Skip to Content

Orientación

RECURSOS PARA O AUTOCOIDADO DA SAÚDE EN TEMPOS DE PANDEMIA.

INICIACIÓN Á PRÁCTICA DO MINDFULNESS: NENOS E ADOLESCENTES.

(09-02-2021)

Levamos case un ano de pandemia da COVID-19 e todos, en maior ou  menor medida, empezamos a amosar síntomas de esgotamento. Esta nova realidade está resultando difícil de dixerir para adultos e nenos. O uso constante da mascarilla, as normas hixiénicas, a reducción ao mínimo do contacto social, a ausencia de xogos no tempo de lecer, falta de actividades extraescolares... resulta frustrante. A perda de reforzadores é evidente para todos e todas. Ante esta situación poden aparecer problemas emocionais. Neste senso, achego unha guía para traballar cos nenos e adolescentes a iniciación ao mindfulness, dirixida a favorecer que acaden estratexias que lles permitan afrontar esta nova realidade estresante con maior calma e tranquilidade.

COMO SOLICITAR A INTERVENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR A INTERVENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

(Decembro 2020)

Cando un alumno/a presenta dificultades no seu proceso educativo e/ou de ensino-aprendizaxe  pódense seguir unha serie de pasos:

PASO

ACCIÓN

AXENTE

ACTUACIÓNS

Detección de

dificultade

Profesorado,

Familia

Medidas de reforzo, valoración das competencias básicas, comunicación titor/a, e á familia

Persiste a dificultade. Reunión do equipo docente

Profesorado  e xefatura de estudos

Ampliación de medidas de reforzo, incluído apoio ordinario

Solicitude de asesoramento

Mestras de PT /AL ou orientador

Suxestións

Solicitude de intervención DO/ Demanda de avaliación psicopedagóxica

Profesorado,

Titor-a que detectou dificultade e/ou Familia

Documento derivación: Cuestionario de Solicitude de Avaliación Psicopedagóxica.

 

No caso de que as dificultades persistan e de que as medidas adoptadas correspondentes aos pasos 1-3 non deran os resultados agardados, pódese solicitar a intervención do Departamento de orientación (paso 4°).

Tal e como recolle a normativa vixente (Artigo 34.3. do Decreto 229/2011 polo que se regula a atención á diversidade) "Os servizos de Orientación deberán deseñar e elaborar os correspondentes protocolos de demanda de avaliación psicopedagóxica. Os procedementos para esa demanda daranse a coñecer á comunidade educativa"

 

Conforme o establecido no Plan Xeral de Atención á Diversidade do Departamento de Orientación do CPI Ramón Piñeiro; o procedemento para solicitar a intervención/ avaliación psicopedagóxica por parte do Departamento de Orientación é o seguinte:

1) A persoa que fai a demanda (Titor/a ou Familia) porase en contacto co xefe do Departamento de Orientación e comunícalle o seu interese en que se lle realice unha avaliación psicopedagóxica ao alumno/a en cuestión.

2) A persoa solicitante (Titor/a ou Familia) cubrirá o Cuestionario de Solicitude de Avaliación Psicopedagóxica.  Este cuestionario pódese opter por dúas vías: o proporciona o propio orientador ou descargándoo nesta web.

3) A familia do alumno (nai/pai ou titor/a legal) cubre e asina a Autorización de avaliación psicopedagóxica (anexa ao Cuestionario).

4) A persoa solicitante fai entrega ao xefe do Departamento de Orientación dos dous documentos (Cuestionario e Autorización da familia). Hai dúas opcións de entrega:

- Persoalmente ao xefe do Departamento de Orientación.

- Vía mail (escaneado): psicologiaypedagogia2@gmail.com

*NOTA: todos os documentos persoais do alumno/a (informes médicos, informes de servizos externos, etc) soamente serán aceptados si se entregan persoamente ao xefe do Departamento de Orientación ou na mail anteriormente referida.

 

 

 

 

 

 

ADMISION CICLOS DE GRADO MEDIO DE FORMACION PROFESIONAL.

ADMISION CICLOS DE GRADO MEDIO DE FORMACIÓN PROFESIONAL.

(16-06-2020; ACTUALIZADO A 19-06-2020)

 

Achego un enlace onde podedes atopar información sobre o acceso aos ciclos de FORMACION PROFESIONAL para o CURSO 2020-21:

 

http://www.edu.xunta.gal/fp/node/15703

 

 

Achego outro enlace onde podedes atopar información sobre o acceso a CICLOS DE GRAO MEDIO:

 

 

Acceso aos ciclos de Grao medio: 

http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-grao-medio

 

 

 

ALGUNHA INFORMACION DE INTERESE SOBRE A ADMISIÓN A CICLOS DE GRADO MEDIO:

 

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático VÍA WEB (tedes o enlace máis abaixo) para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.

 

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un IMPRESO con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

 

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

 

INSTRUCIÓNS SOBRE COMO REALIZAR A SOLICITUDE NA WEB (enlace):

 

Instrucións sobre como realizar a solicitude web:

 

 

 

VÍDEO DE AXUDA PARA REALIZAR A SOLICITUDE NA WEB (enlace):

 

Vídeo de axuda para realizar a solicitude web:

 

 

 

 

ENLACE Á WEB PARA FACER A SOLICITUDE:

A solicitude web realizarase usando o asistente informático na seguinte ligazón: Asistente informático (Solicitude web): (Activo soamente durante os períodos de solicitude)

 

https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/

 

 

 

Achego tamén un documento cun resumo da información máis importante sobre a admisión a ciclos e outro documento cos prazos de admisión e matrícula.

 

UN CONTO SOBRE A PANDEMIA.

UN CONTO SOBRE A PANDEMIA (Infantil e Primaria)

El Equipo Tierra

 

(09-06-2020)

 

Achégovos un conto dirixido a alumnado de educación primaria e infantil (para ler cos pais/nais) sobre o vivido durante esta situación de crise sanitaria producida polo COVID-19. Ademáis de ser un conto moi divertido e visualmente atractivo, servirá para que fagamos algunhas reflexións valiosas, para que reconsideremos algúns comportamentos e para que aprendamos algunhas leccións. Agardo vos guste a tod@s!

(Raquel García Rascón; ilustraciones: CHISME; 2020)

 

 

 

 

COÑECER A UNIVERSIDADE!

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NA UNIVERSIDADE.

(03-06-2020)

 

Todos os que esteades a pensar en facer estudos universitarios tedes aquí un recurso moi interesante. Trátase dunhas xornadas de portas abertas de todas as universidades de España. Será unha actividade gratuita que podedes seguir vía internet. Terá lugar entre os días 8 e 12 de xuño.

 

 

Déixovos un link para acceder a toda a información!

https://puertasabiertasuniversitarias.com

 

 

ACTIVIDADES PARA FOMENTAR A CURIOSIDADE.

ACTIVIDADES PARA FOMENTAR A CURIOSIDADE.

(01-06-2020)

 

Dentro do conxunto de actividades que vos propoño para mellorar na xestión das emocións, chega unha nova entrega. Neste caso toca estimular a vosa curiosidade. A curiosidade é unha das máis valiosas virtudes que tedes os nenos/as e os adolescentes. Preguntádelo todo. Ese interese por saber non soamente é bo a nivel académico e intelectual, senón que tamén é bo a nivel emocional, satisfacer a necesidade que temos de saber axúdanos a ter emocións positivas.

Así pois, déixovos un par de actividades para que fagades na vosa casa coa a axuda dalgún adulto (os vosos pais, avós, irmáns…). Agardo vos gusten!

FOMENTAR A AUTOESTIMA EN NENOS/AS.

FOMENTAR A AUTOESTIMA EN NENOS E NENAS: RECOMENDACIÓNS PARA FAMILIAS.

(20-05-2020)

 

Algunhas recomendacións para mellorar a autoestima nos nenos/as.

 

Céntrate nos puntos fortes do teu fillo/a e non nos débiles. Anímao a facer aquilo que se lle dea ben sin sentir vergoña. Ademáis, axúdalle a identificar os seus puntos débiles e como melloralos. Facéndolle ver que TODOS temos puntos fortes e débiles.

 

Animar aos nenos a alcanzar o éxitoé bo. Pero, que é o éxito? Debemos facerlles ver que non sempre somos exitosos, facerlles entender que ás veces é normal non gañar, errar ou non conseguir o obxectivo que tiñamos marcado, xa que non todo esto baixo o noso control. Ensínalle a aceptar o fracaso e as equivacións. E sobre todo, ensínalle a compararse consigo mesmo! Nunca cos demáis.

 

Estimula ao teu fillo/a Aprender novas habilidades. Esto axuda a sentirnos valiosos. Ensínalle a teu fillo novas actividades, aínda que sexan sinxelas, xa que é unha forma de aumentar a súa autoestima e sentimento de valía.

 

Dalle o poder de elixir. Dalle a oportunidade de tomar decisións. Dar a oportunidade de tomar decisións conleva unha responsabilidade, asunción de riscos e axuda a madurar. Por iso é bo comezar con pequenas decisións (xoguetes, roupa…) e a medida que crece ir aumentando o nivel de responsabilidade nas decisións.

 

 

Permítelle que resolva os seus propios problemas.

Cando unha persoa resolve un problema (grande ou pequeno) sinte un certo grao de satisfacción. Por iso, cando o teu fillo/a teña un problema, non o resolvas por el/ela; axúdalle, dalle ferramentas pero non lle resolvas o problema.

 

Ensina aos teus fillos a coidar de sí mesmos e de outros (ao seu nivel loxicamente). Esto axudaralle a madurar e a interiorizar valores como o respeto polos demáis ou a solidariedade.

 

 

Animar e reforzar aos nenos/as é bo e axúdalles a desenvolver unha boa autoestima. Pero o exceso pode ser nocivo, xa que logo, o/a neno/a pode creer que é mellor do que realmente é, facer cousas para as que non está preparado nin maduro ou crerse superior aos demáis, adoptando unha actitude de soberbia desaconsellable de todo punto.

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA MELLORAR A AUTOESTIMA NOS NENOS/AS NO FOGAR:

  • ENUMERA OS ÉXITOS NA TÚA VIDA: 

Unha forma adecuada de mellorar a autoestima dos nenos é recordarlles os seus logros.Con un papel e un lápiz, pídelle que faga unha lista cos logros que  conseguiu ata ese momento, deixando espacio para añadir máis despois. Para recordarlle o seu potencial podes pedirlle que escriba os logros obtidos cada día antes de ir  á cama. 

 

  • EXPERIENCIAS POSITIVAS: (con familiares e amigos)

Actividade grupal para realizar con familiares ou amigos con unha caixa e cartas. O grupo debe sentarse formando un círculo e cada membro debe ter unha carta. Despois, se pide a cada membro que escriba o seu nome nunha carta e que a introduzan na caixa. Logo mestúranse todas as cartas nunha caixa e cada un colle unha carta da caixa. Entón cada ún debe escribir algo positivo da persoa que sae na carta e pasala á persoa que está ao seu carón e así ata que todos teñan escrito algo bo do nome que aparece na carta. Posteriormente, métense de novo todas as caratas na caixa e a cada persoa dáselle a carta na que sae o seu nome e pídeselle que lea as cousas boas que os demáis puxeron sobre el ou el ou ela.

 

Dous vídeos sobre autoestima:

 

 

FOMENTO DO BENESTAR EMOCIONAL EN TEMPOS DE CORONAVIRUS (4): EMOCIÓNS EN FAMILIA.

EMOCIÓNS EN FAMILIA.

(19-05-2020)

 

O tempo de xogo é un dereito d@s nenos e nenas recoñecido por UNICEF, así que non todo vai a ser facer tarefas. Pero non só é un dereito do menor, senón tamén unha magnífica fonte de aprendizaxe que estimula a creatividade, a imaxinación, a motricidade fina e grosa, etc. Neste período de confinamento que estamos a pasar o tempo chega (ou debera chegar) a todo. E o xogo en familia é unha moi boa oportunidade para aprender a coñecer e xestionar as emocións. Achego unha proposta con recomendacións.

 

O adxunto tamén por si non se ve ben aquí abaixo.

INFORMACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL. REVISTA ENTRE ESTUDIANTES (maio)

REVISTA ENTRE ESTUDIANTES (mes de maio -en aberto-)

(18-05-2020)

 

Con información académica de interese para a toma de decisións sobre o voso futuro. Aproveitade a botarlle unha ollada! Neste número atoparedes información sobre os grados universitarios de historia da Arte e Deseño. Ademáis tamén podedes atopar reportaxes sobre ciclos de Formación Profesional. No número do mes de maio achegan informción sobre un título de FP (Técnico Superior en Enerxías Renovables) e outro de Artes Aplicadas (Técnico en Tapices e Alfombras). 

 

https://www.entreestudiantes.com/2020/05/el-numero-de-mayo-de-entre-estudiantes-disponible-en-abierto/?utm_source=newsletter&utm_medium=email&utm_campaign=eenews20200512&key_user=8b00e1ff5488488354d945502efbfab5060a3612bcfbe14437cfa02a3e2fbb48

FOMENTO DO BENESTAR EMOCIONAL EN TEMPOS DE CORONAVIRUS (3)

FOMENTO DO BENESTAR EMOCIONAL EN TEMPOS DE CORONAVIRUS: EMOCIÓNS E COIDADO DO MEDIO AMBIENTE.

(15-05-2020)

 

A proposta desta semana ten un doble obxectivo: propoñer estatexias de mellora do estado de ánimo mediente o enriquecemento do medio ambiente (Vallejo, 2015), ou sexa, aprender a percibir novas sensacións positivas do entorno que pasaban inadvertidas. E, transmitir valores de coidado da natureza. Buscando a simbiose entre natureza e estado emocional positivo e saudable. Aproveitando que agora xa se pode saír a pasear.

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut