos na saúde. Unha das actividades que máis entusiasmou ao alumnado foi poder experimentar (cunhas gafas de recreación virtual) os efectos do alcohol sobre o equilibrio e as facultades mentais e físicas, instando a reflexionar sobre como pode afectar esta droga na conducción ou na nosa vida diaria.

O alumnado experimenta coas gafas de recreación virtual como inflúe estar "baixo os efectos do alcol" no equilibrio no clásico xogo de "rayuela". 

AXUDAS AO ESTUDOS (BOLSAS)

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR BOLSAS DE ESTUDO PARA ETAPAS DE ENSINO POSTOBRIGATORIO (FP, BACHARELATO).

(30/03/2022)

Achego enlace á web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) onde atoparedes toda a información sobre as axudas ao estudo. O prazo para solicitar estas axudas para o alumnado que no vindeiro curso 2022/23 vai cursar ensinos postobrigatorios (FP, Bacharelato) comprende dende o 30 de marzo ao 12 de maio. 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

VISITA DO ALUMNADO DE 4º DA ESO A LUGO

VISITA DO ALUMNADO DE 4º DA ESO A LUGO PARA VISITAR O CIFP POLITÉCNICO E OS XUZGADOS.

(28/03/2022)

 

Unha das actuacións recollidas dentro do Plan de Orientación Académico-Profesional do CPI Ramón Piñeiro é a visita a centros educativos da contorna, de cara a proporcionar información ao alumnado sobre as diferentes opcións académicas e profesionais existentes ao rematar a ESO. O pasado día 28 de marzo, o alumnado de 4º da ESO visitou o CIFP Politécnico de Lugo para coñecer de primeira man algúns dos ciclos de formación profesional que alí se imparten e as súas correspondentes familias profesionais. Algúns dos ciclos que visitaron foron: CM Coidados Auxiliares de Enfermería, CS de Próteses dentais, CS de Hixiene bucodental, a familia profesional de Electricidade e electrónica (CS de Robótica) e o CS de Educación Infantil.

 

A continuación, dentro dunha colaboración co Tribunal de Xustiza de Galicia; a fin de achegar a xustiza e o seu funcionamento aos escolares e a fin de que coñezan de primeira man os traballos relacionados con este campo, o alumnado asistiu a tres xuízos (co seu fiscal, xuíz, letrados, etc), podendo ver o día a día nun xuzgado.

ADMISIÓN BACHARELATO CURSO 2022-23

Achego información sobre a fase de admisión para os estudos de Bacharelato de cara ao curso 2022/23.

 

 

CALENDARIO:

SOLICITUDE DE ADMISIÓN (para alumnado procedente de centros distintos aos centros adscritos,  o caso do CPI Ramón Piñeiro)

1 a 21 de marzo

Presentación da solicitude de admisión, según modelo normalizado (ANEXO IIno centro solicitado como primeira opción. Recoméndase consultar a web do centro de preferencia.

Do 1 ao 21 de marzo pódese presentar a solicitude a través da aplicación web da Consellería de Educación "aplicación alumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

25 de marzo ao 5 de abril (a.i.)

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo.

Antes do 25 de abril

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.

Nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación dos admitidos/as

Reclamación ás listases provisionais de admitidas/os.

Antes do 15 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

 

Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados).

FASE DE MATRICULA.

25 de xuño a 10 de xullo

Formalización da matrícula en ESO e BACHARELATO.

 

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN:

As solicitudes de reserva e de admisión de alumnado realizaranse mediante a cumplimentación do formulario de admisión, o cal se pode cumplimentar na aplicación informática"admisionalumnado" (/www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou ser descargados e cumprimentados de forma manual polas familias. Esta aplicación posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

 

  • Entregarase unha única solicitude no centro elixido como primeira opción.

• O alumnado que solicite praza nun centro non adscrito solicitará a admisión a través de internet  ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos utilizando o formulario de solicitude (ANEXO II; Formulario ED550B). Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia. (Caso do alumnado de 4° ESO do CPI Ramón Piñeiro).

 

• Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería:   https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#

 

• Poderase consultar o estado de tramitación da solicitude a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

 

• Todas as solicitudes que non pudiesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.

SENSIBILIZACIÓN CONTRA O ACOSO ESCOLAR.

CHARLAS DE SENSIBILIZACIÓN CONTRA O ACOSO ESCOLAR.

(08/11/2021)

 

No día de hoxe o alumnado do CPI Ramón Piñeiro dos cursos 5º e 6º de Educación Primaria e 1º da ESO, participaron nunha charla de sensibilización contra o acoso escolar. A actividade, incluída no Plan Director da Garda Civil, foi coordinada polo Departamento de orientación e foi impartida por Héctor Méndez (formador da Garda Civil para centros educativos da provincia de Lugo).

 

Na actividade abordáronse cuestións como as causas do acoso, a frecuencia, as súas formas, en que consiste o acoso, como pedir axuda, características da vítima, agresor e espectadores, etc.

 

Se estás a pasar por unha situación de acoso escolar ou coñeces a alguén que a estea a pasar non te quedes calado e busca axuda. Iso non é ser un/unha chivato/a! Cóntallo a un adulto (os teus pais, profesor, titor, orientador). Eles saberán axudarche!

 O Departamento de orientación dispón dunha dirección mail na que podes comunicar calquera situación de acoso escolar que esteas sufrir ti ou un compañeiro/a. É a seguinte: psicologiaypedagogia2@gmail.com

COMO SOLICITAR A INTERVENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR A INTERVENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

 (Actualizado a 16 de Setembro de 2021)

 

 

Cando un alumno/a presenta dificultades no seu proceso educativo, de ensino-aprendizaxe ou desenvolvemento persoal pódense seguir unha serie de pasos:

 

1°) Comunicar as dificultades do alumno/a ao titor/a. Este é o primeiro nivel da orientación educativa. O/a titor/a é a persoa que mellor coñece ao alumnado da súa titoría e a persoa que máis información ten sobre os mesmos.

 

2°) Cando as medidas adoptadas no punto anterior non deran os resultados agardados, pódese solicitar a intervención do Departamento de orientación.

 

Tal e como recolle a normativa vixente (Artigo 34.3. do Decreto 229/2011 polo que se regula a atención á diversidade) "Os servizos de Orientación deberán deseñar e elaborar os correspondentes protocolos de demanda de avaliación psicopedagóxica. Os procedementos para esa demanda daranse a coñecer á comunidade educativa"

 

Conforme o establecido no Plan Xeral de Atención á Diversidade do Departamento de Orientación do CPI Ramón Piñeiro; o procedemento para solicitar a intervención/ avaliación psicopedagóxica por parte do Departamento de Orientación é o seguinte:

 

1) A persoa que fai a demanda (Titor/a ou Familia) porase en contacto co xefe do Departamento de Orientación e comunícalle o seu interese en que se lle realice unha avaliación psicopedagóxica ao alumno/a en cuestión.

 

2) A persoa solicitante (Titor/a ou Familia) cubrirá o Cuestionario de Solicitude de Avaliación Psicopedagóxica.  Este cuestionario pódese opter por dúas vías: o proporciona o propio orientador nesa primeira entrevista ou descargándoo nesta web (no arquivo adxunto máis abaixo).

 

3) A familia do alumno (nai/pai ou titor/a legal) cubre e asina a Autorización de avaliación psicopedagóxica (anexa ao Cuestionario).

 

4) A persoa solicitante fai entrega ao xefe do Departamento de Orientación dos dous documentos (Cuestionario e Autorización da familia). Hai dúas opcións de entrega:

- Persoalmente ao xefe do Departamento de Orientación.

- Vía mail (escaneado): psicologiaypedagogia2@gmail.com

 

*NOTA: todos os documentos persoais do alumno/a (informes médicos, informes de servizos externos, etc) soamente serán aceptados si se entregan persoamente ao xefe do Departamento de Orientación ou na mail anteriormente referida.

 

Esquema do proceso de demanda:

 

ALUMNADO DURANTE A PANDEMIA

ALUMNADO DURANTE A PANDEMIA, PAUTAS PARA FAMILIAS.

(Maio 2021)

 

Achego algúns consellos para axudar ás familias a mellorar a xestión das emocións no alumnado durante esta época de pandemia.

Fonte: Ministerio de Sanidade.

 

 

ADMISIÓN BACHARELATO 2021.

(09/03/2021)

ADMISIÓN BACHARELATO 2021.

As solicitudes de reserva e de admisión de alumnado realizaranse mediante a cumplimentación do formulario de admisión, o cal se pode cumplimentar na aplicación informática "admisionalumnado" (/www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou ser descargados e cumprimentados de forma manual polas familias. 

  • Entregarase unha única solicitude no centro elixido como primeira opción.
  • O alumnado solicitará a admisión a través de internet  ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos utilizando o formulario de solicitude (arquivo adxunto) (Formulario ED550B- ANEXO II). Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.

  • Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería:   https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#
  • Poderase consultar o estado de tramitación da solicitude a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

  • Todas as solicitudes que non pudiesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.

 

 CALENDARIO DE ADMISIÓN.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN (para alumnado procedente de centros distintos aos centros adscritos,  o caso do CPI Ramón Piñeiro)

1 a 20 de marzo

Presentación da solicitude de admisión, según modelo normalizado (ANEXO IIno centro solicitado no primero lugar de preferencia. Recoméndase consultar a web do centro de preferencia.

Do 1 ao 20 de marzo pódese obter a solicitude a través da aplicación web da Consellería de Educación "aplicación alumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

25 de marzo ao 5 de abril (a.i.)

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo.

Antes do 25 de abril

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas. A consultar no taboleiro do centro escollido.

Nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación dos admitidos/as

Reclamación ás listases provisionais de admitidas/os.

Antes do 15 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

 

Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados).

FASE DE MATRICULA.

25 de xuño a 1 de xullo

Formalización da matrícula en ESO e BACHARELATO.

1 a 10 de setembro

Prazo extraordinario de formalización da matrícula en ESO/BAC.

Para calquer dúbida podedes achegarvos polo Departamento de Orientación.

Distribuir contenido


by Dr. Radut