Skip to Content

Orientación

RECURSOS APOIO Á ACCIÓN TITORIAL

RECURSOS PARA AFRONTAR O MALESTAR PSICOLÓXICO XERADO POLA SITUACIÓN DE ALERTA.

 

(17-03-2020; 13:40h)

Recomendacións para afrontar a situación, por parte do COP de Madrid (Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid):

https://www.copmadrid.org/web/comunicacion/noticias/1456/comunicado-recomendaciones-dirigidas-la-poblacion-un-afrontamiento-eficaz-el-malestar-psicologico-generado-el-brote-coronaviruscovid-19

 

 

Recomendacións do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia con motivo da situación de emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus (ver documento adxunto).

 

 

 

 

 

 

 

PROPOSTA DE HORARIO:

Adxunto unha proposta de horario para axudar aos pais/nais a organizar o tempo de estudo e ocio dos seus fillos/as na casa. (Ver arquivo adxunto)

 

 

IDEAS E RECURSOS PARA TRABALLAR COS NOS@S FILL@S NA CASA!

 

 

Os días son longos, as horas corren paseniñamente; os rapaces tenden a aburrirse ou a non aproveitar o tempo.

Aquí van unhas propostas para encher e aproveitar o día!

https://colectivorienta.wordpress.com/2020/03/16/recopilacion-de-consejos-para-trabajar-con-nuestros-hijos-desde-casa/

https://sos-orientacion.blogspot.com/2020/03/recursos-en-familia-para-la-crisis-del.html?m=1 

 

 

70 TAREFAS PARA FACER COS NOS@S FILL@S NA CASA (ver documento adxunto).

 

 

 TODOS A LER!!!

 

CONTOS PARA EXPLICAR O CORONAVIRUS AOS MÁIS PEQUENOS

(23-03-2020)

Nestes días de corentena os libros son unha moi boa opción de entretemento para os nos@s fill@s, por varias razóns:

-Permiten disfrutar. O mero pracer de disfrutar lendo.

-Estimulan a imaxinación dos nenos e nenas.

-Permítenlles viaxar a paisaxes lonxanas de balde.

-Axudan ao desenvolvemento da linguaxe: aumentar vocabulario, mellorar a comprensión, a organización interna das ideas, reducir as faltas de ortografía…

Pero ademáis os libros poden ter unha función terapéutica (Vallejo, 2015), axudando a pais e alumnos a procesar mellor a situación actual. É o que se ven a chamar biblioterapia. Asemade, pode ser unha boa oportunidade para facer unha actividade educativa en familia. 

Deixo aquí tres contos que vos poden resultar de interese. Agardo que vos gusten. 

Coronavirus no es un príncipe…                            Fomentar apego en casa.                   Rosa contra el virus.

(Arquivos adxuntos)

 

Coronavirus no es un prínicpe…

https://www.yumpu.com/es/document/read/63156813/coronavirus-no-es-un-principe-ni-una-princesa

 

 

 

 

 

(18-03-2020)

EDUCACIÓN PARA A SAÚDE:

EDUCACIÓN SEXUAL:

Enlace aos recursos Quérote. Podes resolver todas as túas dúbidas sobre sexualidade.

http://xuventude.xunta.es/querote-mais

Link sobre as ETS (Enfermidades de transmisión sexual):

https://www.cdc.gov/std/Spanish/default.htm

 

PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS:

https://cuidateplus.marca.com/familia/adolescencia/diccionario/drogas-adolescentes.html

Nesta web pódese atopar un exemplo dalgunhas das consecuencias que ten para a saúde o consumo de drogas.

 

Enlace ao canal de Youtube da FAD (Fundación Axuda Drogadicción):

https://www.youtube.com/playlist?list=PL68DFA9E39D6AE8FB

 

Corto "El Despertar" prevención do consumo de drogas.

https://www.youtube.com/watch?v=IgNPo0MO8YI&t=3s

 

 

AS BEBIDAS ENERXÉTICAS:

https://www.youtube.com/watch?v=Lr8lLPipk8k

 

RECURSOS DE APOIO Á ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL.

A TOMA DE DECISIÓNS VOCACIONAIS EN 4° DE E.S.O.

(Actualizado a 17-03-2020; 18:40h)

Estimados alumnos a elección do voso futuro académico-profesional implica un exercicio de profunda instrospección pola vosa parte. De reflexión persoal sobre como sodes, que vos gusta e a que vos gustaria dedicarvos. Pensade que nun posto de traballo pasamos moito tempo, unhas 7 ou 8 horas cada día. Facede a multiplicación: 7 horas/día x 5 días á semana, 4 semanas ao mes, 11 ou 12 meses ao ano… Saen moitas horas ¿verdade? Por iso é importante que vos paredes a reflexionar sobre aquelo en que vos gustaría traballar. Aquí vos deixo un sinxelo esquema-resumo sobre o proceso de orientación vocacional. 

 

Como podedes observar o esquema está composto de varios elementos:

En primeiro lugar está o autocoñecemento: o coñecemento que tedes de vós mesmos/as (o que vos gusta, intereses, as vosas aptitudes -o que se vos da ben e mal, as materias nas que sacades boas notas…-, os vosos valores, etc). Este é o primeiro aspecto sobre o que debedes recapacitar. 

Para iso deixovos algúns links:

SOBRE INTERESES PROFESIONAIS:

http://w28.bcn.cat/___ch___/_pit/_app.php?gAppId=pit&gInterfaceLanguage=es&gEnvironment=singleWeb

http://www.educaweb.com/orientacion/intereses-profesionales/

 

 

SOBRE APTITUDES: ver documento adxunto.

SOBRE VALORES PERSOAIS: ver documento adxunto.

 

En segundo lugar está o coñecemento sobre as CARACTERÍSTICAS DO SISTEMA EDUCATIVO:

Por unha parte, resulta fundamental importante que o alumnado de 4° da E.S.O. coñezades as materias que queredes cursar en 1° de Bacharelato. E a súa relación cos estudios posteriores que queredes cursar, si é o caso. 

Por outra parte, os que tedes interese na Formación Profesional debedes coñecer as súas características básicas.

 

En terceiro lugar, resulta moi importante que coñezades as características daquelas profesións que vos poden interesar. Para esto deixo un documento que vos pode servir de guía acerca de cal é a información que debedes coñecer das mesmas. (Ver documento adxunto).

 

 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE AS MATERIAS DE 1° E 2° DE BACHARELATO.

(18-03-2020)

Como xa comentamos nalgunha sesión é importante que reflexionedes sobre a modalidade de bacharelato (aqueles que o fagades) e as materias a escoller; xa que logo eso vai condicionar en certa medida os estudos que posteriormente queirades cursar. Así pois, debedes facer un exercicio de proxección cara o futuro máis próximo (1° e 2° de Bacharelato). Para dalgunha maneira facer esa -complexa- reflexión algo máis sinxela, achego varias informacións (todos documentos adxuntos):

-Materias de 1° de Bacharelato

-Materias de 2° de Bacharelato

-Táboa de ponderacións no acceso á Universidade.

 

ADMISIÓN BACHARELATO 2020.

NOTA INFORMATIVA:

 

(Actualizado a 17-03-2020; 13:05h)

Nota da Consellería de Educación sobre o prazo de admisión ao Bacharelato:

"Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes."

 

ACLARACIÓNS SOBRE A SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO BACHARELATO:

Como é o proceso de admisión?

O/a alumno/a debe presentar o ANEXO II no centro solicitado como primeira opción. Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Infrinxir esta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. O ANEXO II (modelo ED550B, pódese atopar na web).

Deixo adxunto o modelo de ANEXO II. 

Para cubrir este formulario deixo link á aplicación da Consellería "admisionalumnado":

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Para calquera dúbida pode empregar a seguinte mail: psicologiaypedagogia2@gmail.com

  

NOTA INFORMATIVA SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DURANTE O ESTADO DE ALARMA.

NOTA INFORMATIVA:

(16-03-2020; 19:30h)

Ante a situación de Estado de Alarma decretada polo Goberno de España, a Consellería de Educación acordou unha serie de medidas a adoptar nos centros educativos en relación coa pandemia COVID-19. Entre estas medidas a máis salientable é a suspensión de toda actividade lectiva durante 14 días. 

Ante este escenario, coa finalidade de non interromper o proceso formativo do alumnado; o profesorado empregará a páxina web dos centros e outros medios telemáticos para proporcionar recursos pedagóxicos e actividades ao alumnado que poidan realizar no fogar.

Neste senso, o Departamento de orientación (en adiante DO) adoptará as seguintes medidas de intervención:

  • Poñer a disposición de todo o alumnado e as súas familias a seguinte dirección mail, para que fagan as consultas que estimen pertinentes: psicologiaypedagogia2@gmail.com
  • De acordo coa estructura organizativa do DO, así como coas funcións do especialista en psicoloxía e pedagoxía, todos os recursos e actividades que, dende este momento e durante a duración do estado de alarma, aparezan neste apartado se organizan en tres ámbitos de actuación ou temáticos:

a) Actuacións, actividades e recursos de apoio ao proceso de ensino e aprendizaxe e de atención á diversidade do alumnado:

b) Actividades de apoio á Acción Titorial. Neste apartado englobaranse todas aquelas actividades dirixidas á formación integral e holística da persoa.

c) Recursos de apoio para a Orientación Académico-Profesional do alumno/a.

 

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: ADAPTACIÓNS DE ACCESO AO CURRÍCULO.

O Departamento de orientación pon en práctica iniciativas para mellorar a atención á diversidade do alumnado e crear un entorno máis favorable para o proceso de ensino-aprendizaxe. Neste caso, levouse a cabo unha sinxela adaptación de acceso ao currículo: a colocación de pelotas de tenis nas cadeiras de diversas aulas. Esta medida axuda a reducir a contaminación acústica e reduce de xeito considerable o ruído da aula. Así, conséguense diferentes beneficios: o alumnado con máis dificultades de atención ten menos ruídos distractores, o alumnado con dificultades de audición pode escoitar mellor; redúcese o nivel de ruído o que favorece un entorno menos tenso e crispado e, polo tanto, unha atmósfera máis favorable para a aprendizaxe do alumnado.

Para esta iniciativa contamos coa inestimable colaboración de Javier, o noso conserxe, que nos axudou na preparación das pelotas de tenis para a súa posterior colocación.

A intención do Departamento de orientación é esparexer -progresivamente- esta iniciativa a todas as aulas do centro, para reducir o seu nivel de ruído.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL

A acción titorial é un conxunto de accións educativas encamiñadas a favorecer a aprendizaxe do alumnado, a toma de decisións, formación integral e desenvolvemento da súa personalidade. Dous dos bloques temáticos máis importantes da acción titorial son "Ensinar a ser" e "Ensinar a convivir" en sociedade. Para abordar estas aprendizaxes os diferentes profesionais do centro (titores, profesorado, orientador) levan a cabo diferentes actividades. Neste caso, o departamento de orientación contou coa colaboración do CIM de Sarria, para desenvolver un Obradoiro de Educación Emocional; en orde a mellorar a intelixencia emocional do alumnado, previr o acoso escolar e mellorar a convivencia.

O alumnado participante correspondeu aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

ACTIVIDADES POLA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Dende o Departamento de orientación, en colaboración con diversas entidades, leváronse a cabo dúas actividades dirixidas á loita contra a violencia de xénero e a promoción da igualdade entre homes e mulleres. Estas dúas actividades enmárcanse dentro do Plan de Acción Titorial (PAT), un documento que ten como finalidade a formación integral da persoa e, como principio a prevención primaria. O PAT inclúe varias liñas de traballo, a saber: educación en valores, convivencia, educación emocional, igualdade, educación para a saúde, para o consumo...

En concreto, estas dúas actividades responden ás seguintes liñas de actuación:

-Educar para ser

-Educar para convivir

 

 

CHARLA PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

O pasado mércores, día 20 de novembro de 2019, levouse a cabo unha charla co alumnado de 3º da ESO baixo o título "Prevención da violencia de xénero". Esta actividade coincide coa conmemoración do día Internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro) e ten como obxectivos educar e formar ao alumnado nunhas relacións afectivo-sexuais baseadas en valores positivos, de respeto, en igualdade de dereitos, tolerantes, libres de prexuízos e de calquera tipo de violencia. A charla foi impartida por especialistas na materia do corpo da Garda Civil e enmárcase dentro do "Plan Director". 

 

OBRA DE TEATRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Este martes día 26 de novembro o alumnado de 4º da ESO presenciou (e participou no debate posterior)  unha obra de teatro titulada "Bolboretas en negro" na cal se representaba unha escena típica de violencia de xénero. A experiencia resultou moi positiva para todos os asistentes e boa parte do alumnado se animou a participar no debate posterior. Para esta actividade o centro contou coa colaboración do CIM de Sarria, ao que lle amosamos o noso agradecemento.

 

 

 

 

 

 

QUÉROTE +. SESIÓN 9: HOXE DAMOS A CLASE NÓS

Como broche final ao traballado no Programa Quérote +, o alumnado de 3º da ESO participante fixo un pequeno traballo co cal explicar o aprendido aos seus compañeiros de 2º da ESO. En pequenos grupos decidiron elaborar unha presentación en power point mediante a cal explicar os conceptos traballados e aprendidos ao longo do curso. Para iso fixeron unha selección e resumo dos contidos que máis lles chamaron a atención, cos que máis aprenderon e elaboraron a presentación. 

Unha vez feita a presentación, foron á aula de 2º ESO a explicarlle aos seus compañeiros o aprendido: as características do modelo de amor romántico, a orientaciónsexual, o consentimento sexual, métodos anticonceptivos, enfermidades de transmisión sexual... Aínda que estaban un pouco nerviosos, o fixeron moi ben e foron capaces de transmitir estupendamente aos seus compañeiros as aprendizaxes conqueridas dentro do programa.

 

 

 

 

 

FINALIZA O PROGRAMA PROA NO CPI RAMÓN PIÑEIRO

Neste curso 2018-19 o CPI Ramón Piñeiro volveu contar un ano máis co Programa PROA de reforzo e orientación académica, coa intención de atender á diversidade do alumnado e de favorecer a atención educativa de todo o alumnado, tamén en horario vespertino. Este programa PROA que se iniciou polo mes de febreiro, chegou á súa fin o pasado día 14 de xuño. O alumnado de Educación Primaria (4º, 5º e 6º) e o de 1º e 2º de ESO quixeron inmortalizar o traballo e as experiencias vividas nestas dúas fotografías. E de paso agradecerlle ao mestre responsable a súa colaboración.

 

 

SESIÓN 8 QUÉROTE +. ACONCEPCIÓN E CONCEPCIÓN.

O pasado día 3 de xuño o alumnado de 3º da ESO participou na penúltima sesión do programa Quérote +, referida a aconcepción e concepción. Para empezar o alumnado relfexionou e escribiu un listado de prácticas eróticas que non implican a posibilidade de embarazo. A continuación compartíronse con todo o grupo-clase elaborando un listado na pizarra no cal apareceron prácticas conceptivas e aconceptivas.

Esta dinámica serviu para afondar nas dúas seguintes temáticas a abordar co alumnado:

-As ETS (enfermidades de transmisión sexual)

-Os métodos anticonceptivos.

Coa finalidade de que fora o propio alumnado o que afondara nestes dous aspectos, formamos grupos de traballo de 3 ou 4 alumnos que buscaran información de ambos temas na Internet.

Finalmente, elaboraron un pequeno traballo resumo coa información obtida que reflexaron en dous pósteres.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut