Skip to Content

Orientación

Por 365 días de respecto e igualdade. Enquisa de valoración final

No adxunto pódense consultar os resultados da enquisa de valoración do programa. 

Por 365 días de respecto e igualdade. A violencia de xénero en datos

Recompilando datos sobre igualdade e violencia de xénero

 

 

QUEROTE +. ENQUISA FINAL

No pdf adxunto pódense consultar os resultados da enquisa de valoración que se pasou entre o alumnado participante no proxecto. En xeral, o alumnado considera útiles este tipo de programas nos centros educativos e amosáronse satisfeitos coa información proporcionada e o programa en xeral. 

Por 365 días de respecto e igualdade. Trata de seres humanos

A finais do mes de maio visitáronnos dende Cáritas para ofrecer unha charla baixo o título "A nova escravitude do século XXI: Trata de seres humanos con fins de explotación sexual, outra forma de violencia de xénero". 

A charla da a coñecer e conciencia sobre unha realidade que no día a día soe pasar desapercibida, non sendo conscientes na maior parte das ocasións doutro tipo de violencias que están moi vinculadas coa violencia por razón de xénero. 

QUÉROTE +. Amosamos o traballo final ós compañeiros

Os alumnos de 3º da ESO acudiron á clase de 2º da ESO para proxectar o traballo final realizado dentro do programa Quérote +. Alí explicaron en que consiste o programa e que estiveron a traballar ó longo do curso, para finalmente proxectar o vídeo realizado.

QUÉROTE +. Realizando o traballo final....

Alumnos de 3º da ESO traballando na realización dun vídeo sobre o abordado ó longo do proxecto. Elaboraron un vídeo explicativo que recolle os aspectos máis importantes ou destacables en materia de educación afectivo-sexual, para logo ensinarllo ós seus compañeiros de 2º de ESO, a modo de formación. 

Para a elaboración do vídeo, os alumnos organizáronse en grupos e elaboraron en primeiro lugar un texto para conformar o audio. O texto está diferenciado en partes (introducción, diversidade sexual, prevención...). Feito isto, coa cámara de vídeo do colexio, grabaron algunhas imaxes de textos escritos en pizarra e tamén do centro para formar a composición, que se completou con texto escrito do programa empregado. Para o audio, grabaron as lecturas e logo axustóuse o audio á imaxe, mediante o emprego do programa Imovie. 

Aquí algunhas fotografías do alumnado traballando na composición do vídeo. 

Por 365 días de respecto e igualdade. Mentores de igualdade

Desta volta tocoulle ó alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria recibir a visita das compañeiras mentoras de igualdade, que traballaron con eles sobre os estereotipos de xénero e concienciaciaron sobre a igualdade entre xéneros e nas relacións. Velaquí algunhas fotos da sesión.

Por 365 días de respecto e igualdade. Curtametraxe: El orden de las cosas

Visualizamos na aula un fragmento da curtametraxe "El orden de las cosas" (2010). Trátase dunha curtametraxe realizada polos irmáns Alenda sobre a violencia de xénero e os malos tratos no ámbito familiar. A curtametraxe transmite o paso do tempo na vida de Julia, que ten lugar nunha bañeira na que ela se refuxa dos malos tratos do seu marido e na que intentará reunir o valor para cambiar a orde das cousas. 

Trala visualización abreuse o turno para o debate e intercambio de ideas. A curtametraxe está cargada de metáforas e pese á súa complexidade, os alumnos captaron ben o seu significado e aportaron ideas e reflexións interesantes durante o turno de palabra, dando eles mesmos resposta a cuestións como o por que Julia permanece sempre igual mentres o seu marido envexece, o por que a porta do baño debía estar sempre aberta, o significado do cinturón, as variacións na persoalidade do protagonista en función das persoas coas que interactúa...En realidade, os alumnos analizaron a curta polo miúdo, concluíndo que as relacións de parella deben estar baseadas no respecto e igualdade e rexeitando toda clase de violencia. 

 

Por 365 días de respecto e igualdade. Amor e liberdade van da man

Abordamos o tema dos celos e a posesión na aula, separando estes conceptos do amor, pois o amor identifícase coa liberdade e sentimentos e emocións positivos e non con aspectos negativos. O alumnado traballou en grupo sobre unha imaxe que representa unha escena de celos, reflexionando sobre a mesma a través das cuestións-guía así como as posibles vías de solución do conflito de xeito non violento. Logo do traballo en pequenos grupos abordouse o tema no grupo-clase, aportando cada un dos grupos as súas ideas. 

Distribuir contenido


by Dr. Radut