Skip to Content

Orientación

ACCESO AOS ESTUDOS DE BACHARELATO.

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA ESTUDOS DE BACHARELATO PARA O CURSO 2019/20.

 

NOTA INFORMATIVA:

  1. Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Infrinxir esta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

CALENDARIO:

SOLICITUDE DE ADMISIÓN (para alumnado procedente de centros distintos aos centros adscritos,  o caso do CPI Ramón Piñeiro)

1 a 20 de marzo

Presentación da solicitude de admisión, según modelo normalizado (ANEXO II) no centro solicitado no primero lugar de preferencia. Recoméndase consultar a web do centro de preferencia.

Do 1 ao 20 de marzo pódese presentar a solicitude a través da aplicación web da Consellería de Educación "aplicación alumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

25 de marzo ao 5 de abril (a.i.)

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo.

Antes do 25 de abril

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.

Nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación dos admitidos/as

Reclamación ás listases provisionais de admitidas/os.

Antes do 15 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

 

Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados).

FASE DE MATRICULA.

25 de xuño a 1 de xullo

Formalización da matrícula en ESO e BACHARELATO.

1 a 10 de setembro

Prazo extraordinario de formalización da matrícula en ESO/BAC.

 

 

 

 

 

PROXECTO QUÉROTE +. SESIÓN 3: A EDUCACIÓN SEXUAL.

O pasado día 28 de xaneiro levouse a cabo a terceira sesión do proxecto Quérote + co alumnado de 3º da ESO, que tiña por título "A Educación sexual". Na anterior sesión os alumnos/as coñeceron a rede de recursos "Quérote +" como unha fonte de información fiable a que acudir para resolver as súas dúbidas sobre sexualidade e afectividade. Porén, a intervención no eido da educación afectivo-sexual non se pode esgotar na mera comunicación dos recursos existentes, na transmisión de información ou onde buscala. Si ben isto é necesario, non resulta suficiente. Entendemos que é preciso ir un paso máis alá, inducindo ao alumnado a reflexionar sobre as súas dúbidas en canto a sexualidade-afectividade, e os seus pensamentos xa que isto marcará as súas condutas posteriores. Neste senso, na sesión do día 28 de xaneiro quixemos facer unha posta en común das dúbidas, ideas e conceptos que bulen na mente do noso alumnado en relación coa sexualidade, as relacións, prácticas eróticas...

 

Coa intención de que todo o alumnado participara, incluso os/as máis vergoñentos/as ideamos unha "caixa de correo". Unha especie de buzón na cal o alumnado de xeito anónimo podía deixar as súas dúbidas, inquedanzas. 

 

¿Cal é a idade ideal para ter a túa primeira relación? ¿Pode darse o emabarazo na primeira relación? ¿Que método anticonceptivo é máis eficaz? Son algunhas das cuestións que plantexou o alumnado.

A seguir fíxose un resumo de todas as cuestións/palabras clasificándoas por temáticas e tentando respondelas entre todo o grupo favorecendo a reflexión. 

 

A reflexión do alumnado apoiouse nalgúns recursos de interese que existen na rede.

 

CHARLA "PREVENCIÓN DO CONSUMO DE ALCOHOL E DROGAS".

A adolescencia é un momento evolutivo particularmente complexo no que a persoa descobre todo un novo mundo de posibilidades que é preciso afrontar con responsabilidade. Dende o Departamento de orientación defendemos en relación coa formación global da persoa a importancia da prevención primaria, entendida como "intervir antes de que aparezan os problemas". Neste senso, consideramos que proporcionar información e formación ao alumnado sobre o alcohol e outras drogas é un xeito de previr a aparición de problemas diversos (condutuais, de saúde...) asociados ao consumo destas sustancias.

O pasado luns 25 de febreiro o alumnado de 4º da ESO do CPI Ramón Piñeiro desfrutou e puido aprender coa charla "Alcohol de outras drogas" impartida por Ramón Peña, especialista da Garda Civil.

 

 

 

Unhas horas despois de asistir a esta formación o alumnado foi requerido para responder a unha serie de preguntas dun cuestionario que nos permitira valorar a utilidade da actividade. Pódense consultar os resultados no seguinte ficheiro adxunto. 

 

SESIÓN 2: PRESENTACIÓN DO RECURSO QUÉROTE +

O 14 de xaneiro o alumnado de 3° da ESO participou na primeira actividade do proxecto Quérote +. Educación afectivo-sexual. Esta primeira actividade consistiu na presentación da rede de recursos Quérote +. Algunha das conclusións extraídas da enquisa inicial son que o alumnado non ten informaicón sobre certos aspectos da sexualidade (por exemplo, as ETS), teñen coñecementos parcial ou totalmente erróneos e presentan algúns prexuizos e moitas dúbidas que resolver. Ante estas dúbidas a primeira pulsión do adolescente é preguntar a un amigo/a (quen pode saber máis, igual ou menos) e a segunda explorar na Internet. Pero na rede non toda a información que aparece é fiábel. Polo que semella importante presentar ao alumnado a rede de recursos Quérote+. Xa que logo, o alumnado pode acudir a esta rede de centros por diferentes vías a facer ás súas consultas sobre sexualidade, consumo de substancias… de forma confidencial e anónima onde atoparán un equipo de profesionais con todas as garantías. Informamos ao alumnado das diferentes vías de contacto:

- Presencial, no centro Quérote+ de Lugo.

- Telefónica/ whastapp

- Vía web

 

Finalmente fixemos un pequeno simulacro: o envío dunha consulta a través da páxina web de Quérote +, a modo de exemplo, que serviu para que alumnado coñeza o funcionamento do sistema.

 

 

 

 

 

QUÉROTE + SESIÓN 1. ENQUISA INICIAL.

Como continuación ao traballo realizado o curso anterior, o centro participa un ano máis no Proxecto "Quérote +" en torno á temática da educación sexual, dirixido a 3° da ESO. Como todo programa de intervención require un diagnóstico inicial sobre o estado da cuestión, unha avaliación sobre as necesidades existentes. Neste caso, para avaliar o nivel de coñecementos e información que ten o colectivo diana do programa de intervención (3° da ESO) empregamos a técnica da enquisa para a recollida de información. Pódense consultar os resultados e conclusión no arquivo adxunto.

CHARLA CONTRA AS AGRESIÓNS SEXUAIS E A VIOLENCIA SEXUAL

CHARLA CONTRA AS AGRESIÓNS SEXUAIS E A VIOLENCIA SEXUAL.

O pasado xoves día 29 de novembro de 2018, celebrouse na biblioteca do CPI Ramón Piñeiro unha charla educativa dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO, baixo o título "Prevención das agresións sexuais e a violencia sexual". Esta actividade coincide coa conmemoración do día Internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro) e ten como obxectivos educar e formar ao alumnado nunhas educacións afectivo-sexuais baseadas en valores positivos, de respeto, en igualdade de deritos, tolerantes, libres de prexuízos e de calquera tipo de violencia.

 

REPORTAXE SOBRE CUMPREANOS INFANTÍS.

Reportaxe sobre a celebración de cumpreanos infantís. Moi interesante para as familias. Aporta unha acertada reflexión sobre a necesidade de voltar ao sentido común en relación coas pautas educativas en xeral e, a celebración de cumpreanos infantís en particular. 

 

https://www.20minutos.es/noticia/3475428/0/cumpleanos-infantiles-descontrol/

Por 365 días de respecto e igualdade. Traballo final: Lemas de igualdade

Lema de igualdade. Grupo 2º ESO

 

Lema de igualdade. Grupo 4º ESO

Distribuir contenido


by Dr. Radut