Skip to Content

Orientación

RECOMENDACIÓNS PSICOLÓXICAS PARA AFRONTAR O CONFINAMENTO (II).

RECOMENDACIÓNS PSICOLÓXICAS PARA AFRONTAR O CONFINAMENTO (II).

(17-04-2020)

 

A confinamento continúa e a debilidade comeza a aparecer por momentos. Algo que entra dentro do normal. Os días pasan e as ganas de querer volver á rutina cada vez son maiores, máis a realidade imponse e toca seguir en corentena. Achego un novo recurso por cortesía de Jesús Prieto, con recomendacións para garantir o benestar psicolóxico durante estes días. Agardo vos resulte útil.

 

Pódese atopar no seguinte link:

https://view.genial.ly/5e78d3b90fcfb90d9fa59d1b/vertical-infographic-list-recomendaciones

 

APRENDER DENDE CASA (EDUCACIÓN PRIMARIA).

ALGUNHAS ORIENTACIÓNS PARA APRENDER E ESTUDAR DENDE CASA PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

(17-04-2020)

 

O inicio do 3° trimestre foi como rematou o anterior. Ou sexa, confinados na casa. Así, mentres non cambie a situación toca adaptarse e seguir estudando e traballando dende a casa; aos poucos pero pero hai que seguir aprendendo.

Deixo unhas orientacións elaboradas pola orientadora Elena Navarro, que agardo vos axuden a organizar mellor o voso tempo de lecer e estudo.

 

 

AXENDA PARA ADOLESCENTES CONFINADOS.

AXENDA PARA ADOLESCENTES CONFINAD@S.

(16-04-2020)

 

O Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia fai unha proposta de axenda dirixida @s adolescentes, para este período de confinamento. Basease en pilares fundamentais para o benestar persoal como o autocoidado físico e psicolóxico ou a planificación do tempo.

Deixo a imaxen tamén adxunta por si tedes dificultades para visuala.

 

COMO CONVERTER O FOGAR NUNHA "ESCOLA".

CONVERTER O FOGAR NUNHA ESCOLA

(14-04-2020)

Ola de novo querido alumnado e familias, logo das "vacacións" toca volver á escola; virtualmente, pero á escola.

Agardo que toda a comunidade educativa estea ben de saúde: alumnado, familias, amigos… Eso é sempre o máis importante.

 

Hoxe deixo por aquí un link ao BLOG DE JOSECHU FERRERAS TOMÉ que comparte unha proposta educativa do famoso pedagogo italiano Francesco Tonucci. Neste link podedes atopar oito propostas que fai Tonucci para conseguir que os alumnos aprendan no fogar como si estiveran na escola, contidos propios do currículo escolar. Nun vídeo o propio Tonucci explica cada unha dos oito propostas: 

https://josechuferreras.blog/2020/03/28/ocho-propuestas-de-francesco-tonucci-para-convertir-la-casa-en-una-escuela-mientras-mequedoencasa/

 

Tonucci é famoso polas súas viñetas de humor relacionadas coa educación, para mostra un botón:

 

 

APRENDEMOS XOGANDO!

PROPOSTA PARA APRENDER XOGANDO!

(1-04-2020)

 

Déixovos un link a unha páxina web que creo vos vai a gustar moito. Nesta poderedes xogar e ao mesmo tempo aprender moito e poñer a proba os vosos coñecementos. Trátase dunha especie de adaptación dun famoso xogo de televisión de preguntas e resposta múltiple, seguro que vos sona.

https://www.testeando.es

 

Hai unha gran variedade de preguntas sobre diversas áreas (Lingua, Matemáticas, Ciencias Sociais e Naturais, Inglés…) e para todos os niveis, dende 1° de primaria ata o Bacharelato.

Veña a ver cantos puntos acadades!

A UNIVERSIDADE.

A UNIVERSIDADE .

(31-03-2020)

 

Dende a Universidade de Santiago ofrecen unha oportunidade para que os estudantes de secundaria coñezan as distintas titulacións de grao desta universidade. 

Dende o Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC están a organizar os “Encontros Virtuais” da USC orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Nestes encontros estarán recollidas todas as titulacións de grao da USC, cunha participación máis ampla das titulacións do Campus de Lugo que ían ser presentadas nas xornadas supendidas.

Os “Encontros Virtuais” da USC terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, no enderezo web:

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

A través desta páxina os alumnos  e alumnas encontrarán:

o    Presentacións das titulacións

o    Obradoiros, Retos, etc.

o    Opinión de alumnos/as sobre a titulación

o    Pílulas relacionadas coa titulación

o    Concursos

o    A posibilidade de interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. Na ligazón de cada titulación indicaremos os horarios de cada unha das videoconferencias.

 

Deixo tamén links ás outras dúas universidades galegas, por si queredes consultar á súa oferta formativa:

Universidade da Coruña: https://www.udc.es

Universidade de Vigo: https://www.uvigo.gal/es

 

PLAN DE APOIO AO PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE.

APOIO AO PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE (2).

(27-03-2020)

 

Achego algúns recursos útiles para aquel alumnado que se está a iniciar no proceso de adquisición da lectoescritura ou que presenta dificultades no mesmo.

1.Mellora da conciencia fonolóxica: é a habilidade para recoñecer o son dos fonemas e a súa correspondente representación gráfica (letras).

É unha habilidade imprescindible para a lectura e a escritura. Na seguinte link podedes atopar variedade de XOGOS e actividades para mellorar a conciencia fonolóxica.

https://www.aulapt.org/category/conciencia-fonologica/

 

2.Erros na ortografía: conforme se vai "escalando" polo sistema educativo o nivel de tolerancia coas faltas de ortografía é menor. Polo tanto, o alumnado debe ir reducindo progresivamente o número de faltas de ortografía que comete. Neste senso, resulta interesante consolidar as regras de ortografía. Achego un documento con actividades para axudar ao alumnado a mellorar neste aspecto. (Ver arquivo adxunto).

 

3.Erros na unión e separación de palabras: un dos erros máis comúns cando se comeza a escribir é indebida unión e/ou separación de palabras. Por exemplo: "Non quero que veñas amiña casa" por "Non quero que veñas á miña casa"Achego un documento con actividades para superar estes erros. (Ver arquivo adxunto)

RECURSOS DE APOIO Á ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL (2).

RECURSOS PARA A TOMA DE DECISIÓNS VOCACIONAIS (2).

(25-03-2020)

 

 

Destinatarios: alumnado da ESO e Bacharelato.

Recurso: páxina web

Denominación: "Y AHORA QUÉ?"

Enlace: http://yaq.es

Descripción: 

Na anterior entrada desta web (que podedes atopar máis abaixo) denominada "Recursos de apoio á orientación académico-profesional. A toma de decisións vocacionais en 4° da ESO" podedes atopar un esquema-resumo sobre o proceso de orientación vocacional e a toma de decisións vocacionais. Un aspecto imprescindible á hora de tomar unha decisión é ter información que nos axude a decidirnos. Un exemplo: Cando queredes mercar un móbil e tedes dúbidas entre varios modelos ¿Que facedes? Buscar información de cada modelo ¿verdade? prestacións, cámara, duración da batería, conexión á internet, pantalla, prezo… Obvio!

Pois na toma de decisións vocacionais sucede algo parecido. O que cambia é a información que precisamos. En primeiro lugar sobre un mesmo (o que se chama Autocoñecemento) e, en segundo lugar, sobre o sistema educativo e o mundo laboral (o mundo das profesións…). Para acadar información sobre o sistema educativo e as profesións, a web "Y AHORA QUÉ?" é un recurso sumamente útil. Nesta web podedes atopar información sobre diversos apartados:

-Selectividade, Carreiras-Universidade, grados universitarios, onde estudar, notas de corte, residencias universitarias, Másters…

-Cursos…

-Formación Profesional: ciclos e onde se imparten…

-Profesións: entrevistas a profesionais de distintos sectores que contan información interesante sobre o seu día a día, o seu traballo, cualidades necesarias, xornada laboral, tarefas…

-Foros.

Podedes atopar toda a información no seguinte enlace http://yaq.es

Finalmente, se precisades un asesoramento máis persoal na vosa toma de decisións vocacionais porque estades feitos un mar de dúbidas, podedes contactar conmigo na seguinte dirección de mail: psicologiaypedagogia2@gmail.com

PROGRAMA DE OCIO EN CORENTENA PARA FAMILIAS.

(24-03-2020)

"Programa de ocio en cuarentena" é un documento elaborado pola Asociación de Asperger de Murcia que nos proporciona múltiples recursos para que todos os nenos/as sigan aprendendo estes días dende os seus fogares en colaboración coas súas familias, pero dende un enfoque máis lúdico. Este documento inclúe enlaces a diversas webs de interese, así como propostas de actividades a realizar (individualmente ou en familia), a saber:

-Deporte na casa.

-Música.

-Series e películas.

-Lectura (ebooks de balde, acceso á biblioteca da UNESCO…).

Cociña en familia.

-Museos virtuais.

-Manualidades, xogos…

Pódese atopar no arquivo adxunto.

APOIO AO PROCESO DE ENSINO APRENDIZAXE.

APOIO AO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE E ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DO ALUMNADO.

 

(18-03-2020) 

-COMO EXPLICAR O CORONAVIRUS CON PICTOGRAMAS:

https://compartiresvivirweb.wordpress.com/2020/03/13/como-explicar-el-coronavirus-a-personas-con-tea/

 

 -Outros recursos:

 Apps: Dictapicto, doctorTEA, EmoPLAY, Sigueme, Soyvisual.

 

Webs: 

https://elsonidodelahierbaelcrecer.blogspot.com

Podemos atopar actividades para traballar a Memoria, Linguaxe, Socialización, Emocións, Teoría de la mente… para todo o alumnado con dificultades nestas áreas.

https://www.pictoaplicaciones.com

 

RECURSOS PARA MELLORAR A LECTURA E A ESCRITURA:

A) LECTURA:

http://www.readsy.co

Esta web está pensada para practicar a velocidade lectora do alumnado. Hai que rexistrarse gratuitamente. Se pode escrbiri un texto ou subilo á plataforma en formato pdf/txt. A continuación prémese en Readsy! e o texto reprodúcese a unha determinada velocidade, de tal xeito que o alumno o ten que ler antes de que desapareza. Pódese axustar a velocidade de lectura.

 

https://www.mundoprimaria.com

Esta web inclúe unha gran cantidade de recursos para practicar a lectura (velocidade, exactitude e comprensión).

 

https://primerodecarlos2.blogspot.com

Esta web inclúe moitos recursos e actividades dirixidas a alumnado que se está iniciando na adquisición do proceso lectoescritor ou que presenta dificultades (actividades de reforzo e ampliación).  

 

 Tamén achego un documento con actividades para reforzar a adquisición do proceso lectoescritor (documento adxunto).

Distribuir contenido


by Dr. Radut